Gondomar: entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo a Xosé Iglesias

DesdeXosé Iglesias 2 o IEM:
“O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor. O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo. O acto de entrega, conducido por Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
– A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto.
Marta Dacosta fai unha breve lembranza da figura de Victoriano Taibo e recorda tamén a recente publicación da súa obra inédita Contos pequenos.
– O CEP Neira Vilas, de Peitieiros, interpreta dous destes contos.
– Xosé Lois Vilar fará un breve comentario sobre o libro premiado.
– O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra.
– Actuación da banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns.
– Despois da quenda de agradecementos clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
– Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe.”

Monterroso: Xornada do Centenario Lorenzo Varela

lorenzo-varela-2016-1lorenzo-varela-2

Ditame do I Certame Literario-Pedagóxico Lorenzo Varela, de Monterroso

DesdeRamón Nicolás La Voz de Galicia:
“A coruñesa Cristina Souto foi a gañadora da primeira edición do certame Lorenzo Varela na súa modalidade en lingua galega. O segundo premio correspondeu ao vigués Ramón Nicolás Rodríguez, que obtivo 700 euros, e o terceiro á santiaguesa Esperanza Luz Mariño.
O xurado estivo composto por Miguel Rico, Xesús Alonso Montero, Gregorio Fente, Juan Fernando Salgado, Carlos Vázquez e Francisco Pardo.
Nesta primeira edición do certame literario presentáronse dous traballos na categoría de poesía en castelán e once na de galego.”

Pontevedra: presentación de Contos pequenos, de Victoriano Taibo

OVictoriano Taibo foto xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9), preséntase o volume Contos pequenos, manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participan Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de varios artigos que tratan diversos aspectos do texto.

A Coruña: presentación de Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena

OXosé Ramón Pena martes 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.

Rianxo: presentación de Unha morte lanzal. “A traxedia do bou Eva”, de Julián Rodríguez Novo

convite_outubro_2016

Ourense: presentación de Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, de Arturo Reguera

Ocastrelo-de-mic3b1o1 xoves 27 de outubro, ás 20:15 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, de Arturo Reguera, publicado pola Fundación 10 de marzo. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero, Ricardo Gurriarán e Manuel Peña-Rey.