Arquivos da etiqueta: Estíbaliz Espinosa
A Coruña: presentación de Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega
Pontevedra: xornada do sábado 21 no PontePoética 2
O
Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan a segunda edición do Festival de Poesía PontePoética, que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa do sábado 21 de abril (aquí pode descargarse completo: PontePoética 2 2012).
– 17:00 horas. Recital dos poetas Estíbaliz Espinosa, Veronika Dintinjana e Nuno Júdice.
– 18:30 horas. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética: María Eloy-García, Eduard Escoffet, Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo, Edorta Jiménez, Estevo Creus, Veronika Dintinjana, Estíbaliz Espinosa e Nuno Júdice.
A Coruña: recital poético-musical e presentación de Se lo dije a la noche
O
xoves 22 de marzo, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Se lo dije a la noche, de Juan Carlos García Hoyuelos, traducido a todas as linguas peninsulares. No acto haberá un recital poético e musical coa participación, xunto ao autor, de François Davo, Estíbaliz Espinosa, Begoña Paz, Óscar de Souto e Ramiro Vidal Alvarinho, como poetas, Susana Fumis (rapsoda), e Miko Basic, Raúl Galego e Gemma Sanz (músicos).
A Coruña: actos do xoves 22 en CoruñaMayúscula
O
xoves 22 de marzo, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n.) da Coruña, dentro de CoruñaMayúscula, terán lugar as seguintes actividades con presenza galega:
– 11:00-12:00 h. No Auditorio, recital poético de Ángel Petisme, Estíbaliz Espinosa e Sofía Castañón.
– 18:30 h. No mesmo Auditorio, diálogo entre Chantal Maillard, Javier Pintor e Xavier Seoane.
– 22:00 h. No Auditorio, palabras de clausura a cargo de Luz Pozo Garza.
A Coruña: actos do mércores 20 de marzo en CoruñaMayúscula
O
mércores 21 de marzo, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n.) da Coruña, e dentro do programa CoruñaMayúscula, terán lugar as seguintes actividades con presenza galega:
– 11:00-12:00 h. No Auditorio, recital poético de Antía Otero, Gracia Iglesias e Antón Castro.
– 19:30 h. Na Aula 9, mesa redonda co título Poesía, futuro, coa presenza de José María Paz Gago, Yolanda Castaño e Guillermina Royo-Villanova.
– 20:30 h. Na mesma Aula 9, combate verbal entre Manuel Vilas e Camilo Franco.
– 22:00 h. Recital 11×6. Participan Sofía Castañón, Antón Castro, Estevo Creus, Gonzalo Escarpa, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Gracia Iglesias, Elena Medel, Antía Otero, Ángel Petisme e Estelle Talavera Baudet, presentados por Pedro Ramos.
A Coruña: presentación de papel a punto de, de Estíbaliz Espinosa
Santiago: Picaversos, con Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño
O
martes 14 de febreiro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Míticos, onde participarán Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño.
A Coruña: Estíbaliz Espinosa e Yasuhiro Yotsumoto no ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns 6
de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala Polivalente do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n., continuación da Rúa Mosteiro de Caaveiro) da Coruña, terá lugar unha nova edición de Poetas Di(n)versos, ciclo dirixido por Yolanda Castaño, no que participarán Estíbaliz Espinosa e o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto (Osaka, 1959), quen ofrecerá distintas mostras de recitado clásico nipón seguidas de traducións ao galego.
Vigo: faladoiro con Estíbaliz Espinosa, no ciclo Poematiza
O
xoves 1 de decembro, a partir das 16:00 horas, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Aula A4-A), dentro do ciclo Poematiza. Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, terá lugar un faladoiro con Estíbaliz Espinosa a partir de varios textos seus. O acto está organizado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía.



