Arquivos da etiqueta: Lara Rozados
Rachar a cola de peixe, por Lara Rozados
Artigo de Lara Rozados na Sega:
“É unha imaxe que me vén á cabeza desde que empecei a investigar estas iconas, medio mulleres / medio peixes, tan coñecidas na civilización occidental, de Homero a Andersen (esta última pasada pola tixola de Disney, si, tamén): que pasaría se a serea do escudo de Castelao, esa mesma que Aduaneiros Sem Fronteiras inmortalizaran “Denantes morta que sensilla”, “dun salto, pillase a fouciña” para fóra do escudo e rachase con ela a cola de peixe? Que pasaría se esa serea que permanece portadora do escudo, quietiña e silente, tivese pernas de seu, voz de seu, ideas de seu? Pois o 19 de outubro funa ver á Ramallosa: Iria Pinheiro en Anatomía unha serea racha coa cola de peixe. A súa e tantas outras, de tantas mulleres, en todo o mundo.
Pinheiro empregou a Berberecheira, “viveiro” de artes escénicas onde Chévere convida artistas a experimentar co teatro documental, para contarnos a historia do seu parto. De como se transformou en serea. Xesús Ron, director do espectáculo, presentouno como o primeiro “feminino” despois dos outros dous nacidos na Berberecheira: Goldi Libre, onde o actor César Goldi conta a súa experiencia no cárcere ao non someterse ao servizo militar obrigatorio, e Salvador, unha historia e Borja Fernández arredor do seu avó emigrado. As historias “masculinas”, por así dicilo, eran fortemente políticas, pero a de Pinheiro, unha historia de obstetricia, tamén. Radicalmente. (…)”
Compostela: Club de lectura feminista A Lila + A Sega: Fóra do normal, de María Reimóndez, o 1 de decembro
Compostela: Polvorín de versos. Detonar (3)
As contadoras de contos, por Lara Rozados
Artigo de Lara Rozados na Sega:
““A contadora de contos” é o último dos doce relatos que integran o volume Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo (Baía Edicións, 1996). Como podemos confirmar ao longo da obra de Campo, mestúranse e hibrídanse os xéneros literarios para que a poética, entendida como a acción, a capacidade transformadora do texto, opere desde todo o seu potencial. E este conto, a contadora de contos, máis dramático ca narrativo, ao se tratar dun diálogo entre avoa e neta, é o tal colofón para esta ducia de relatos que, coma doas, van enfiados nunha complexa rede que aínda non se pechou. Velaí a conxunción e que pecha o relato e o libro, solicitando que, lectoras críticas que somos, sigamos enfiando estas xoias de cristal. (…)”
Insurrección na gaiola, por Lara Rozados
Artigo de Lara Rozados na Sega:
“O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (ou memorias dun escribano) é a segunda peza teatral para público infantil publicada por Marica Campo, despois d’O cazador de estrelas, no número 48 dos Cadernos da Escola Dramática Galega, en outubro do 84. O que se propón para lles pór en escena ás espectadoras miúdas é unha historia tan vella como o mundo, e a posibilidade de darlle a volta. A gaiola ocupa a maior parte do escenario, e nela moran diferentes paxaros, lembrando un tempo en que eran libres e voaban pola fraga. Como adoita facer na súa obra, Campo recorre á hibridación entre xéneros e emprega elementos líricos dentro desta dramaturxia, que arrinca literalmente co canto dos paxaros, a través da métrica popular, con heptasílabos e octosílabos que riman nos pares: “Nacemos para voar / libres pola Fraga un día / co Cuco e co Paspallás / co Peto e coa Cotovía”. Tamén empregará un escribano como voz narradora, autodiexética, con todo, xa que fala empregando a primeira persoa do plural a integrarse como un paxaro máis, malia non estar xa dentro da gaiola, senón na parte esquerda da escena sentado no seu escritorio. O manexo da luz e a proposta escénica da gaiola son elementos ben sofisticados (a segunda lémbranos á moi recente Hámster, do dramaturgo moañés Santiago Cortegoso, seleccionado para os III Encontros Magalia no 2008, que tamén empregaba unha parella destes animais como epítome da submisión / rebelión). (…)”
“Se cadra somos todas a mesma”, por Lara Rozados
Artigo de Lara Rozados na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“(…) Mais nesta Confusión de María Balteira é ela quen ten voz propia, quen conta a súa propia historia. A obra foi unha encarga de Achádego Teatro, grupo amador de Lugo. Moi representada desde a súa estrea no Valadouro e seleccionada para o Festival Agustín Magán, organizado pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), parte do conto que lle dá título ao volume de relatos Confusión e morte de María Balteira, que xa fora obxecto de lectura dramatizada por Afonso Becerra. Mais neste texto dramático non atopamos unha simple transposición dun xénero ao outro, senón que esa “confesión” do relato segue o seu fío até virar “nobelo ou madeixa de varias cores”, segundo di atinadamente García Negro (p. 30), e adquirir unha nova dimensión poliédrica onde comparece a sociedade patriarcal e católica encarnada no crego bradante que a examina dos sete pecados capitais e dos dez mandamentos, ao que ela retruca con lucidez, no primeiro acto, “Confesión”. Comparecen tamén os seus amantes e detractores, aqueles que a trobaron desde o escarnio, e aos que contesta autodefiníndose. Ela reclama a súa autoría, unha autoría feminina contestataria, deconstruíndo a autoría tradicional masculina, entendida como “autoridade” (Macedo e Amaral, 2005: 7-8). (…)
Nesta marabilla dramatúrxica de Marica Campo achéganos á María Balteira que fala por si mesma. Posterior a esta peza teatral, con todo, cómpre resaltar moito o referencial traballo de Guillermina Domínguez e Felicia Estévez, Tres mulleres de armas tomar, sobre María Balteira, María Castaña e María Soliña, trens mulleres esquecidas / deostadas pola HIStoria. Campo ponnos diante dun espello escénico que desafía as normas que nomearon e articularon o mundo para o privilexio masculino: o único camiño é a sororidade. Século XIII / século XXI, cantigas de escarnho e maldizer / sentenza, as redes sociais e os medios arredor do caso da Manada… “Se cadra somos todas a mesma”, dille a monxa “sorrindo enigmática” ao peregrino (p. 88), antes de que unha voz en off recite “Eva”, de Rosalía de Castro, traducido por Marica Campo. Un peche redondo para un texto dramático (e un espectáculo) redondos.”
Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros 2018 para o 23 de xuño
O sábado 23 de xuño continúa a Festa dos Libros 2018, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:
– 11:30 h. Marga Tojo, Cara de velocidade. Kalandraka. Presenta Paz Castro. ESCENARIO.
– 11:30 h. Rafael Fontoira Surís, Xan do Arrabaldo. Edicións Laiovento. Escolma.
– 12:00 h. Marga Tojo, Cara de velocidade. Kalandraka. Seijas.
– 12:30 h. Vermú entre libros. Lois Pérez con Long Play, de Xerais e Santiago Lopo con A arte de trobar, de Xerais. ESCENARIO. Libraría Paz.
– 12:30 h. Carlos Taboada, A biblioteca de Pedrarcana. Xerais. Clip.
– 12:30 h. María Fanjul, Marisé e o loro Ravachol. Editorial Fervenza. El Naranjo.
– 12:30 h. Salvador Rodríguez Pastoriza, Libertarios. Ediciones Cardeñoso e Historias de galegos extraordinarios. Belagua.
– 13:30 h. Diego Ameixeiras, A crueldade de abril. Xerais. Presenta Susana Pedreira. ESCENARIO.
– 13:30 h. Lois Pérez, Long Play. Xerais, e Santiago Lopo, A arte de trobar. Xerais. Libraría Paz.
– 13:30 h. Rafael López Torre. Novas edicións de libros sobre Alexandre Bóveda, Daniel de la Sota e Alejandro R. Sesmero. Escolma.
– 14:15 h. Diego Ameixeiras, A crueldade de abril. Xerais. Cronopios.
– 18:00 h. Marga Tojo, Maternidade fóra de catálogo. Xerais. Presenta Fran Alonso. ESCENARIO.
– 18:00 h. Montse Fajardo, Matriarcas e Un cesto de mazás. Espazo Lector Nobel.
– 18:00 h. Domingo Tabuyo, A sombra horizontal do teu nome. Editorial Toxosoutos. Luna Nueva.
– 19:00 h. Fran Alonso, Street Poems. Xerais. Seijas.
– 19:00 h. Marga Tojo, Maternidade fóra de catálogo. Xerais. Libraría Paz.
– 20:00 h. Anxo Fariña, Os Megatoxos e a batalla de Rande. Xerais. Espazo Lector Nobel.
– 20:00 h. Carlos Meixide, triloxía xuvenil Ons, Cans e Guitiriz, e obras de adultos A memoria dos meus pasos e Inge e Robbie. Seijas.
– 21:00 h. Feminismo e literatura. Susana Arins, Lara Rozados e Carmen Fouces. ESCENARIO.
De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro “Escrita diversa”. Eva Mejuto. + 12 anos. Inscrición previa e gratuíta en luz@ovopublicidade.com. Máx. 20 persoas. Savoy restobar.