Arquivos da etiqueta: Lois Pérez
Lugo: presentación de Sereas afónicas, de Luísa Abad
Presentación de Sereas afónicas, de Luísa Abad, en Lugo
Crónica videográfica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2025, dedicada a María da Vrea e ao Equipo Chaira
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2025 foi unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestras/es da Memoria 2025 respectivamente a María da Vrea e ao Equipo Chaira, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregáronse no marco da X Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, que tivo lugar o 24 de outubro, no Centro Cultural O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). No acto, conducido por Lois Pérez, participarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Calros Solla, quen vai ler a laudatio de María da Vrea, e Xosé Miranda, quen lerá a laudatio do Equipo Chaira. A actividade contou co compañamento musical de Sés e a intervención de María da Pontragha.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa:
Presentación de Cartas na escuridade, de Lois Pérez
Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (IV)
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a cuarta parte:
Vigo: presentación de Cartas na escuridade, de Lois Pérez
Seoane do Courel: recital poético musical Os ollos do lobo, de Lois Pérez
Lugo: XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Onde van os marcos? As narrativas no ano da oralidade das mulleres”, o 25 de outubro
A XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Onde van os marcos? As narrativas no ano da oralidade das mulleres” terá lugar o sábado 25 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8). Esta iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO, xunto á colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.
PROGRAMA
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración.
10.30-11.10 Conferencia: “Da polavila á escena: recollida, creación e difusión”
– Adrián Méndez. Mestre de baile e música tradicional, productor e integrante de De Ninghures.
11.10-11.50 Conferencia: “A regueifa no ensino: a oralidade como catalizador na mocidade”
– Almudena Falcón. Docente de Lingua e Literatura galega no IES Basanta Silva de Vilalba.
Promotora do Campus de Regueifa da Terra Chá.
11.50-12.30 Conferencia: “O valor da palabra, sempre e mais despois”
– Tereixa Novo. Mestra, música fundadora e integrante de Fuxan os Ventos.
12.30-14.00 Mesa redonda: “A oralidade das cantareiras: Fonte de inspiración e recursos na escena cultural e musical”
Participan: Almudena Falcón, Tereixa Novo e Adrián Méndez.
Coordina: Branca Villares.
16.00-16.40 Conferencia: “ A radio escolar como ferramenta para traballar o Patrimonio Inmaterial”
– Lois Toirán. Mestre de primaria, docente de radio e representante do proxecto Ponte nas ondas.
16.40-17.20 Conferencia: “As voces das mulleres rurais e a contrucción dun arquivo oral. Terra e memoria”
– Ana Cabana. Doutora en Historia pola USC, profesora titular do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.
17.20-18.00 Conferencia: “Colleita e recolleita: a patrimonialización da memoria intrafamiliar”
– Branca Villares. Mestra de canto tradicional e divulgadora do folclore galego.
18.00-19.30 Mesa redonda: “A oralidade das cantareiras: salvagarda da memoria do pobo. O valor dos arquivos e a súa difusión”
Participan: Lois Toirán, Ana Cabana e Branca Villares
Coordina: Eva Teixeiro.
19.30-20.30 Sesión práctica: “Cantareiras: o poder da poesía do pobo”
Jara Ortiz, cantareira, compositora, arranxista e divulgadora musical.
O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Crónica videográfica da Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán
A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán, é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. Tivo lugar o 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Participaron Luz Darriba, Julieta Insagaray, Kike de Vidal e Leo Zordán, contando coa ambientación musical de Vadim Yukhnevich, nun acto conducido por Lois Pérez.
Aquí pode verse a crónica videográfica:








