Arquivos da etiqueta: Xosé María Díaz Castro
Presentouse Nimbos / Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra de Díaz Castro
Desde a Consellaría de Cultura e Goberno Vasco:
“O martes 16 de decembro, en Donostia, presentouse Nimbos / Argi-koroak, edición bilingüe galego-éuscaro da obra de Xosé María Díaz Castro coeditada pola Xunta de Galicia e o Eusko Jaurlaritza-Goberno Vasco. No acto estiveron presentes Valentín García, acompañado por Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística e José María Díaz Zubizarreta, un dos fillos do autor guitiricense. (…)
O poemario está prologado por Xesús Alonso Montero cun extenso e exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, nunha edición bilingüe na que a versión en éuscaro corre ao cargo do tamén poeta Gerardo Markuleta e o epílogo ao do tamén profesor da Universidade de Deusto Xosé Estévez, quen aborda nel as relacións do autor guitiricense con Euskadi. (…)”
Urretxu, Euskadi: presentación de Nimbos / Argi-koroak, de Xosé María Díaz Castro
Desde o Diario Vasco (agradecemos a Xosé Estévez o envío desta nova, á que tamén pertence a foto, obra de F. Javier Aguado):
“(…) María Teresa Zubizarreta Bengoetxea, natural de Urretxu, fue su esposa [de Xosé María Díaz Castro], y del matrimonio nacieron tres hijos de los que dos viven en Urretxu y ayer [17 de decembro] estuvieron presentes en el acto literario que tuvo lugar en la Casa de Cultura Aizpuru Enea, en el que se presentó el poemario Nimbos en texto bilingüe galego-euskera.
Qué mejor lugar que junto a la parroquia donde contrajo matrimonio, cerca de la figura de Iparragirre y en el pueblo donde se sintió como en su segunda casa, rodeado de familiares y amigos.
En el acto de presentación que contó con el concejal de cultura como anfitrión, Aitor Otegi, tomaron parte el escritor y poeta Luís González Tosar y Xosé Estévez, escritor y amigo de Díaz Castro. (…)
Destacado defensor de la lengua que aprendió de sus padres, entendió a la perfección la otra cultura, la del euskera, cumpliéndose un deseo ferviente como es el de seguir estrechando lazos al verla traducida al euskera. En ello han sido decisivos quienes le conocieron y han contado con el apoyo de Eusko Jaurlaritza y la Xunta de Galicia. (…)”
Salvemos a casa de Díaz Castro
Campaña da A. C. Xermolos en Change.org:
“Este é un chamamento da Asociación Cultural Xermolos ás institucións competentes para iniciar de xeito urxente as obras necesarias que conduzan á conservación e restauración da casa natal do poeta Díaz Castro, que na actualidade se atopa en grave perigo de derrubamento.
Esta vivenda situada na aldea do Vilariño, en Gutiriz, constitúe un notable exemplo de arquitectura labrega, polo cal mistura o valor patrimonial co simbolismo de ser o lugar onde se atopa a xenealoxía emocional de Nimbos.
Colabora coa túa sinatura para que a beleza que feriu ao noso poeta non desapareza para sempre. Porque Díaz Castro merece que non só se conserve a súa poesía senón todas as cousas que amou.
Un paso adiante, e outro máis, Galiza!“
A Coruña: Nimbos. Simposio Díaz Castro
Mondoñedo: presentación da Poesía galega completa, de Xosé María Díaz Castro
Arteixo: Rimando e xogando, por Ana Hermida
Unha achega da poesía de Helena Villar Janeiro, Manuel María, Rosalía de Castro e Xosé María Díaz Castro ao público infantil.
Santiago de Albá, Palas de Rei: estrea da curta musical Cortina, de Zënzar, con letra baseada no poema de Xosé María Díaz Castro, o mércores 29 de outubro
O mércores 29 de outubro, ás 17:00 horas, en Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), estréase a curta musical Cortina, do grupo de rock Zënzar, con letra de Xosé María Díaz Castro e dirixida por Paco Gallego. No acto participan:
– Paco Gallego, director e guionista da curta.
– María Cajaraville, actriz protagonista.
– Juan Luís Rúa, foto fixa e iluminación.
– Luís Carrera, fundador de Arqueixal (ecoagroturismo).
– Afonso Blanco Torrado, profesor, amigo personal de Díaz Castro e fundador de A. C. Xermolos.
– Bocixa, Realizador e membro de Zënzar.
– Membros de Zënzar.
Degustaranse petiscos elaborados por O Milmañas, con produtos da aldea ecolóxicos e saudables: Caldo Pobre, Pataca rechea de horta de outono, tosta de pan de centeo, mazá e queixo, iogur con marmelada de amorodos e crocante de pan vello.
Prégase confirmar asistencia no correo electrónico x.bocixa@gmail.com ou no teléfono 620599007.
Vilares de Parga, Guitiriz: Díaz Castro na memoria, homenaxe a Xosé María Díaz Castro
O martes 14 de outubro, ás 18:00 horas, na casa natal de Xosé María Díaz Castro, do Vilariño nos Vilares de Parga, en Guitiriz, terá lugar o acto Díaz Castro na memoria, durante o cal a Deputación de Lugo inaugurará unha escultura de Ramón Villar dedicada ao autor. Participan na homenaxe os poetas Luís González Tosar e Xavier Rodríguez Barrio, xunto a varias autoridades.
Reubicando a Díaz Castro
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Hai tempo que quería escribir sobre Reubicando a Díaz Castro, o valioso documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o poeta de Guitiriz que estrou a TVG o pasado 18 de maio.
Non é mérito menor ter asinado unha proposta como esta nun ano no que, á parte doutras achegas puntuais, foron filmados varios outros documentais sobre o autor tamén moi interesantes. Mais Reubicando a Díaz Castro engade a todos eles unha ben persoal visión do universo diazcastriano, o que logra cunha xenuína mestizaxe de voces e imaxes que nos achega ao mundo do escritor guitiricense como antes non se fixera.
Reubicando a Díaz Castro avanza no visual combinando imaxe en movemento e estática, deixándose levar no fío da narración pola profusión de primeiros planos e planos xerais e o xogo de luces, con paisaxes interiores e exteriores que percorren toda a xeografía matricial de Díaz Castro: a Serra de Montouto, os soutos e carballeiras dos Vilares, os espazos do Vilariño. (…)”
O documental completo pode verse aquí.