O
xoves 14 de xullo, ás 11:00 horas, no Kiosko da Alameda de Santiago de Compostela, a Rede Galega de Kioskos presenta o proxecto Lonxa de Letras, no que corenta quioscos galegos achegarán aos seus clientes unha selección de libros na nosa lingua, polo de agora dos catálogos das editoriais Xerais e Galaxia. Ademais dos dispoñibles en cada quiosco, os clientes poderán mercar libros ou CD’s na web do proxecto, e recollelos nestes puntos de venda sen pagar gastos de envío. De cara ao futuro, a iniciativa prevé ampliar o seu catálogo a libros electrónicos e obras en castelán. A iniciativa, que quere favorecer ademais o emprego de persoas con discapacidades, permitirá un máis fácil acceso a produtos culturais na nosa lingua mesmo fóra de Galicia, xa que a rede de distribución do proxecto chega a quioscos de toda a Península. Na web lístanse os títulos dispoñibles no proxecto, que nace da Rede Galega de Quioscos, integrada no Grupo Galego de Economía Social. A Alameda de Santiago acolle mañá, a partir das 11 horas, a presentación da Lonxa, nun acto que contará coa presenza de Diego Ameixeiras e Francisco Castro. Crónica posterior en Galaxia, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Asociación Galega de Editores e El País.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Vigo: actividades do xoves 7 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta desde o pasado venres 1 até o domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do xoves 7 son as seguintes:
– 20:00 h. Xulia Alonso Díaz asinará exemplares do seu libro Futuro imperfecto, publicado por Editorial Galaxia.
– 20:30 h. Xavier Queipo presentará o seu libro Ártico 2.0, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema e Gonzalo Navaza.
Vigo: actividades do martes 5 na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do martes 5 son as seguintes:
– 19:30 h. O escritor Manuel Portas fará a presentación do seu libro Un dedo manchado de tinta, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel Bragado e o Grupo Loaira.
– 20:00 h. O escritor Miguel Anxo Fernández asinará exemplares do seu libro Lume de cobiza, publicado por Editorial Galaxia.
– 20:30 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro In vino veritas, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e o músico Anxo Pintos.
Vigo: comeza a Feira do Libro 2011
Comeza
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do venres 1 ao domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do venres 1 son as seguintes:
– 19:30 h. Pregón da Feira, a cargo de Iolanda Zúñiga.
– 20:30 h. Presentación de Cociñando ao pé da letra, publicado en Galaxia, coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Francisco Castro e Andrea Costas.
Entrevista a Xulia Alonso
(Galaxia)
Santiago: presentación audiovisual de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O mércores 22 de xuño, ás 20:30 horas, no hotel AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación audiovisual de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia. No acto participan, co autor, Ángel de la Cruz e Víctor F. Freixanes.
Allariz: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 17 de xuño, ás 21:00 horas, na Libraría Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5) de Allariz, preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia.
Vigo: presentación de Cero, de Oriana Méndez
O Barco: presentación de O lecer das augas
O
venres 17 de xuño, ás 20:30 h., no edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras, presentación de O lecer das augas. Historia dos balnearios en Galicia. 1700-1936, publicado en Galaxia. Participan no acto Aurelio Blanco Trincado, Felipe Senén e Luís Alonso Álvarez, que falará en nome dos tres autores do libro.
Santiago: presentación de Cociñando ao pé da letra
O martes 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Casino de Santiago, preséntase o libro Cociñando ao pé da letra, publicado en Galaxia. No acto participan as autoras, Yolanda Castaño e Andrea Costas, o editor, Francisco Castro, e dous dos escritores que participan no libro, Anxos Sumai e Xabier P. DoCampo.


