Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Arquivos da etiqueta: Xosé Ramón Pena
Vigo: coloquio “As Letras de Florencio Delgado Gurriarán”
O venres 13 de maio ás 20:00 h, no Salón de actos do MARCO, o Club Faro organiza o coloquio: “As Letras de Florencio Delgado Gurriarán” co gallo do Día das Letras Galegas 2022, na que intervirá, Margarita Ledo Andión (membro da Real Academia Galega); Ricardo Gurriarán (biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán) e Xosé Ramón Pena (editor da poesía de Florencio Delgado Gurriarán). Presentará o acto, Manuel Bragado. O acceso á sala é libre ata completar o aforo de 120 persoas.
Vigo: conferencia-coloquio arredor de En tempo de desconto, de Xosé Ramón Pena
Tabela dos libros. Marzo de 2022
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
A AGAL honra José Luís Rodríguez, Montero Santalha e Alonso Estravis
Desde Nós Diario:
“A Associaçom Galega da Língua (AGAL) nomeou en asemblea este domingo 19 de decembro como socios de honra os profesores José Luís Rodríguez, José-Martinho Montero Santalha e Isaac Alonso Estravis, fundadores e aínda membros activos da AGAL.
Pola mañá inaugurouse na presenza de representantes de diferentes colectivos e institucións unha placa conmemorativa para lembrar o acto fundacional cos nomes das 40 persoas que promoveron en 1981 a entidade. Foi no mesmo lugar en que naceu a AGAL hai catro décadas: o Centro Don Bosco de Santiago de Compostela. Alí se realizou en 1981 a primeira asemblea da Associaçom. Naquela data, sinala a entidade nun comunicado, 50 persoas botaban a andar un proxecto chamado a mudar o rumbo da lingua no que supuxo o comezo do movemento reintegracionista moderno e do desenvolvemento sistemático desta escrita.
Aliás, no interior do recinto enterraron unha cápsula do tempo con as avaliacións das persoas participantes sobre a situación actual da lingua galega e mais unha previsión da mesma en 2081. Ese é o ano no que se prevé abrir esta cápsula, a coincidir co centenario da AGAL. O contedor acolle así textos inéditos que só se darán a coñecer dentro de 60 anos.
A xornada continuou cun xantar en que interviron diferentes socias e socios fundadores para lembrar aquel momento fundacional e recoñecer o traballo de toda unha vida desenvolvido por José Luís Rodríguez, José-Martinho Montero Santalha e Isaac Alonso Estravis no seo do reintegracionismo. O proceso de fundación da AGAL foi impulsionado por un numeroso grupo de persoas, moitas delas discípulas de Ricardo Carvalho Calero. Xavier Alcalá, José Luís Rodrigues, Aracéli Herrero, Xosé Ramón Pena, José Martinho Montero Santalha, Maria do Carmo Henríquez Salido, Joám Trilho, X. Rodríguez Baixeras, António Gil, José Maria Monterroso Devesa, Joám Carlos Rábade Castinheira, Joaquim Campo Freire ou Manuel Miragaia Doldám aparecen como algúns dos nomes máis destacados daquel proceso, sinala a AGAL nun comunicado enviado aos medios.
Destacan desde a entidade que, “aínda que algúns deles se desvincularon do colectivo co tempo, sorprende como, logo de 40 anos de traxectoria, moitos continúan vencellados ao proxecto e á causa lusista, ademais de ser fundamentais no desenvolvemento doutros proxectos do movemento reintegracionista”.”
Mondoñedo: I Encontro Álvaro Cunqueiro. O camiño de quita e pon (1981-2021)
Tabela dos libros. Setembro de 2020
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Inasequible a calquera coronavirus, o equipo crítico da Tabela dos Libros. (Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu) comeza o curso escolmando os títulos máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. E velaí.”
Xosé Ramón Pena: “Errado ou non, coido que don Ricardo actuou sempre de forma honesta”
O PEN Clube premia Marina Mayoral “pola súa defensa das mulleres escritoras”
Desde Sermos Galiza:
“A autora de Querida amiga (1995) é unha voz “constante na súa defensa das mulleres escritoras”. E a responsábel dunha ampla e recoñecida obra literaria. Desde este 22 de outubro Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) é ademais premio Voz de Liberdade, outorgado polo PEN Club da Galiza.
O xurado “tivo en conta a obra literaria desta escritora, os seus traballos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán e, sobre todo, a súa constante defensa do dereito de expresión e de opinión e a reivindicación do papel da muller no ámbito da literatura e a na sociedade en xeral”. As persoas que decidiron o galardón foron Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Xabier Castro, Bieito Iglesias, Inma López Silva, Pablo Rubén Eiré, Luís Menéndez, Xosé Ramón Pena e Manuel Guede.
Mayoral, que recibirá unha escultura de Acisclo Manzano, recollerá o premio -de carácter bianual- na segunda quincena de novembro. Trátase da terceira muller en acadalo, logo de Úrsula Heinze en 2005 e María Xosé Queizán en 2011. Na edición anterior, a número sete, o premiado foi Xosé Luís Méndez Ferrín.”