Residuos de chamas flamexando, de Raúl Gómez Pato, gaña o VII Certame de Poesía Xosé María López Ardeiro

Desde o Concello de Negreira:
“Raúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, presentado baixo o pseudónimo de “Barca de tinta”, e natural do concello de Brión, é o gañador do VII Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, cuxo fallo do xurado e entrega, tivo lugar esta tarde nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, encargado de entregarlle o galardón cunha dotación económica de setecentos euros. Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, natural de A Estrada, foi a outra finalista, quen recibiu un premio de trescentos euros.
Cando o alcalde do Concello de Negreira, participou no acto, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario, e maila entrega de douscentos exemplares ao gañador. Dase a circunstancia, de que Raúl Gómez Pato foi finalista na edición de 2017 que gañou a teense, Claudia Castro.
O xurado, conformado por José Antonio Ponte Far, escritor e catedrático en Lingua e Literatura, xunto ao poeta Xulio López Valcárcel, e as profesoras María Rey e María López Sández, docentes do instituto Xulián Magariños, así como a avogada e poeta, Diana Varela Puñal, valorou a «unidade e alento poético, que non decae ao longo das páxinas, e a densidade conceptual».
Este acto cultural e social, rematou coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol, chegada ata Negreira por mediación de José Antonio Ponte Far, membro deste coro ferrolán.”

Crónica fonográfica do Congreso de Poesía Nós tamén navegar: grupo de traballo Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos

Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía organizado pola AELG, coa colaboración do Concello de Pontevedra, co que se pretendeu facer unha revisión da poesía galega nos últimos catro decenios, un exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.

Aquí pode escoitarse a crónica fonográfica completa, da que destacamos hoxe os referentes ao cuarto grupo de traballo, Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos.

– 4º grupo de traballo: Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Ramiro Torres:

– 4º grupo de traballo: Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. María Reimóndez:

– 4º grupo de traballo: Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Raúl Gómez Pato:

– 4º grupo de traballo: Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Tiago Alves Costa:

– 4º grupo de traballo: Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coloquio: