O xoves 23 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Paco Souto, Suso Lista, César Morán e Alfonso Costa.
Arquivos da etiqueta: Paco Souto
Ponteceso: presentación de Terra fría, de Miguel Mato Fondo
Muxía: contacontos Contos do mar
Verónica Martínez Delgado defende en Lugo un erotismo “anti Sombras de Grey“
Arteixo: Cuadrante de sombras, recital con poesía e música
O sábado 22 de novembro, ás 21:00 horas, na Taberna-Café-Museo A Baiuca (Travesía de Arteixo, 213, frente ao concello) de Arteixo, terá lugar Cuadrante de sombras, un acto presentado por Paco Souto onde acompañarán poeticamente o Transfusión oceánica de Xosé Iglesias (publicado pola A. C. Caldeirón), Xosé Abeledo, Iolanda Aldrei, María José Fernández López, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Xurxo Gago, Mercedes Leobalde, Tati Mancebo, Miguel Mato, Juan Alberto Moure, Serafín Mourelle, Rodrigo Osorio, Marité Prieto, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Viki Rivadulla, X. H. Rivadulla Corcón, Paco de Tano e Ramiro Torres. Tamén participará musicalmente Bieito Romero e amigos músicos.
Compostela: recital poético e musical a propósito da exposición Imaxinar que soño, de Alfonso Costa
Carballo: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
Muxía: Tempo escuro, recital con poesía e música
Lugo: presentación de Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias
O venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4), preséntase Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Antonio Reigosa e Paco Souto.