Ferrol: actos destacados do 23 de abril na Feira do Libro 2021

O 23 de abril comeza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

12:30 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Henrique Dacosta.
17:00 h. Luís G. Soto e Tareixa Roca asinan Carvalho sempre. Alustres de vida e obra, publicada por Espiral Maior.
18:00 h. Paula Merlán asina A troglodita, publicado por Triqueta Verde.
20:00 h. Xurxo Souto asina exemplares de O retorno dos homes mariños, publicado por Xerais, e Pangalaica, publicado por Galaxia.
20:00 h. Pilar García Negro asina Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero, publicado por Laiovento.

Conferencia-coloquio Carvalho, Lingua e Terra

“Lugar: Emitirase esta actividade pola canle de youtube de Galiza Cultura
Data e hora: xoves, 25 de marzo de 2021, ás 20 h.
Interveñen: Mª Victoria Carballo Calero, Mª Pilar Garcia Negro e Manuel Castelao. Mª Pilar García Negro é escritora e profesora da UDC, especialista en sociolingüistica e literatura galega. E Manuel Castelao Mexuto é catedrático de lingua e literatura galega e investigador. Mª Victoria é catedrática de Arte na Universidade de Vigo e filla do profesor Ricardo Carvalho Calero.
O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración. Aprazámola unha e outra vez agardando mellores circunstancias, mais non podemos adiar por máis tempo a nosa homenaxe e difusión, tan necesaria, deste persoeiro a quen tanto debe a nosa lingua e cultura. Por iso, coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, propomos unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra (cancelo: #CarvalhoLinguaETerra).
Desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convocamos ás asociacións culturais e aos centros de ensino a xornada Carvalho, Lingua e Terra. Para iso, editamos unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais de imprimir e distribuír gratuitamente, imos poñer a disposición pública en PDF na nosa web.
Ademais, ese día, o xoves 25, ás 20:00 h. emitiremos o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero  coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e a conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro, e posteriormnte, ás 20:40 h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións cultura.
Emitirase esta actividade pola canle de youtube de Galiza Cultura.”