O 28 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3, Allariz):
Arquivos da etiqueta: Fundación Vicente Risco
A Coruña: curso de verán Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal’, de Manuel Rivas, do 11 ao 15 de xullo
O
curso Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal‘, de Manuel Rivas, celébrase do luns 11 ao venres 15 de xullo na Reitoría da Universidade da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga e Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, organizado pola Universidade da Coruña, a Fundación Vicente Risco e a colaboración do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, centrándose na análise da presenza da cidade da Coruña a partir dunha obra literaria, neste caso: Os libros arden mal, de Manuel Rivas. Como obxectivo final do curso, o alumnado terá que elaborar propostas para roteiros e/ou unidades didácticas que teñan esa obra como referente e punto de partida. Estas propostas serán presentadas ao Concello da Coruña para a súa publicación e difusión. No primeiro día, despois dunha breve introdución á obra realizada polo propio autor, Manuel Rivas, explicarase o plano de traballo para o que se distribuirá o alumnado en catro grupos pequenos (máximo 10 persoas). Cada grupo estará tutorizado por un/unha profesor/a que será quen lle dea as indicacións pertinentes para guiar o seu traballo durante o curso. Este traballo terá unha primeira fase a partir das sesións (teóricas e prácticas) que se levarán a cabo nos talleres multidisciplinares, cada un deles dirixido por un/unha docente pertencente a diferentes ámbitos do coñecemento (arquitectura, urbanismo, socioloxía e arte); a segunda fase do traballo consistirá na elaboración, sempre guiada polos/as profesores/as tutores/as, de materiais didácticos sobre a cidade da Coruña creados a partir da novela de Manuel Rivas, que serán entregados á Concellaría de Cultura para a súa difusión e utilización no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
Nota: Sería necesario que o alumnado lese a obra antes do comezo do curso, polo que a obra se entregará (na Oficina de cursos da UDC) como agasallo ao formalizar a matrícula -para un máximo de 36 alumnos- (toda a información sobre este proceso aquí).
* RELACIÓN DE TUTORAS/ES:
– 2 profesoras-tutoras: María dos Anxos González Refoxo e Mercedes Queixas Zas.
– 2 profesores-tutores: José Alfeirán e Luis Martínez-Risco Daviña.
Os/as catro son profesores/as de Ensino Secundario, con recoñecida experiencia na elaboración de unidades didácticas e outros materiais para o ensino e a difusión do noso patrimonio cultural.
* RELACIÓN DE PROFESORES/AS DOS OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES:
– Arquitectura: Pablo Gallego Picard (Arquitecto e profesor da UDC).
– Arte: Xosefa Cerviño Lago (Catedrática de Historia e prof. Asociada na UDC).
– Socioloxía: Xosé Leira López (Profesor Titular de Socioloxía na UDC).
– Urbanismo: María José Piñeira (Profesora Asociada na USC).
PROGRAMA DO CURSO
Luns 11 de xullo
MAÑÁ [Reitoría: sala de xuntas do Consello de Goberno]
– 10:00 h. Recepción de asistentes.
– 10:30-11:00 h. Inauguración polas autoridades académicas e institucionais.
– 11:15-12:15 h. Conferencia inaugural a cargo de Manuel Rivas: O autor fala da súa obra [título por definir].
– 12:30-13:30 h. Presentación do plano de traballo e organización dos grupos.
TARDE
– 16:30-20:30 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña].
Martes 12 xullo
MAÑÁ
– 10:00-14:00 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
– 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.
Mércores 13 xullo
MAÑÁ
– 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
– 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.
Xoves 14 xullo
MAÑÁ
– 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
– 16:30-20:30 h. Traballo co/a tutor/a. Posta en común con correccións.
Venres 15 xullo
MAÑÁ [Filoloxía]
– 10:00-14:00 h. Posta a punto das propostas co/a tutor/a. Elaboración final das diversas propostas de materiais didácticos para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
TARDE [Casa Casares Quiroga]
– 17:00-19:00 h. Presentación pública das diversas propostas de publicación elaboradas para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
– 19:00-20:00 h: Conferencia de clausura a cargo de Javier Gómez Montero: O conxuro anamnésico de ‘Os libros arden mal’.
– 20:00-20:15 h. Clausura do curso polas autoridades académicas e institucionais.
– 20:30-22:00 h. Concerto de clausura.
Convocado o XII Premio Risco de Creación Literaria
“O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, en colaboración coa Editorial Sotelo Blanco, convoca un premio anual de CREACIÓN LITERARIA, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade. Ao PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc. Exclúense, polo tanto, teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no PREMIO VICENTE RISCO DAS CIENCIAS SOCIAIS. Para este fin, e tendo en conta a colaboración e opinión da Fundación Vicente Risco, redactáronse as seguintes
– Primeira. Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300.
– Segunda. Os orixinais presentaranse por sextuplicado en soporte de papel en tamaño DIN-A4 mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara e a dobre espazo, antes do día 1 de outubro, data do nacemento de don Vicente, de 2011, no Rexistro Municipal do Concello de Ourense.
– Terceira. Cada orixinal irá acompañado dun sobre pechado, co título ou lema no seu exterior, cos seus datos (nome completo, enderezo e teléfono) e o título definitivo da súa obra.
– Cuarta. A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación do libro.
– Quinta. O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre personalidades recoñecidas do mundo da literatura. A presidencia será exercida pola persoa designada polo Concello de Ourense.
– Sexta. A composición do xurado darase a coñecer pública e oportunamente pouco antes da data de emisión da súa decisión, o sábado 19 de novembro.
– Sétima. Se a calidade literaria das obras no fose estimábel, segundo o criterio do Xurado , o premio poderá declararse deserto.
– Oitava. O Excmo. Concello de Ourense, resérvase o dereito de publicación, sen limitación de número de exemplares nin de edicións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos de edición desta en todas as linguas coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros. A contía do premio considérase en concepto de adianto polos dereitos
de autor. O/A beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada. Asemade, a persoa gañadora do premio formará parte do xurado na seguinte edición.
– Novena. Os orixinais que non resulten premiados seranlles devoltos aos seus autores e autoras se os requirisen por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado.
– Décima. A participación neste premio leva de seu a aceptación das presentes Bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
Ourense, 30 abril de 2011.”
Allariz: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., na sede da Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3) de Allariz, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Libraría Aira das Letras, intervirá o alcalde de Allariz, Francisco García, así como o propio autor.
Carlos Callón gaña o XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
“Reunido
o xurado, composto por Fernando Acuña Castroviejo (en representación do Concello de Castro Caldelas), Teresa Devesa Graña (en representación do Concello de Allariz), Luís Martínez-Risco Daviña (en representación da Fundación Vicente Risco), Xosé María Eguileta Franco (en representación da Fundación Vicente Risco) e Francisco Fernández Rei (en representación da Fundación Sotelo Blanco) acordou por unanimidade:
1.-Valorar a calidade científica e ensaística dos traballos presentados.
2.-Conceder o XVI PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS ó traballo presentado co lema Tombo de Celanova e co título Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Aberto o sobre correspondente, a persoa gañadora resultou ser Carlos Manuel Callón Torres, domiciliado en Bertamiráns-Ames.
Neste ensaio o autor reflexiona sobre a problemática da homosexualidade masculina e feminina na Idade Media, a partir do corpus lírico do galego medieval (particularmente as cantigas de escarnio e maldicir) e de textos historiográficos e xurídicos. Analízase con detalle o nacemento dos prexuízos homófobos nos séculos XI e XII e a súa posterior consolidación na Baixa Idade Media.
Este premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora publicaraa Sotelo Blanco Edicións.
En Santiago de Compostela, a 26 de febreiro de 2011.”
A nova recóllese en Galicia Hoxe, Galiciaé, A Nosa Terra e Cultura Galega.
Fernando Rodríguez Méndez gaña o Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Deus xogando aos dados
O
xurado do Premio Vicente Risco de Creación Literaria, que organiza a Fundación Vicente Risco de Allariz, a editorial Sotelo Blanco e a Concellaría de Cultura de Ourense, ven de fallar o gañador da súa XI convocatoria. O xurado escolleu a obra do escritor Fernando Rodríguez Méndez, Deus xogando aos dados. O gañador, ademais do premio económico, verá publicado o seu traballo en Sotelo Blanco Edicións. O xurado desta XI edición estivo formando polo xornalista Arturo Lezcano, Ánxela Gracián (en representación de Sotelo Blanco Edicións), Hixinio Puentes (gañador do Risco de Narrativa 2009 pola novela A do Vinte e un), Carme Fernández Pérez San Julián (Profesora da Universidade da Coruña) e Xulio García Golpe; actuando como secretario Luís Martínez-Risco Daviña (en representación da Fundación Vicente Risco).
A Xunta dixitalizará os fondos de catro fundacións galegas
(Xornal)
Acta do xurado do XIII Premio “Vicente Risco” en ciencias sociais
«Reunido o xurado, composto por Fernando Acuña Castroviejo (en representación do Concello de Castro Caldelas), Teresa Devesa Graña (en representación do Concello de Allariz), Luís Martínez Risco-Daviña (en representación da Fundación Vicente Risco), Francisco Fernández Rei (en representación da Fundación Sotelo Blanco), e Xosé María Eguileta Franco (en representación da Fundación Vicente Risco e Fundación Sotelo Blanco), acordou por maioría:
1.-Valorar a calidade científica dos traballos presentados.
2.-Conceder o XIII PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS ó traballo presentado co título A PESCA FLUVIAL TRADICIONAL EN GALICIA. CANEIROS, PESCOS E PESQUEIRAS. Aberto o sobre correspondente, a persoa gañadora resultou ser Xosé Lois Ladra Fernández, domiciliado na Coruña.
Con gran rigor metodolóxico, cunha bibliografía actualizada e con excelente manexo das fontes documentais, o autor realiza unha oportuna investigación multidisciplinar sobre as pesqueiras ou caneiros de Herbón (Baixo Ulla), de Portomarín (Alto Miño) e Arbo (Baixo Miño) desde varias perspectivas complementarias: histórica, etnográfica, antropolóxica, arquitectónica, ictiolóxica, toponímica e lingüística.
O xurado espera que a difusión deste traballo contribúa a que a Xunta de Galicia declare Ben de Interese Cultural as devanditas pesqueiras, para así contribuír á revalorización da arquitectura tradicional dos ríos de Galicia.
Este premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada por Sotelo Blanco Edicións.
Xosé Lois Ladra Fernández (A Coruña, 1972; tlf: 676 862 924) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Complutense e licenciado en Antropoloxía Social e Cultural
pola UNED. Profesionalmente desenvolve a súa actividade como arqueólogo e como investigador na área do patrimonio etnográfico galaico-portugués.
En Santiago de Compostela, a 8 de marzo de 2008»
