Programa da visita da poeta támil Thamizhachi, Re-activa Galicia!

visita_Thamizhachi_peqe1A poeta e activista india Thamizhachi está en Galiza no marco do program REACTIV_ARTE da ONGD Implicadas. Ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Podedes atopar máis información sobre a autora tanto na súa web, como na páxina web de Implicadas.
Coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian, ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia rematará o día 13 de abril cun encontro ás 19.30 na biblioteca do Ágora (A Coruña) no que a AELG colabora.

Este é o programa de actividades nas que participou e participará a escritora:

  • 8 de abril ás 19:00 h. na Biblioteca Pública Central de Vigo: Encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo.

  • 9 de abril ás 20:00 h. na Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7 Santiago): Encontro en colaboración coa plataforma A Sega. “A lingua e a literatura como ferramenta de empoderamento feminista”.

  • 11 de abril de 16:00 a 20:00 horas, no local de Implicadas no Desenvolvemento (R/ Barcelona, 86. Vigo): Obradoiro de escrita con autoras organizado por Implicadas e Apiario.

  • 12 de abril ás 20:30 h. no restaurante Da India (Rúa Puerto Rico, 2. A Coruña): Cea (aberta ao público xeral) con Thamizhachi e coas voluntarias de Implicadas.

  • 13 de abril ás 10:45 h. no Teatro As Torres de Santa Cruz de Oleiros: Charla en colaboración coas Bibliotecas de Oleiros para estudantes de secundaria.

  • 13 de abril ás 19:30 h. na Biblioteca do Centro Ágora (A Coruña): Encontro en colaboración coa AELG.

Campaña de crowdfunding para Implícate! Noite de música e palabra solidaria, que terá lugar o 12 de xaneiro de 2014

Está xa na rede a campaña de crowdfunding para a celebración da edición de 2014 de Implícate! Noite de música e palabra solidaria, organizada por Implicadas no Desenvolvemento.

Data: Domingo, 12 de xaneiro de 2014. Ás 20:30 horas.
Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22).
Presentan: A poeta Yolanda Castaño e o actor Luís Tosar.
Organiza: A ONG galega Implicadas/os No Desenvolvemento.

Obxectivos do festival:
O obxectivo do Implícate! Noite de música e palabra solidaria, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de Implicadas.
Esta iniciativa lévase a cabo dende o ano 2006 en colaboración co Concello de Santiago, co Teatro do Morcego e con outras organizacións e institucións galegas. Dende o 2007 celébrase sempre no Teatro Principal de Santiago de Compostela e conta coa colaboración desinteresada dos artistas así como dos presentadores do festival. Consulta un vídeo resumo do festival Implícate! no 2013.
Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións dos artistas galegos e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo en comunidades do Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza no ámbito galego.

Este ano o cartel do Implícate! Noite de música e palabra solidaria está formado por:
MÚSICA:
Najla Shami.
Doa.
Ataque Escampe.
DANZA
Druída Danza.
LITERATURA
Olga Novo.
Cesáreo Sánchez.
Elvira Riveiro.
Daniel Salgado.
TEATRO
Camila Bossa e Iolanda Muíños.
David Perdomo.

Carballo: Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo, do 17 ao 19 de xullo

“Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto.
Datas: 17, 18 e 19 de xullo de 2013.
Lugar: Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo.
Matrícula. A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm.
Custo da actividade. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días:
* 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas.
* 50 euros para todas as demais persoas participantes.

PROGRAMA

Mércores 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo.
10:00 h. a 10:30 h. Recepción e entrega de documentación.
10:30 h. a 11:00 h. Inauguración e benvida. Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo.
11:00 h. a 12:30 h. Conferencia inaugural: De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación. Carmen Espinar. Socióloga, membro da Red Cimas e activista social.
13:00 h. a 14:30 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde administracións
* Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
* Rede de Entidades Amigas da Lingua e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística).
14:30 h. Xantar conxunto.
16:30 h. a 18:00 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde a base.
* Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT).
* A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)
* Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador).
18:00 h a 20:00 h. Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…

Xoves 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas.
10:30 h a 12:00 h. Experiencia e proposta de traballo. A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas.
* Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun.
12:30 h a 14:30 h. Proposta de traballo. As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos.
* Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom.
14:30 h. Xantar conxunto
16:30 h. a 18:00 h. Proposta de traballo. Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística.
* Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores.
18:30 h. a 19:00 h. Proposta de traballo. Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias.
* Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL.
19:00 h. a 20:30 h. Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras.

Venres 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas
.
10:00 h. a 11:00 h. Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo.
11:00 h. a 12:00 h. Proposta de traballo. A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento.
* Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento.
12:30 h. a 14:00 h. Conferencia de peche. Democracia implicativa para os procesos de cambio social.
* Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis.

Organiza: Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística.
Colaboran: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Concello de Carballo.

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055.”

Dúas campañas de crowdfunding (Implicadas e Alexandre Bóveda)

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Chégame información de dúas campañas de crowdfunding que me suscitan interese e das que gustosamente deixo referencia nesta bitácora. A primeira vincúlase coa denominada VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria que organiza Implicadas no desenvolvemento á procura doazóns para custear os carteis e o equipo técnico do devandito festival: unha causa xusta e, evidentemente, solidaria.
Outra campaña é a que promove Radiofusión e ten que ver coa difusión do pensamento de Alexandre Bóveda, aos cento dez anos do seu nacemento que se celebrarán no vindeiro 2013. O proxecto persegue a publicación dun volume arredor de Bóveda, optando pola fórmula de banda deseñada, con debuxos de Carlos Sardiña e texto de Pitusa Arias. Premendo aquí pode obterse máis información sobre a campaña (reproduzo abaixo un audiviosual no que a autora e o ilustrador explican as súas intencións).”

Santiago: Obradoiro literario, xuntanza de poetas e ilustradoras, o sábado 27

“Este sábado 27 de outubro Implicadas realizará un obradoiro de poesía, de ilustración e de deseño gráfico para a elaboración dun libro de temática solidaria a realizar ao longo de 2013. O obradoiro será na EGAP (Santiago de Compostela) de 16:30 a 20:30 horas.
María Reimóndez, escritora e presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, será a encargada de guiar o obradoiro literario.
Para máis información ou para formalizar inscrición só tendes que enviar un correo a info@implicadas.com ou chamar aos números de teléfono 886111911 ou 606315071″.

A Coruña: presentación da campaña 1 de 200, de Implicadas no Desenvolvemento

O sábado 12 de febreiro, a partir das 12:30 h., no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, e organizada por Implicadas no Desenvolvemento, preséntase a campaña “1 de 200” e proxección de “Quererás ser” e outras pezas audiovisuais, coa intervención de María Reimóndez, Yolanda Castaño e Antón Reixa.