Arquivos da etiqueta: Fundación Luís Seoane
A Coruña: presentación de Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga, o 16 de xullo
A Coruña: presentación de Simboloxía máxica en Galicia, de Bieito Romero
A Coruña: Nexos. O son e a palabra, 2019
A Coruña: presentación do libro Michigan/Acaso Michigan, de Antón Reixa
A Coruña: Libros a monte III
Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña
Desde Erregueté:
“Vanesa Sotelo presentará Contramateria hoxe, venres 26 de outubro, a partir das 20:30, na Fundación Luís Seoane da Coruña, dentro do Ciclo O Teatriño.
O teatriño é unha actividade da Fundación Luís Seoane, comisariada por Camilo Franco, coa fin de pescudar unha relación directa entre actrices da escena galega e o público. Durante 45 minutos unha actriz poderá efectuar un acto performativo diante do público. Dela depende o texto, a posta en escena, o vestiario, a presentación… nunha montaxe única que non volverá repetirse máis.
En Contramateria, a intérprete atravesa o espazo baleiro. Ela é a tradutora e a responsable de achegarnos a unha actriz incomprensiblemente incomprendida e ás personaxes que tivo que interpretar pero que nunca chegou a comprender. Personaxes como Nina de A Gaivota ou a Giuliana de Deserto Rosso son figuras que aparecen e desaparecen neste ensaio que combina o desastre coa irreflexión e a poesía.
A fotografía é de Humberto Valladares”.
A Coruña: presentación de Cabalos salvaxes transparentes na noite, de Ronsel Pan
O sábado 29 de setembro, ás 20:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27), na Coruña, Ronsel Pan presenta o poemario Cabalos salvaxes transparentes na noite, publicado por Letra de autor.