
“Desde o 19 ao 31 de agosto estará aberto o segundo prazo de preinscrición no Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade da Universidade da Coruña (procedemento e prazos de matrícula en: https://www.udc.es/gl/filo/mestrados/MLCD/2020_2021/MLCD_Calendario_matricula/index.html)
Trátase dun Mestrado oficial, verificado pola ANECA, e que se imparte en modalidade semipresencial (as sesións desenvólvense horario de tarde dous días á semana, xoves e venres).
O MLCD está organizado en dous cuadrimestres: no primeiro, cúrsanse as materias dos módulos comúns e, no segundo, as dos itinerarios de carácter específico (ámbito hispánico ou galego-portugués). A docencia está impartida por profesorado de recoñecido prestixio e, compleméntase con seminarios, vinculado a grupos e proxectos de investigación, onde participa profesorado convidado doutras universidades de diferentes países.
Cursar o MLCD é especialmente útil pois permite adquirir unha formación avanzada e actualizada en temas literarios e culturais desde un enfoque multidisciplinar e actual. Ao tempo, proporciona os fundamentos para iniciar unha actividade investigadora xa que permite acceder a un programa de doutoramento.
Podedes ampliar a información sobre o MLCD no díptico que se achega https://bit.ly/2Z8ncBW e na páxina web https://www.udc.es/gl/filo/mestrados/MLCD.
As consultas poden ser dirixidas á coordinadora do MLCD, Profª Carme Fernández Pérez-Sanjulián (mlcd@udc.gal).”
Arquivos da etiqueta: Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
A Coruña: “Rosalía e outras travestís”, conferencia de Kathleen March
A Coruña: Seminario Celtismo e cultura atlántica
A Coruña: Ciclo Creación e edición na Galiza actual
A Coruña: acto de defensa da tese de doutoramento As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego, por Carlos Callón
A Coruña: mesa redonda Da literatura á banda deseñada: “A nosa cinza” en cómic
A Coruña: A acción cultural de base, no ciclo Políticas culturais na Galiza
O
xoves 21 de abril, ás 12:30 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, terá lugar, dentro do ciclo Políticas culturais na Galiza, organizado pola área de Filoloxías Galega e Portuguesa co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, o coloquio A acción cultural de base, coa participación de Pilar García Negro (presidenta de Galiza Cultura) e un representante do Centro Social Gomes Gaioso da Coruña.
A Coruña: Políticas culturais institucionais no ámbito galego, no ciclo Políticas culturais na Galiza
O
xoves 14 de abril, ás 12:30 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, terá lugar, dentro do ciclo Políticas culturais na Galiza, organizado pola área de Filoloxías Galega e Portuguesa co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, o coloquio Políticas culturais institucionais no ámbito galego, coa participación de Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega) e Anxo Lorenzo (secretario Xeral de Cultura).
Universidade da Coruña: Mestrado Universitario en Literatura, cultura e diversidade (curso 2016-2017)



Podedes consultar tamén a web da Facultade de Filoloxía.
Xa está aberto o prazo de matrícula dos Mestrados para os estudiantes estranxeiros (do 18 de xaneiro ao 18 de abril).
Actividades co Escritor Galego Universal 2015: Luiz Ruffato, o 9 de maio en Lugo
Con
este premio, Escritor Galego Universal, que xa recibiron Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca con esta mención a alta calidade literaria do conxunto da súa obra, coa que nos dá testemuño do seu tempo, do noso tempo, desde un insubornábel compromiso ético. A súa é unha traxectoria literaria incontestábel, apreciada por crítica e público, nun consenso difícil de conseguir.
Con motivo da súa visita a Galiza, Luiz Ruffato desenvolverá o seguinte programa de actividades promovidas pola AELG, co apoio da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Lugo e a colaboración do Círculo de las Artes:
9 Maio. Lugo
– 17:30 h., Mesa-redonda organizada pela AELG, “Conversa co brasileiro Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal” (Refeitório Museu Provincial).
– 20:00 h., Entrega do prêmio Escritor Galego Universal durante a Gala das Letras (Círculo de las Artes).
Pode ler aquí dúas entrevistas com Luiz Ruffato, e máis información sobre o autor nesta ligazón.




