Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades deste luns 2 son as seguintes:
– 18:00 h. Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
– 19:00 h. Baía Edicións, presenta as obras gañadoras do Premio Barriga Verde 2010, nas modalidades infantil e adulto: Fábula galénica, de Inacio Vilariño e Pedra sobre pedra, de Xosé A. Neira Cruz. Xunto cos autores, intervirán Jorge Rei, da Asociación Barriga Verde e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións.
– 19:30 h. A poeta Eva Veiga asinará exemplares do libro A frecha azul do teixo, publicado por Edicións Espiral Maior.
– 20:00 h. O escritor Estevo Creus fará a presentación do seu libro de poemas visuais O libro dos cans, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Manuel Ángel García, director da editorial.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Arquivos da etiqueta: Eva Veiga
Santiago: presentación de A fecha azul do teixo, de Eva Veiga
O xoves
28 de abril, a partir das 19:30 h., na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara, finalizando cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Margarita Ledo: “Se tolleitas o cine, tolleitas un campo importantísimo para a expresión dun país”
Entrevista
a Margarita Ledo en Xornal:
“- Xornal (X): No Nadal rodou no manicomio de Castro, onde estivo gran parte da súa vida Antón Moreda. Hai dúas semanas reanudou a gravación. Finalizou xa a rodaxe en Galicia?
– Margarita Ledo (ML): Si, concluímos a rodaxe en Galicia. Rodamos en lugares con esa pátina do tempo necesaria, polo que realmente non hai ambientación en ningún deles, son lugares que coinciden no guión, que están imaxinados para que ocorran determinadas situacións. Rodamos nunha das pouquísimas casas galegas racionalistas, que fai o escenario cinematográfico da casa porteña. Xa gravamos todas as escenas dun momento importante da fita: cando a personaxe se converte en mucama, en criada. É ese o momento no que a muller realmente se inscribe nunha sociedade que non coñece e pasa por esas situacións de estrañamento e silencios que marcan a inserción das mulleres aos lugares de chegada. (…)
– X: Cloti Iglesias é bailarina. Renata Otero, artista. Eva Veiga é poeta. Por que escolle creadoras que non son actrices para os papeis femininos da película?
– ML: Por exemplo, no caso de Eva Veiga, eu vou construíndo a película ao seu redor. Por que? Porque ela é exactamente a personaxe. Nunca foi mucama, pero si que é a personaxe da película pola súa propia experiencia e porque sufriu un proceso de interiorización de situacións límites. Todo iso fai que se adapte á personaxe perfectamente. Despois é unha persoa que é creadora ela mesma, creadora de mundos. É moi tenaz e rigorosa no seu traballo, meteuse a fondo nel e ten unha presenza na que eu confiaba. Cloti, por exemplo, naceu na diáspora e participa de certo xeito en todo o que se perdeu; dalgunha maneira participa desa melancolía activa e, ademais, fala ese galego porteño marabilloso e natural que ten nacendo aló. Porque ela non é neofalante, como lle pasa a moita xente que acaba aprendendo o idioma por razóns de recuperación da identidade cultural. Pero tamén aparecen actrices, como Mónica Camaño, que fai un papel moi corporal de mucama italiana. Ou Margarita Fernández. Logo, de intérpretes, polo outro lado, están Tamar Novas, Lino Braxe, Xabier Deive.”
Ferrol: presentación de A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
15 de abril, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Nicolás Vidal, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Eva Veiga: “A beleza irresistible”
Entrevista
a Eva Veiga en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Coa poesía, e só coa poesía, es capaz de sentir outra vez a plenitude das tardes de cando eras nena?
– Eva Veiga (EV): As persoas que somos -eu digo afortunadamente- de aldea temos seguramente máis ocasión de experimentar nalgún momento a comuñón coa natureza que é, ao meu parecer, o máis semellante a un éxtase; é dicir, un intre de absoluta plenitude. E esta entrega que acontece con certa facilidade cando somos nenos, diminúe segundo nos imos adulterando. E é mágoa porque significa un vínculo profundo e indestrutible coa vida. Lembro, especialmente, certas tardes de outono: o aire como se movese unha luz de mel, o rumor seco do millo, unha humidade case imperceptible e anunciadora de tormenta; e aquel arrecendo a cocedura de pan nos fornos… E, en efecto, só na poesía podo reencontrarme con esa experiencia, case irresistible, da beleza. (…)
– GH: Que importancia ten a música para ti? Todo o que nos rodea na vida ten un ritmo propio?
– EV: Si, a música é esencial. Todo é vibración. O que vive soa. E o ritmo é o que compón, en última instancia, as formas da vida, da arte. Non en balde xa vai para 8 anos que formo parte, xunto aos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, do Grupo Ouriol realizando dentro e fóra de Galicia espectáculos poético musicais. Do mesmo xeito, son parte integrante do grupo musical e interpretativo Mon Santiso e Cia. Durante o proceso que durou o meu transplante de medula e a súa convalecencia, a música acompañoume e ata coido que foi fundamental na miña recuperación. Se escoito algunhas pezas podo volver revivir aqueles momentos nitidamente. Porén, eu non podería vivir sen o silencio.
A Coruña: recital de poesía e música con Roberto Reséndiz Carmona
O xoves
10 de marzo, ás 20:15 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o recital do poeta de Zamora de Michoacan (México) Roberto Reséndiz Carmona. No acto participan Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Olga Patiño e o propio autor mexicano, coa compaña dos músicos César Morán e Xosé Taboada.
A Coruña: presentación do libro A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
11 de febreiro, a partir das 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Teresa Seara, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán-Vello, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
A Coruña: Caruncho, sete momentos. Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho
Crónica posterior en Galicia Hoxe.
A Coruña: Elas falan, espectáculo poético-musical do grupo Ouriol
O venres
26 de novembro, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, o grupo Ouriol, formado por Eva Veiga (interpretación e elección dos poemas), Fito Ares (frauta traveseira) e Bernardo Martínez (clarinete e percusións), presentan este espectáculo poético-musical, Elas falan, no que se fan valer a voz de todas as mulleres. A través dos seus poemas –estarrecedores, lúcidos, valentes, fermosísimos– revélannos algo que, máis aló das circunstancias históricas e biográficas nas que se producen, atinxen aos homes e ás mulleres de toda época e condición. Elas son Anna Ajmátova, Marina Tsveitáieva, Sylvia Plath, Alejandra Pizarnik, Nazik Al Malaika, Luísa Villalta, Clarice Lispector, Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza e Wislava Szymborska. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Santiago: Do máis fondo do silencio, saen voces, recital poético-musical da Asociación Panda
O
martes
26 de outubro, ás 20:30 h., no Órgano da Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, a Asociación Panda de RR. LL. e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago organizan un recital, no que participan Ana Romaní, Marilar Aleixandre, Eva Veiga e Dores Tembrás, acompañadas dos músicos Martina Schobersberger e Daniel Oman, presentados por Teresa Seara. Neste arquivo pódese descargar máis información: Do máis fondo do silencio, saen voces.
