Arquivos da etiqueta: Felipe Senén
A Coruña: conferencia “Introdución á cultura galega (continuación)”, por Felipe Senén, o 24 de febreiro
A Coruña: conferencia “Introdución á cultura galega (continuación)”, por Felipe Senén
Felipe Senén: conferencia “Vicente Risco, o oriente e o celtismo”
Vídeo da presentación en Allariz de Do doutor Alveiros á porta de palla, de Félix Castro Vicente
Allariz: presentación de Do Doutor Alveiros á porta de palla, de Félix Castro Vicente
A Coruña: presentación de As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, de Adela Figueroa Panisse
Manuel María conta xa cunha escultura en Vilalba
Desde Nós Diario:
“Un emotivo acto de homenaxe ao escritor chairego Manuel María serviu o pasado sábado en Vilalba para inaugurar de maneira oficial a escultura que sobre a súa figura realizou o canteiro José Gómez de Bernardo. A obra, doazón do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), quedou instalada ás portas da Casa de Cultura da vila á espera de que se atenda a reivindicación de poñerlle o nome do escritor a este equipamento.
No acto participaron a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro; o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede; o historiador Felipe Senén; o escultor, José Gómez de Bernardo; e a viúva do poeta, Saleta Goi.
Marisa Barreiro, en declaracións a Nós Diario, afirma que “a petición de poñerlle o nome de Manuel María á Casa de Cultura segue en pé, non ten nada que ver coa doazón que fixemos da escultura”.
Barreiro conta que a reivindicación de poñerlle o nome do escritor á Casa de Cultura “naceu no 2004 e malia que se tentou en varias ocasións e non foi posíbel segue a ser unha proposta que seguiremos solicitando”.
A presidenta do Iescha lembrou que “semella que causa malestar o pensamento de Manuel María en relación á súa concepción do país e da súa defensa da lingua galega”.
Para Barreiro “non hai outra explicación do que está acontecendo cando era unha persoa que durante toda a súa vida tivo amizades de todo tipo na vila e sempre estivo para colaborar en todas as actividades que se lle achegaban” ademais de “centrar toda a súa actividade aquí, mesmo cando desprazou a Real Academia Galega até Vilaba cando entrou nesa institución”.
Por todo isto, desde o Iesche entenden que “hai unha débeda de Vilaba con Manuel María e non é xusto que aquí se lle negue cando noutros lugares non tivo problemas para que se lle puxera o seu nome a rúas ou instalacións”.”






