Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Dou comezo hoxe a unha nova sección do Criticalia á que decidín chamar Radiocrítica. Nela irei recuperando as emisións que se inseriron no espazo de comentario de libros de Ames Radio (107.2 FM).
En conversa coa xornalista Nazaret López e baixo o control técnico de Juan Luis Silva, en luns alternos co bo amigo e investigador Xosé Antonio López Silva, trazo unha panorámica do máis salientable, para o meu gusto, entre os títulos recentes e, cando a actualidade así o demanda, comento tamén outro tipo de circunstancias literarias
Desta volta, na emisión do 11 de novembro, quixen determe en textos de Manuel Álvarez Torneiro, Berta Dávila (Parte I, 7’), Olalla Cociña (I, 8’15), Xavier Seoane (I, 9’20), Luís Rei Núñez (I, 9’50), Miguel Anxo Fernández (I, 12’30), Manuel Veiga (II, 0’45), Raúl Dans (II, 2’10), Xosé Ramón Pena (II, 3’25), Suso de Toro (II, 4’15), Valente (II, 5’), a revista Oink! (II, 6’15), Ramón Caride Ogando (II, 9’20) e Antonio García Teijeiro (II, 10’).”
Arquivos da etiqueta: Xosé Antonio López Silva
Ames: actos conmemorativos do Día das Letras Galegas
Desde
Galicia Hoxe:
“O Concello de Ames ten preparado un acto literario-musical para o día anterior ao das Letras Galegas, o xoves 16 de maio. Neste acto actuará a Escola Municipal de Música de Ames e entregaranse os premios do X Certame Literario e do V Certame Intercentros Concello de Ames. O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro será o epicentro da celebración deste evento que comezará a partir das 20:00 horas. Tal e como se establecen nas bases hoxe publícanse os gañadores do Certame Literario Concello de Ames. Nesta edición o xurado encargado de elixir os premiados/as estivo composto pola escritora amesá, Mariña Pérez Rei, o investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Antonio López Silva, e o escritor e crítico literario, Armando Requeixo Cuba. (…)
Na terceira e última categoría de narrativa, dirixida ás persoas maiores de 18 anos, o primeiro posto foi para o compostelán Mario Caneiro Ameneiros coa peza Un bolso “chic”. (…)”
“Saen á luz sete relatos ata agora descoñecidos de Álvaro Cunqueiro”
“A
obra do gran Álvaro Cunqueiro é literalmente inesgotable. En vésperas dos actos de celebración do centenario do seu nacemento saen á luz sete relatos ata agora descoñecidos que non figuraban en ningunha bibliografía e que só foran publicados en 1945 e 1946 nas páxinas da revista madrileña Catolicismo. (…) Os sete relatos aparecen asinados por Álvaro Labrada, un coñecido pseudónimo do autor, excepto o último deles, publicado en 1946, que xa aparece co seu propio nome. “Todos caracterízanse polo seu exotismo e por adiantar temas e motivos que logo serán moi importantes na prosa de Cunqueiro, como, por exemplo, os relatos de ambiente musulmán, verdadeira anticipación de Se o vello Sinbad volvese ás illas“, apunta o investigador [Xosé Antón López Silva]. O argumento das misións serviulle ao literato para reinventar, ao seu xeito, as lendas de África, China e os países árabes.” Vía La Voz de Galicia.