“Onte 1822: Arredor das Irmandades da Fala, presentación na Coruña”, por Manuel Bragado

Desde Brétemas, de Manuel Bragado:
“Nun serán de galerna presentamos na Librería Sisargas da Coruña Arredor das Irmandades da Fala, o volume colectivo coordinado por Luís Cochón, cuxa edición foi apoiada polos concellos de Compostela, Coruña e Ferrol. Un acto literario brillante no que interviron, ademais do director do proxecto, os profesores Arturo Casas e Xosé Ramón Barreiro Fernández e o alcalde da Coruña Xulio Ferreiro. (…)
Arturo Casas centrou o seu discurso na figura do seu parente Víctor Casas, “na miña familia ‘o pobre Víctor’. o director do xornal A Nosa Terra, cando foi fusilado en Poio o 12 de novembro de 1936, o único liberado do Partido Galeguista”. Arturo glosou a figura do xornalista fusilado, como lembrou que o foran tamén Manuel Lustres Rivas, Xohán Carballeira e Roberto Blanco Torres, e lamentou que a pesar da súa actividade xornalística dende os vinte anos fose un perfecto descoñecido. “O seus artigos foron recollidos por Enrique Romasanta no libro Escritos políticos, publicado por Edicións A Nosa Terra, onde recolleu algunhas das súas columnas publicadas baixo o título “Do momento”, análises que teñen transcendencia hoxe, quizais por que asuntos diso que se chama España non avanzan”. Citou Casas a carta que Víctor escribiu a Gómez Román a noite antes que fose fusilado, “pedindolle que o Partido Galeguista se refundase na esquerda, o que el sempre defendía”. “Víctor Casas tamén participou na tentativa de facer un teatro nacional galego. Tiña criterio no ámbito da poesía. Foi un ideólogo importante na estratexia política do partido e, sobre todo, un xornalista”. Rematou Arturo parabenizando a Luís Cochón, “un gran director de escena capaz de montar unha obra tan interesante como a que hoxe presentamos”. (…)”

A Coruña: presentación do manifesto O fim do Apartheid

AEli Ríos quinta Xosé Ramón Freixeiro Matofeira 17 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Sisargas (Rúa San Roque, 7), na Coruña, preséntase o manifesto O fim do Apartheid. No acto participan Xosé Ramón Freixeiro Mato e Eli Ríos, quen falarán sobre os seus motivos para aderiren ao manifesto.

cxdgn16wiaaxm9a-jpglarge

A Coruña: conversa arredor de O anxo negro, de Manuel Gago

OManuel Gago O anxo negro xoves 30 de xuño, ás 20:00 horas, na Librería Sisargas da Coruña (Rúa San Roque, 7), terá lugar unha conversa arredor do libro O anxo negro, de Manuel Gago, publicado en Xerais, coa participación, xunto ao autor, de Xurxo Salgado.

A Coruña: presentación do número 32 da Murguía

ORevista Murguía 32 xoves 10 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Sisargas (Rúa San Roque, 7, baixo), na Coruña, preséntase o número 32 da Revista Murguía, dedicada ás Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo, coa presenza de Pilar García Negro e Uxío-Breogán Diéguez, director da publicación. O acto enmárcase nun ciclo de actividades que organiza a ‘Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña‘ en homenaxe e lembranza ao ‘Levantamento de Pascua” na Irlanda de 1916.