O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba, de Fernando Manrique, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Víctor F. Freixanes, Roberto Varela e propio Rogelio Groba.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Santiago: presentación de A arte do imposible, de Ramón Máiz
O
martes 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de A arte do imposible, de Ramón Máiz, publicado en Galaxia, obra que recibiu o Premio Ramón Piñeiro 2010. No acto, o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Xan López Facal.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o domingo 4 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, remata este domingo 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Domingo 4:
– 11:30 h. Presentación de Guía didáctica de instrumentos musicais, publicada en Ouvirmos. No Salón.
– 12:00 h. Conversa de Xesús Fraga con Mario Regueira e Jacobo Fernández Serrano. No Salón.
– 12:00 h. Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos, publicado en Galaxia. No Auditorio do Pazo.
– 12:30 h. Conversa de Xesús Fraga con Antón Riveiro Coello. No Salón.
– 13:00 h. Conversa de Xesús Fraga con María Xosé Queizán. No Salón.
– 14:00 h. Pere Tobaruela: presentación de Poñente, publicado en Xerais. A relación novelada de Galicia e Cataluña. No Salón.
– 16:30 h. Café con: María Xosé Queizán.
– 16:30 h. Fran Alonso: presentación de Ninguén, publicado en Xerais. A tecnoloxía e as relacións persoais. No Salón.
– 17:00 h. Presentación de A praza é nosa, publicado en Editora 2.0, unha ollada sobre o 15-M coordinada por Marcos Pérez Pena. No Salón.
– 18:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Emilio Alonso e Víctor de las Heras sobre os seus libros (Vigo a 80 revolucións por minuto, e Vigo, a explosión dos 80, respectivamente) sobre a movida viguesa dos anos 80. No Salón.
– 18:30 h. Fran Alonso e Xurxo Souto: O meu gato é un poeta. No Cuarto dos Nenos.
– 19:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Carlos Callón. No Salón.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o sábado 3 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, continúa sábado 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Sábado 3:
– 12:00 h. Presentación de Onde mercan os larpeiros, de Tomás Alonso e Víctor López, publicado en Galaxia. No Salón.
– 12:30 h. 2.0 Editora. Presentación do proxecto editorial. No Salón.
– 13:00 h. María Solar e Xosé Tomás: Vou ter un irmán!!!, publicado en Galaxia. No Cuarto dos Nenos.
– 13:30 h. Colección de libros Cociña infantil e familiar, de Ouvirmos. No Salón.
– 13:30 h. Entrevista a Inacio Vilariño e sinatura do seu libro Fábula Galénica, publicado en Baía Edicións.
– 14:00 h. Elena Gallego: Dragal I e Dragal II, novelas xuvenís publicadas en Xerais. No Salón.
– 16:30 h. Berrobambán: Contatrás. No Cuarto dos Nenos.
– 17:00 h. Colectivo da Porta Verde do Sétimo Andar: Q de Vian. Cadernos. No Salón.
– 17:30 h. Xosé Tomás: Nómades. A emigración a través das mulleres, publicado en Galaxia. No Salón.
– 18:00 h. Café con: Manuel Rivas.
– 18:00 h. Guía das libélulas de Galicia, publicada en Baía Edicións. No Salón.
– 18:30 h. Fernando Neira: Berrogüetto: O pulso da terra. Un libro sobre a eclosión do folque galego, publicado en Galaxia. No Patio.
– 18:30 h. Anxo Fariña: A chave da Atlántida. No Cuarto dos Nenos.
– 19:00 h. Café con: Domingo Villar.
– 19:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. No Salón.
– 20:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra: Xosé Manuel García López e Francisco Varela Losada. No Salón.
– 20:00 h. Happening multidisciplinar. Vídeo, son, palabras, expresión corporal. No Faiado.
Betanzos: presentación de Nómades, de Xosé Tomás
O
venres 2 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Edificio Liceo (Praza de Galicia, 1) de Betanzos, Xosé Tomás presenta a novela gráfica Nómades, publicada en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Ramón García Vázquez e Xesús Fraga.
Baiona: presentación de Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra, de Domingo Rodríguez
O
xoves 1 de decembro, ás 20:30 horas, na Capitanía Marítima de Baiona (Rúa Elduayen, 20, 1º andar), preséntase o libro Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra (1936-1945), do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro, publicado en Galaxia.
Sela, Arbo: Homenaxe a Evaristo de Sela
“Evaristo
González Fernández (Sela, 1917-Vigo, 1994) foi catedrático de grego de ensino medio e, entre outros labores, traduciu ao idioma galego as dúas grandes obras da literatura clásica: A Iliada e a Odisea, publicadas a finais dos anos 90 polo Consello da Cultura Galega e distribuidas por Editorial Galaxia na colección Clásicos Greco-Latinos, que dirixiu durante anos o profesor Manuel Díaz. O pasado domingo 27 de novembro, na aldea da Granxa, na parroquia de Sela, concello de Arbo, á beira do río Miño, no sur de Galicia, amigos e veciños lembraron ao autor nunha sentida homenaxe que congregou a numeroso público. Ademais dos organizadores do acto, a Asociación Cultural Evaristo de Sela (Agapito Valado e Manuel Álvarez), falaron o profesor Xesús Alonso Montero, o catedrático de grego da Universidade de Santiago, Juan José Moralejo; o escritor e director de Galaxia, Víctor F. Freixanes; o alcalde de Arbo, Xabier Simón, e a filla do homenaxeado, Stella Maris González. Rapaces e rapazas do concello leron poemas de Evaristo de Sela e os versos de Homero en lingua galega, traducidos por aquel. “É un acto de xustiza, en memoria dun home autodidacta, nado na aldea, que co seu esforzo estudou os clásicos grecolatinos e, en tempos moi difíciles, quixo poñer na lingua dos seus os versos do gran poeta grego”, explicou na súa intervención Alonso Montero.” Vía Galaxia.
Guadalajara, México: Vinte editoriais galegas expoñen libros na FIL
“As
editoriais galegas expoñen os seus libros na FIL baixo as marcas Galicia e Galician Books e dentro do stand compartido pola Asociación Galega de Editores e a Xunta de Galicia. A Cámara de Comercio da Coruña apoia a presenza dos editores cunha misión, na que tamén viaxa a Secretaria Xeral Adxunta, Ana Agras Gómez. A FIL comeza o 27 de novembro e remata o 4 de decembro. Os organizadores do evento conseguiron que sexa a Feira do Libro máis importante de Lationoamérica e tamén difundir a idea de que a Cultura é a solución. Alemania é a cultura convidada desta edición. Desprázanse a Guadalajara: Francisco Villegas, de Cumio e Ellago; Benigno Paz, de KNS Ediciones; Ainhoa A. Borrás e Pedro López, de Ideas Propias, Atanasio Murillo e Manuel Conde, de Editorial Supérate; Xosé Ballesteros, de Kalandraka; Xosé Manuel Figueiras, de Distribucións Arnoia e Victor Cando de Librerías Nobel; Manuel Bragado, de Edicións Xerais e a secretaría técnica da AGE. Dende a Consellería de Cultura desprázase o Director Xeral do Libro, Francisco López. Amosan os seus libros e novidades editoriais, Editorial Ideas Propias, Editorial El Patito, Baía Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones del Viento, Embora Edicións, Editorial Supérate, MC Sports, Editorial Linteo, Edicións Espiral Maior, Biblos Clube de Lectores, Edicións Nova Galicia, Auga Editora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, KNS Ediciones, Editorial Everest Galicia, Edicións Xerais, OQO Editora e Edicións Toxosoutos. Disporán de stand propio na FIL: Kalandraka Editora, Editorial Ideas Propias, Distribucións Arnoia, Edicións do Cumio e Librerías Nobel.
Programa de actividades na FIL
O 27 e 28 de novembro a AGE manterá diversas xuntanzas con editores e axentes mexicanos. O 29 de novembro entrégaselle a Agustín Fernández Paz o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Está previsto que asistan o Presidente da AGE e o Director Xeral do Libro. O programa Ecos de la FIL, consistente na presentación dos autores e as súas obras a colectivos educativos, contempla a participación de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, o día 30 de novembro na Asociación de Clubs de Lectura e na Escola Secundaria nº24. O día 2 de decembro estarán en na Sala de Lectura de Colima e no Colexio Alpes Cumbres. Ese mesmo día participará tamén en Ecos de la FIL o autor premiado, concretamente na Preparatoria nº 2. Aneiros presentará a Fernández Paz na actividade El placer de la lectura, que terá lugar o día 30 de novembro. O día 1 de decembro os autores participarán nun encntro con nenos indíxenas da Serra de Durango, xunto á xornalista mexicana Lidya Cacho. Ese mesmo día e ás 6 da tarde, terá lugar Voces de Galicia, unha presentación da literatura galega na FIL.” Vía AGE.
A Coruña: presentación de A vida fóra, de Miguel Sande
O
martes 22 de novembro, ás 19:30 horas, no Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase a novela de Miguel Sande A vida fóra, publicada na Editorial Galaxia. No acto, en que participan, xunto ao autor, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Luís Vilela e Carlos Lema, actuará un grupo de violinos e canto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e outras sorpresas. Crónica posterior en Galaxia.
Arteixo: coloquio con Miguel Sande sobre a súa obra A vida fóra
O
mércores 16 de novembro, ás 18:00 horas, no Clube de Lectura de Arteixo, Miguel Sande falará sobre a súa novela A vida fóra, publicada en Galaxia.