O
ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, do último trimestre do ano comezará o vindeiro luns 20 de decembro coa participación de Andrés Neuman e Olga Novo, retomando as actividades coas que arrancara o ano pasado, e que contaron cun gran éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. O recital previsto para o domingo 14 de novembro con Gioconda Belli e Claudio Rodríguez Fer cancélase tras comunicar a poeta nicaraguana a anulación da súa visita á Coruña por motivos persoais.
As datas e autores previstos son:
– 20 de decembro:
– Andrés Neuman. O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño.
– Olga Novo. Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.
– 17 de xaneiro:
– Rosa Alice Branco. Unha das poetas portuguesas máis importantes de hoxe, a súa obra ten participado en multitude de antoloxías e festivais poéticos de todo o mundo. Profesora de Estética e Teoría da percepción, a súa radical sensibilidade ponse de manifesto nos seus 8 poemarios entre os que consta o Premio Espiral Maior do pasado ano.
– Xavier Seoane. Nado e residente na nosa cidade, o dono dunha das poéticas máis rigorosas e fondas da Xeración dos 80 é tamén un fino e sagaz crítico literario e de arte. Profesor de Lingua e Literatura, ten tamén unha traxectoria como fndamentado xestor e dinamizador cultural.
domingo 7 de novembro escoitarase poesía en galego en Londres na voz de
domingo 3 de outubro, ás 17:30 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, preséntase Pel con pel, que recolle case corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactancia Materna que organizou 
Municipal de Ferrol
Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: 


