Desde Sermos Galiza:
“Unha muller perdida, a tradución galega da orixinal A Lost Lady, de Willa Cather, foi o traballo premiado polo xurado na XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución. A edición en galego, publicada por Hugin e Munin, é obra de Antía Veres.
O xurado valorou especialmente a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela.
Ademais, chamou a atención sobre a significación da autora e a obra elixidas, inédita ata agora no noso sistema literario, que gozou sempre de amplo recoñecemento tanto nos Estados Unidos como a nivel mundial. (…)
O xurado desta edición do premio Plácido Castro estivo integrado por Olga López (Xunta), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo), Víctor Caamaño (Fundación Plácido Castro), Xulio Ríos (IGADI) e Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega).”
Arquivos da etiqueta: Fernando Moreiras
A tradución de Marta Dahlgren do libro Kallocaína recibe o premio Plácido Castro
Desde Fervenzas Literarias:
“O xurado da décimo quinta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou recoñecer o labor de Marta Dahlgren pola súa tradución da obra de Karin Boye, Kallocaína.
Este premio, que leva o nome do ilustre humanista corcubionés que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade, está destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.
Sobre a tradución de Kallocaína, publicada en papel por Hugin e Munin, o xurado quixo destacar o feito de que sexa unha tradución directa do sueco, unha lingua pouco traducida ao galego, feita con mestría, rigor e viveza, trazos habituais no estilo dunha tradutora consolidada e directamente relacionada coa formación de novos profesionais da tradución. Igualmente sinálase que se trata dunha obra actual que conecta á perfección coas novas xeracións de lectores e lectoras.
Marta Dahlgren, profesora na universidade de Vigo, con ampla especialización en Literatura Inglesa ou Semántica, entre outros, durante décadas contribuíu á formación de xeracións de novos tradutores. A súa obra tradutora goza de significado recoñecemento. (…)
Integraron o xurado desta edición Xavier Senín, da Fundación Plácido Castro; Carlos Arias, da Xunta de Galicia; Fernando Moreiras, da Asociación de Tradutores Galegos; Xosé Antón Palacio, da Real Academia Galega; e Xulio Ríos, director do IGADI, quen actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.”
Taboleiro do libro galego (XI), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Libraría Carricanta-. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
2º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
3º-. Winnipeg, de Hixinio Puentes, Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).
POESÍA
1º-. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, Edicións Xerais (edición de Fran Alonso).
2º-. ReGaliza e outras chuches, de Calros Solla, Barbantesa.
3º-. Resina de poliéster, de Correa Corredoira, Baía Edicións.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Inmateriais, de Suso de Toro, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
4º-. Morreu o demo, acabouse a peseta, de Tintimán Audiovisual, Urco Editora.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Universo Pitágoras, de Rocío Leira, Biblos.
2º-. Endogamia 0.2, de Ramón Caride, Edicións Xerais.
3º-. Flor de area, de Manuel Lourenzo González, Edicións Xerais.
4º-. Reckless. Vida nas sombras, de Cornelia Funke (tradución María Xesús Bello), Edicións Xerais.
5º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
3º-. Máis alá, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.
Taboleiro do libro galego (X), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia- súmaselle o concurso desde hoxe da libraría betanceira Carricanta. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
2º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
3º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz, Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).
POESÍA
1º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.
3º-. Carne de Leviatán, Chus Pato, Galaxia.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
3º-. Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, de Roberto Pascual, Edicións Xerais.
4º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
5º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, autoedición.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
2º-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde do sétimo andar.
3º-. Dragal II, de Elena Gallego, Xerais.
4º-. A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, Faktoría K de Libros (tradución de Carlos Acevedo).
5º-. Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Fernando Moreiras faise co X premio Plácido Castro por unha tradución do poeta Alexander Pope
“Alexander Pope foi un poeta que tivo, entre outras virtudes, o mérito de poder vivir dos beneficios xerados polo éxito comercial das súas traducións. A súa primeira contribución á literatura, como autor, foi Ensaio sobre a crítica, texto que acaba de traducir ao galego o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Moreiras. Esa tradución acáballe de valer o décimo premio Plácido Castro, ao que este ano se presentaron dez traballos. O xurado destacou que se trata “da primeira tradución deste autor ao galego, e da gran calidade da reprodución nos esquemas rítmicos da obra orixinal”. O premio non ten dotación económica e consiste nun diploma e nunha peza escultória deseñada por Xaquín Chaves.” Vía Cultura Galega.
Vigo: actividades do luns 4 na Feira do Libro
Continúa a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do venres 1 ao domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do luns 4 son as seguintes:
– 19:30 h. Faladoiro arredor do libro Indignádevos!, de Stéphane Hessel, coa participación do traductor, Fernando Moreiras, Manuel Martínez, membro do colectivo Attac e un representante de Kalandraka Editora.
– 20:30 h. A escritora e xornalista Elena Gallego Abad presenta o 2º tomo da súa obra Dragal, a herdanza do Dragón, publicada por Xerais. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
Indignádevos!, de Stéphane Hessel, traducida ao galego
Indignádevos!, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que está publicado nunha vintena de linguas, pódese ler en galego coa edición que Faktoría K deu a luz nos primeiros días de marzo. Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus rexos 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de foi feita por Fernando Moreiras.