Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Pontevedra: coloquio sobre A literatura infantil e os temas feos, con Clara do Roxo e Francisco Castro
O
domingo 22 de marzo, ás 19:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar un coloquio arredor de A literatura infantil e os temas feos, onde dous creadores conversarán sobre o emprego de asuntos tradicionalmente afastados da LIX nas súas obras. Cancro, con libros como A mamá que perdeu as cóxegas, de Clara do Roxo, ou Chamádeme Simbad, onde Francisco Castro se achega á enfermidade do Alzhéimer, constitúen un bo exemplo de como eses temas “feos” son abordados, cada día con máis naturalidade, polos nosos escritores e escritoras.
Coñécense os/as gañadores/as dos XXIV Premios Irmandade do Libro
Desde
Sermos Galiza:
“Que Yolanda Castaño era a gañadora como autora do ano xa se adiantara uns días antes de que a Federación de Libreiros entregara este sábado os seus premios. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, sería o recoñecido como mellor libro do ano. (…)
Canda el, fixéronse públicos os nomes gañadores das outras edicións que recaeron no IES Castro Alobre de Vilagarcía como centro de ensino, na editorial Alvarellos polo fomento da lectura, Xiqui Xoque, Fiú fiú! (Galaxia) como libro infantil e xuvenil do ano e Urco Colección Gótica como Obra editorial.
Na modalidade de librarías foi premiada O Pontillón mentres que a La Región mereceu o recoñecemento de honra dos Premios Irmandade do Libro.
Compostela: presentación de A boneca de Blanco Amor, de María Xosé Queizán
Vigo: presentación de A mamá que perdeu as cóxegas, de Clara do Roxo
Entrevista a Francisco Castro sobre Tes ata as 10
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Francisco Castro arredor da súa última novela, Tes ata as 10, publicada por Galaxia. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Betanzos: presentación de Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos
V Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, coa colaboración da AELG
Inspiraciencia
é un concurso de relatos de inspiración científica, que conta coa colaboración da AELG. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha forma lúdica e participativa. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos e combinadas poden xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción.
1. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal -en calquera das linguas do concurso (catalán, español, éuscaro ou galego)- que estea inspirado nunha temática científica.
2. Os orixinais estarán escritos en catalán, español, éuscaro ou galego. Deberán ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados en ningún outro medio ou blog persoal.
Modalidades e categorías
3. O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión mínima de 800 palabras.
4. Os participantes poderán participar nunha das seguintes categorías: Público adulto (a partir de 18 anos), ou Público mozo (de 12 a 17 anos).
5. Cada participante poderá presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Todos relatos dun mesmo participante deben ser orixinais, é dicir, non se poderá presentar o mesmo relato en linguas distintas.
Presentación dos relatos
6. Os participantes deben rexistrarse nunha das dúas categorías e poden enviar un relato en calquera das linguas do concurso.
7. Os orixinais deberán publicarse no sitio web do concurso. Previamente haberá que rexistrarse a través dun formulario dispoñible no mesmo sitio web.
8. Os participantes poderán acceder á súa conta co nome de usuario e unha contrasinal. O pseudónimo será o nome co que se asinarán os relatos que se queiran publicar.
9. O prazo de presentación de relatos pecharase o 17 de maio de 2015.
María Solar fala sobre o seu libro O meu pesadelo favorito
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag Diario recibe a visita da xornalista, escritora e presentadora da TVG María Solar, gañadora do Premio Lazarillo 2014 polo seu último libro infantil, O meu pesadelo favorito, que ten como protagonista un neno con febre a quen os antitérmicos que lle subministran os seus pais lle provocan o efecto secundario de producir uns soños do máis fantasioso e cheos de personaxes pintorescos. A entrevista completa pode verse aquí.”
Xosé Neira Vilas fálanos de Lar, Nai, Pan
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Neira Vilas fálanos de Lar, Nai, Pan, volume que reúne tres libros dos anos setenta e oitenta, que acaba de publicar Galaxia. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”






