Ferrol: Semana de Poesía Salvaxe 2019, actos destacados para o 24 e 25 de abril

A Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol chega á súa XII edición con estas actividades destacadas dentro do seu programa para os 24 e 25 de abril:

24 de abril
18:00 h. Kiosko da Música (Cantón de Molíns): Proclama poético-política. Con Guillermo Ferrández, Víctor M. Díez, Quico Cadaval, Antón Cortizas e Karlotti, rematando con recital de poetas locais.

25 de abril
12:00 h. Mercado da Magdalena e no Mercado de Caranza. Poesía en carne viva. Con Eva Xanín, Myriam Nibouche, Víctor M. Díez, karlotti, Moraima, Kostoya, Xurxo Souto, Eli Zeta e Cris de la Maza.
18:30 h. Ateneo Ferrolán. A palavra encarnada. Con Sandra Santos e Raquel Lima.
20:30 h. Teatro Jofre. Nuno Júdice e Manuel Rivas, con Eugenia Sanmartín.

Poemas e poetas gañadores do 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal

OAritmar Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración cos departamentos de galego e de portugués organizaron o 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Foron elixidos os poemas e poetas gañadoras:
Galiza
– Gañador: O corazón (María do Cebreiro, O Deserto)
– 2º posto: Engano (Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes)
– 3º posto: dezaseis (María Lado, oso, mamá, si?)
Portugal
– Gañador: Não sei, minha filha… (José Ricardo Nunes, Andar a Par)
– 2º posto: Eva e Lilith (Nuno Júdice, Convergência dos Ventos)
– 3º posto: Não sei como dizer, e todavia (Ana Luísa Amaral, E Todavia)”

A relación de todos os poemas e poetas finalistas pódese consultar picando en Poesías Galiza e Poesías Portugal.

A Coruña: recital de Eva Veiga e Nuno Júdice no Ciclo Poetas Di(n)versos

O luns 11 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Eva Veiga e o poeta portugués Nuno Júdice.

Pontevedra: xornada do sábado 21 no PontePoética 2

O Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan a segunda edición do Festival de Poesía PontePoética, que se celebra o venres 20 e o sábado 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa do sábado 21 de abril (aquí pode descargarse completo: PontePoética 2 2012).

17:00 horas. Recital dos poetas Estíbaliz Espinosa, Veronika Dintinjana e Nuno Júdice.
18:30 horas. Recital final con todos os poetas participantes e clausura de PontePoética: María Eloy-García, Eduard Escoffet, Dores Tembrás, Xosé María Álvarez Cáccamo, Edorta Jiménez, Estevo Creus, Veronika Dintinjana, Estíbaliz Espinosa e Nuno Júdice.