Entrevista
a Miguel Anxo Fernández en Galicia Hoxe:
‘”Interésanme os antiheroes. Personaxes como os de Henning Mankell ou Petros Markaris. Hai un tipo de novela negra europea, que agora está tendo moita repercusión polo fenómeno Stieg Larsson. A min Larsson non me interesa, pero creo que o éxito destes autores ten que ver con que levantan acta da parte escura da sociedade”, comentou.
Do mesmo xeito que as novelas anteriores afondaran, desde a ficción, no que agochan as altas esferas da produción de Hollywood -explotación sexual, corrupción, tratos de favor…-, Lume de cobiza achégase ó mundo dos incendios provocados que serven a intereses urbanísticos ou a recualificación de terreos por políticos comprados.
O contexto daquela sorte de especulación adiantaba ademais a crise económica que veu despois, como resultado do xogo co prezo da vivenda. “Procurei, claro, a verosimilitude. Son personaxes moi reais, por exemplo, as súas parentes, como a tía avoa. O que conto é ficción, pero poderiamos atopar na realidade uns cantos construtores como o da novela, o Demoleitor. Soutelo é un tipo queimado, que está de volta, da falta de sinceridade da clase burguesa, que pode encarnar a súa irmá ou os pais do mozo morto. Ese aspecto social está moi presente, si, na novela”, lembrou.’
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Yolanda Castaño: ‘Cociñar e escribir teñen moito que ver’
Entrevista
a Yolanda Castaño publicada en Galaxia:
“- Galaxia (G): -¿Cómo naceu a idea deste libro [Cociñando ao pé da letra]?
– Yolanda Castaño (YC): Naceu coa idea de trocar a imaxe tradicional que tiñamos dos escritores e escritoras: dogmatizando fronte a un atril, sentando cátedra tras dunha mesa presidencial, sempre moi graves e serios/as, para velos agora amasando, picando cebola ou pelando patacas, imaxes tan próximas e nas que todas e todos nos recoñecemos. Naceu da miña constante teima por achegar a escrita á sociedade, amosándoa coma unha parte moito máis achegada e imbricada na realidade do que talvez se pensa. Un convite a penetrar na fascinante literatura galega actual a través dun fío conductor co que todos e todas temos que ver, tan doméstico e íntimo, tan sinxelo, suxestivo e delicioso coma o da cociña. Naceu da miña absoluta fe na potencia creativa dos escritores e escritoras deste país e da gana por contaxiar ese entusiasmo a través dunha proposta que resultase fresca, orixinal, fluída e sobre todo alegre, incidindo no contacto entre disciplinas e nese trasvase tan contemporáneo. Naceu alentada tamén pola magnífica rede de blogs gastronómicos que existe en Galicia e España, traballos dos máis honestos aos que me asomei na internet e absolutamente inspiradores. (…)
– G: E que arte vén sendo máis difícil, despois de todo o que tes visto, ¿a escrita ou a cociña?
– YC: Supoño que todo dependerá das habilidades da persoa na que se poña o foco, do nivel de esixencia que esteamos demandando… Todo ten tamén a súa complicación. Ás veces é tan difícil escribir un texto memorable como conseguir que non se pegue o arroz.”
Vigo: presentación de Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo
O
sábado 11 de xuño, ás 11:00 horas, no local da Asociación de Persoas Xordas de Vigo (Rúa Romil 24), preséntase o libro Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo, publicado en Galaxia. O acto contará coa asistencia da autora e a representación dunha obra para nenos baseada no conto, ademais de xogos e outras actividades.
Cambados: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 9 de xuño, ás 20:00 h., en Cambados, preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto participan, acompañando ao autor, Saúl Otero e Ángel de la Cruz.
Santiago: presentación de Fogar impronunciable, de María do Cebreiro
O
mércores 8 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, o último ensaio de María do Cebreiro, publicado en Galaxia. A autora estará acompañada por Carlos Lema, Ana Salgado e Isaac Lourido.
Santiago: presentación de Ela, maldita alma, de Manuel Rivas
O
martes 7 de xuño, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, preséntase a nova edición do libro de relatos Ela, maldita alma, de Manuel Rivas, publicado en Galaxia.
Jan estivo alí, de Xosé Antón Neira Cruz, na lista de honra da revista CLIJ
Ourense: actividades do 1 de xuño na Feira do Libro
Continúa
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do mércores 1 son as seguintes:
– 19:30 h. Presentación do libro de poemas visuais O libro dos cans, de Estevo Creus e do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicados por Franouren Edicións. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Manuel Vélez Latorre, Xosé Manuel Bouzo e o director da editorial Manuel Ángel García Fernández.
– 20:30 h. Miguel Anxo Fernández asinará exemplares do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia.
Vilaboa, Culleredo: presentación de A palabra exacta, de Antón Lopo
O
mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), preséntase o libro A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicado en Galaxia. No acto interveñen Celestino Poza e o propio autor.
Monforte: presentación de A palabra exacta, de Antón Lopo
O
luns 30 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Monforte, o escritor e xornalista Antón Lopo presenta o seu libro A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, publicado en Galaxia.