Taboleiro do libro galego (XIII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena, última ata o mes de setembro. Agradezo a xenerosa colaboración destas dezasete librarías galegas para compola: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Carricanta.”

NARRATIVA
1º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz, Edicións Xerais.
2º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
4º-. O anxo de Eva, de Marina Mayoral, Edicións Xerais.
5º-. Winnipeg, de Hixinio Puentes, Edicións Xerais, e Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.

POESÍA
-. Raíz da fenda, de Berta Dávila, Edicións Xerais.
2º-. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, Edicións Xerais (edición de Fran Alonso).
3º-. Resina de poliéster, de Xabier Correa Corredoira, Baía Edicións.
4º-. Carne de Leviatán, de Chus Pato, Editorial Galaxia.

ENSAIO-TEATRO
-. A cociña dos Cunqueiro, de Elvira González-Seco Seoane, Editorial Galaxia.
2º-. Inmateriais, de Suso de Toro, Edicións Xerais.
3º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. As lambetadas de Larpeiros, de Merchi Rodal, Editorial Galaxia.

INFANTIL-XUVENIL
-. Flor de area, de Manuel Lourenzo González, Edicións Xerais.
-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
-. Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly, Editorial Galaxia (tradución de María González).

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
-. Bicos de música de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Edicións Xerais.
2º-. Máis alá, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.
3º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

Vigo: actos destacados do sábado 29 e domingo 30 na Feira do Libro

O sábado 29 e domingo 30 de xuño prosegue a súa andadura a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 29
18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
19:00 h. Alfonso Eiré presenta o seu libro Infiltrados, publicado por Biblos Clube de Lectores.
19:30 h. O escritor Miguel Ángel Alonso asinará na caseta de Andel do Libro Galego e Portugués.
19:30 h. O escritor Pedro Feijóo, asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20:00 h. Presentación do libro A cociña dos Cunqueiro, con prólogo de César Cunqueiro e receitas da dona do escritor, Elvira González-Seco Seoane, editado por Galaxia. Participan no acto Carmen Freire, Miguel Vila, César Cunqueiro e Víctor Freixanes.

Domingo 30
19:30 h. O escritor Moncho Iglesias presenta o seu libro Pedras de plastilina, publicado pola editorial Toxosoutos.
20:00 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
21:15 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado pola editorial Redelibros
– A partires das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Taboleiro do libro galego (XII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Agradezo a xenerosa colaboración destas dezasete librarías galegas para compola: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Carricanta.”

NARRATIVA
1º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
2º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
4º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
5º-. Winnipeg, de Hixinio Puentes,  Edicións Xerais.

POESÍA
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Teatro, de Roi Vidal, Espiral Maior.
3º-. Abecedario póstumo, de Cristina Ferreiro, Espiral Maior.

ENSAIO-TEATRO
-. Inmateriais, de Suso de Toro, Edicións Xerais.
2º-. Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Edicións Xerais.
3º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. Morreu o demo, acabouse a peseta, de Tintimán Audiovisual, Urco Editora.
5º-. A cociña dos Cunqueiro, de Elvira González-Seco Seoane, Editorial Galaxia.

INFANTIL-XUVENIL
-. Endogamia 0.2, de Ramón Caride, Edicións Xerais.
-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.

BANDA DESEÑADA
1º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
2º-. Máis alá, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.

Unha decena de empresas reciben axudas para os seus proxectos editoriais

As receitas da cociña da familia de Cunqueiro (Elvira González-Seco), o Dicionario Lois Pereiro (María Xesús Nogueira) ou as traducións ao galego de textos de Flann O´Brien (A boca Pobre e A vida dura) son algúns dos títulos polos que varias empresas galegas recibiron axudas do Ministerio de Cultura. Trátase da liña de subvencións para o fomento da edición de libros e a súa distribución en bibliotecas públicas, correspondentes ao ano 2011 que hoxe sae publicado no BOE. No listado tamén hai autores como Agustín Fernández Paz (con Mals temps per a fantasmes a cargo de Edicións Bromera ou Fantasmas de luz editado por Grupo Anaya) publicados por editoras non galegas.” Vía Cultura Galega.