Arquivos da etiqueta: Xosé Antonio López Silva
Bertamiráns, Ames: presentación de Formigas nos pés, de Nazaret López
Compostela: conferencia A que(e)renza do normal, por Carme Riera, e coloquio posterior con Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás
Compostela: conferencia A literatura morreu, viva o fútbol, por Carme Riera, e coloquio posterior con Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás
Suso de Toro no ciclo “Cara a onde?”: “a nosa é unha literatura enferma de minorización”
Artigo
de Ramón Nicolás no seu blogue, Caderno da crítica:
“Este pasado sábado celebrouse no CGAC a segunda sesión programada do ciclo Cara a onde? na que tiven a fortuna de participar. Foi, neste ocasión, Suso de Toro quen protagonizou este encontro que partiu, como é adoito, dun discurso da persoa convidada que se centrou, nesta ocasión e en esencia, en profundizar na “problemática existencial” dunha literatura como a nosa. Combinando claves de carácter persoal, que afondaban en experiencias particulares, con reflexións de índole máis xeneralista o certo é que deixou, ao longo da súa intervención, un saibo acedo a abalar entre o pesimismo que se deriva da análise pragmática da situación actual e a ausencia de perspectivas cara ao futuro, mais nun ton inequivocamente realista. O escritor, aseverou, “está nas mans da comunidade”, para continuar que “é un ente que, como ser vivo, quere permanecer, existir, expresar a súa existencia”. A devandita comunidade, isto é, o espectro posible do lectorado en galego determínase pola “ausencia de vontade de ser colectivo” e “pola carencia de apoio social” de onde nace un conflito pois a nosa é unha “literatura enferma de minorización, con todos os estigmas propios desta situación”.
Tratáronse, asemade, no diálogo co público e cos compañeiros Alfredo Conde, Quique Alvarellos e X. Antonio Silva, numerosos asuntos como foron os relativos á creación, e presenza literaria, en dúas -ou máis linguas-, a desaparición de espazos para o debate, o mundo editorial, a lingua galega no ensino e na sociedade, o proceso de institucionalización comercial, a experiencia de subalternidade respecto doutras literaturas próximas, os métodos para exercer a censura ou o cambio de paradigmas que estamos a vivir na actualidade e que afectan á recepción das obras artísticas.
“Eu precisaba combate e atopeino”, afirmou ao final da intervención en clave persoal. Oxalá que, como narrador, siga a buscalo, dea con novos retos e sinta a necesidade de envorcalos en palabras.”
Compostela: conferencia Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado, por Suso de Toro, e coloquio posterior con Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás
Compostela: conferencia A cortiza e áncora, por Bernardo Atxaga , e coloquio posterior con Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás
Alfredo Conde: “A min, moito máis que ser escritor, o que de verdade me gusta é escribir”
Bertamiráns (Ames): presentación de Chovida do ceo, de Alfredo Conde
O
martes 17 de xuño, ás 20:30 horas, no Café Ferlós (Praza da Mahía, 5), de Bertamiráns (Ames), a Libraría Lenda e Edicións Xerais presentan o libro Chovida do ceo, de Alfredo Conde. No acto, xunto ao autor, participan José A. López Silva e Manuel Bragado.






