Desde
o IEM:
“O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor. O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo. O acto de entrega, conducido por Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
– A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto.
– Marta Dacosta fai unha breve lembranza da figura de Victoriano Taibo e recorda tamén a recente publicación da súa obra inédita Contos pequenos.
– O CEP Neira Vilas, de Peitieiros, interpreta dous destes contos.
– Xosé Lois Vilar fará un breve comentario sobre o libro premiado.
– O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra.
– Actuación da banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns.
– Despois da quenda de agradecementos clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
– Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe.”
Arquivos da etiqueta: Marta Dacosta
A Coruña: Nunca morreu o mar. Centenario de Miguel González Garcés
Homenaxe ao poeta Miguel González Garcés no seu centenario. Interveñen Luz Pozo, Xavier Rodríguez Baixeras, Medos Romero, Paulino Vázquez, Román Raña, Xavier Lama, Marta Dacosta, Estevo Creus, Pepe Cáccamo, Xulio Valcárcel, Manuel Álvarez Torneiro e Lorena Conde. Coa música de Alba María.
A Coruña: Simposio Manuel María, do 22 ao 24 de novembro
O
Simposio Manuel María terá lugar do 22 ao 24 de novembro no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. A actividade está organizada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
PROGRAMA
MARTES 22 NOVEMBRO
16:00 h. Inauguración.
16:30 – 17:30 h. Conferencia inaugural.
Darío Xohán Cabana | De Muiñeiro de brétemas a Advento: a progresión fulgurante.
17:30 – 19:00 h. Mesa de debate: obra poética.
Moderadora: Mercedes Queixas.
Marta Dacosta | Fixando a emoción.
Manuel López Foxo | A poesía última de Manuel María.
Rosalía Fernández Rial | Travesía até Mar Maior: contexto literario e biográfico do primeiro Manuel María.
19:00 – 19:30 h. Pausa.
19:30 – 20:30 h. Recital poético.
Entón fechei os ollos cara afora / e abrinos cara adentro.
Marica Campo | Marta Dacosta | Rosalía Fernández Rial.
Xulio López Valcárcel | Cesáreo Sánchez Iglesias.
16:30 – 17:30 h. Conferencia.
Camilo Gómez Torres | Manuel María: biografía e creación.
17:30 – 19:00 h. Mesa de debate: narrativa.
Moderador: Henrique Monteagudo.
Mercedes Queixas | A obra narrativa de Manuel María ou como contar a vida a través do río da escrita.
Carme Fernández-Pérez Sanjulián | Andando a terra ou a construción dun espazo simbólico.
Xosé Ramón Freixeiro Mato | A lingua na vida, na obra e no pensamento de Manuel María.
19:00 – 19:30 h. Pausa.
19:30 – 20:30 h. Relatorios:
Henrique Rabuñal | A historia inserida no teatro de Manuel María.
Montse Pena | Soñar sen cancelas: Manuel María e a construción dunha educación literaria en galego.
Xurxo Souto | Unha canción marabillosa, galega e panteísta.
16:30 – 18:00 h. Mesa de debate: poética e política.
Moderadora: Margarita Ledo.
Xosé Estévez | Manuel María e Euskal Herria.
Carlos Quiroga | Um poeta galego no fascínio de Portugal.
Pilar García Negro | A intervención pública de Manuel María: unha revisión.
18:00 – 19:00 h. Relatorios.
Antón Lopo | Nave espacial Xistral.
Xosé Lois García | As paisaxes identitarias na literatura de Manuel María.
Fina Casalderrey | Un muiñeiro de verbas no corazón da escola.
19:00 – 19:30 h. Pausa.
19:30 – 20:00 h. Proxección do documental Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo.
20:00 h. Clausura.
Gondomar: presentación de Contos pequenos, de Victoriano Taibo
Xosé Iglesias gaña a 9ª edición do Premio Victoriano Taibo de Poesía
“O
xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acaba de acadar o acordo de concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor que participou con temas tamén relacionados co mar nun feixe de publicacións colectivas ademais de contar cun poemario propio, Transfusión oceánica, editado por Caldeirón en 2014.”
Bueu: presentación de 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca
Questionário fou(cinha): Marta Dacosta
Entrevista
a Marta Dacosta en A Sega:
“(…) – A Sega (S): Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?
– Marta Dacosta (MD): Boa pregunta! Reciclo o tempo. Cando conduzo, cando camiño ou cando nado. Ou no tempo que queda entre o almorzo e a saída para o traballo (algo que, precisamente, fago moi cedo para coincidir co meu fillo).
– S: Escribes para mulleres, sobre “temas de mulleres” ou a crítica falou da túa obra como “literatura feminina”?
– MD: Escribo do que me peta, do que sinto. E sinto como muller galega que son. Eu escribo para quen me queira ler dándolle voz a quen non a ten, e esas son maioritariamente mulleres.
Si. O que eu escribo ten sido cualificado como literatura feminina. (…)
– S: Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?
– MD: Sempre que me preguntan por referentes literarios.
– S: Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?
– MD: Varias. E sempre corrixín o termo. Ultimamente cito a Rosalía: “esta palabra xa chegou facerme dano…” di na Carta a Eduarda. (…)”





