“Queer-emos
un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións é o título da obra coa que Teresa Moure acaba de levar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. A escritora impúxose no certame, dotado con 6.000 euros, entre 12 orixinais, e fai un achegamento á lingua e á literatura galega desde a teoría queer. Na súa obra, Moure critica a construción das categorías home/muller e cuestiona mesmo os empregos inclusivos do xénero da linguaxe, que considera baleiran de contido o potencial transformador do feminismo. Galaxia editará o volume ao longo do vindeiro ano.” Vía Cultura Galega.
Vía Galaxia: “O ensaio de Teresa Moure, que presentou co pseudónimo de Ramón Agrelo en alusión ao cuestionamiento de xénero, “vai máis alá da tradición feminista para criticar a construción das categorías home/muller e desmontar tanto a tradición hetero-normativa como a do propio feminismo”. O ensaio de Moure foi premiado por maioría por un xurado formado por Ernesto González Seoane, María López Sández, Susana Reboreda Morillo, Anxo Tarrío Varela e Carlos Lema, director literario de Galaxia. O xurado destacou a calidade media dos doce orixinais presentados, así como a variedade de temas.”
Recollido tamén en Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, El Progreso e El País.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Álvaro Cunqueiro na prensa galega
“Hoxe
a presenza de Álvaro Cunqueiro é importantísima na prensa do país. Deixámosvos aquí algunhas mostras, como son o suplemento completo, en PDF, que lle dedica o Faro de Vigo a quen fora durante tantos anos o seu director. Á súa vez, La Voz de Galicia centra practicamente toda a sección de Cultura no autor de Mondoñedo.” Vía Galaxia.
Mondoñedo: presentación-concerto de Haberá primavera, de César Morán
Recoñecemento internacional para tres libros de cociña
“O
libro coordinado por Yolanda Castaño Cociñando ao pé da letra, coas fotografías de Andrea Costas, vén de ser nominado aos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOK AWARDS 2011, uns premios que recoñecen os mellores libros de cociña editados do mundo. A categoría na que se conseguiu a nominación é na de Best Cookbook Photography, algo que non nos sorprende pois ademais da altura das literarias receitas que os cociñeiros escribiron, o traballo de Andrea Costas brilla por si mesmo. Os resultados anunciaranse o mércoles 6 de marzo de 2012 no teatro Les Folies Bergère de Paris. Por outra banda, o segundo dos libros de Benigno Campos, Novas receitas da cociña de Larpeiros está entre os finalistas na categoría de Best TV Celebrity Western Europe.” Vía Galaxia. Desde a Asociación Galega de Editores informan que a obra Guía secreta da gastronomía de Galicia: Lugo de Miguel Vila Pernas, publicada o pasado mes de agosto por Alvarellos Editora, foi recoñecida como Mellor guía de viaxe gastronómica e competirá agora na fase final do concurso onde se medirá cos gañadores da mesma categoría doutros países e linguas.
Vigo: presentación-concerto de Haberá primavera, de César Morán
Fotogalería posterior en Galaxia.
Santiago: presentación de Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias
O
martes 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Carlos Lema e Manuel Outeiriño.
Vítor Vaqueiro: “O que hoxe é mitoloxía antes puido ser relixión”
“Así
se expresa Vítor Vaqueiro nunha longa entrevista que hoxe publica o Faro da Cultura co gallo da publicación da súa obra Mitoloxía de Galiza na Editorial Galaxia. Pódese descargar a conversa completa, en formato PDF aquí.“. Desde Galaxia.
Ferrol: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución, s/n.) de Ferrol, preséntase o libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Elia Rico, presidenta da Asociación Cultural Medulio, Xaime Bello e Pilar García Negro.
Ourense: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 15 de decembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos (Avenida da Habana, 12) de Ourense, terá lugar un diálogo entre Ángel de la Cruz e Miguel Anxo Fernández, arredor da novela Lume de cobiza, deste último autor, publicada en Galaxia. Estarán moderados por Xosé Manoel Rodríguez.
Fotobiografía posterior deste acto en Galaxia.
O concurso literario sobre Ciencia, Inspiraciencia, agora tamén en galego
“O
luns 12 de decembro dá comezo unha nova edición de Inspiraciencia, segunda edición dun certame que o ano pasado conseguiu unha altísima participación no conxunto do Estado. Ata o de agora só podían presentarse orixinais en castelán e catalán. Dende hoxe, tamén en galego pois a Editorial Galaxia decidiu participar este ano na organización poñendo así a disposición dos e das que escriben en galego a posibilidade de concursar na lingua propia de Galicia. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) é quen convoca a segunda edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica no que poden participar públicos de todas as idades. (…).
Os relatos poderanse publicar na súa web ata o 15 de marzo de 2012.
O concurso ten dúas categorías (xuvenil, para participantes de entre 12 a 17 anos, e adultos, a partir de 18 anos) e dúas modalidades, relatos curtos, cunha extensión mínima de 800 palabras e máxima de 1.500, e microrrelatos, cunha extensión máxima de 500 palabras. Como novidade desta edición, ademais dos idiomas catalán e castelán, as obras tamén se poden presentar en galego. Cada concursante poderá publicar un relato para cada modalidade.
Para cada categoría e modalidade haberá un premio institucional e un premio do público. Para o primeiro, un xurado formado por figuras recoñecidas dentro do mundo da cultura avaliarán as contribucións e emitirán a súa resolución. O premio do público decidirano os internautas por votación online unha vez pechada a recepción de relatos. O acto de entrega de premios está previsto que se celebre en abril de 2012. (…)” Vía Galaxia.

