Arquivos da etiqueta: Yolanda Castaño
A narradora Ana Cabaleiro resulta gañadora da primeira edición do Premio Exeria
Desde o Concello de Santiago de Compostela:
“O I Premio Exeria a proxectos de creación literaria convocado pola Concellaría de Acción Cultural de Santiago en colaboración coa Residencia Literaria 1863 –comandada por Yolanda Castaño– e o Consulado Xeral de España en Xerusalén xa ten gañadora. Un xurado conformado por expertos da área compostelá no mundo do libro –coma o poeta e narrador Antón Lopo, o editor Paco Macías e a editora e tradutora Celia Recarey– escolleu o proxecto gañador entre preto dunha decena de candidaturas presentadas a concurso.
A avaliación das candidaturas revelou que a narradora Ana Cabaleiro coa súa proposta Shukran será nesta primeira edición do concurso a autora escollida para gozar dunha estadía nunha residencia creativa durante todo o mes de agosto, incluíndo dietas e viaxe a Xerusalén, será nesta primeira edición. A escritora aloxarase intramuros da cidade vella palestina, na residencia Al Ma’mal situada no barrio católico, para concentrarse durante catro semanas no proxecto literario que presentou.
A cabalo entre o libro de viaxes e a non-ficción, a proposta titulada Shukran non só aborda unha viaxe ao Sáhara realizada pola súa autora, senón que reflexiona sobre o sentido da viaxe, o choque entre as expectativas e a realidade atopada e a evolución social e política dos nosos xeitos de viaxar.”
Yolanda Castaño: “Pecho a páxina da maternidade dun xeito reconciliado comigo mesma”
Yolanda Castaño: “A poesía para min non é un terreo dogmático, serve para as contradicións e as dúbidas”
Entrevista a Yolanda Castaño no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas”. Iso di Yolanda Castaño. Tardou oito anos en darnos un novo poemario, pero a espera pagou a pena. Oito anos en que non parou de traballar, de levar o galego polo mundo e de facer moita xestión cultural. Yolanda preséntanos Materia, o seu novo poemario. A entrevista pode verse aquí.”
Allariz: recital poético Galiza Eslovenia
Tabela dos libros. Xuño de 2022
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a última Tabela dos Libros deste curso, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Pontevedra: presentación de Materia, de Yolanda Castaño
Compostela e A Coruña: presentacións de Materia, de Yolanda Castaño
A AELG celebra en Lugo o I Encontro de Novas Voces, con Xesús Fraga e Yolanda Castaño, no marco do EnRedando co Galego 2022
A AELG celebra en Lugo o I Encontro de Novas Voces, con Xesús Fraga e Yolanda Castaño, no marco do EnRedando co Galego 2022, en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Ao abeiro de EnRedando co Galego 2022, o 14 de xuño celebrarase no Centro Cultural Vello Cárcere o I Encontro de Novas Voces, onde o alumnado premiado e varias autoras e autores adolescentes da provincia terá oportunidade de coñecer a dúas destacadas autoras galegas da narrativa e a poesía, indagando na técnica da creación literaria. O Premio Nacional de Literatura, Xesús Fraga, e unha das poetas de maior traxectoria internacional, Yolanda Castaño, compartirán a xornada do martes 14 de xuño no Vello Cárcere de Lugo con algo máis de vinte rapazas e rapaces de Lugo, Vilalba e Mondoñedo.
De entre os centos de rapazas e rapazas participantes, chegan a este I Encontro de Novas Voces aquelas novas autoras e autores máis destacadas, quen poderán coñecer de primeira man o universo literario, as influencias e algunhas dinámicas de traballo que poden favorecer a creación literaria a través de dous obradoiros con Xesús Fraga e Yolanda Castaño. A actividade está coordinada por Lois Pérez e Antonio Reigosa, en colaboración con profesorado dos centros participantes e do resto da provincia.
Pola mañá será a quenda do autor de Virtudes (e misterios), Premio Nacional de Narrativa, quen introducirá as participantes nalgunhas das claves que poden axudar á creación literaria. Pola tarde, Yolanda Castaño, quen acaba de publicar un novo libro de poemas, Materia, achegará os novos talentos ao seu universo poético e compartirá algunhas das súas experiencias como escritora.
O I Encontro de Novas Voces pretende promover un espazo de intercambio, coñecemento e diálogo entre as novas autoras e autores da provincia, poñéndoos en contacto con experiencias e actividades que poidan contribuír ao desenvolvemento da súa actividade literaria.
Esta é a imaxe que lucirán autoras/es e participantes no portadistintivo da actividade.