Arquivos mensuais: Maio 2013
Betanzos: presentación de As crónicas de Bran. A revolta dos mestres, de Xosé Duncan
Gondomar: Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena
Compostela: presentación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O xoves 23 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, xunto ao seu editor, participa Manuel Bragado.
Manuel Portas presenta Faneca Brava
Pontevedra: comeza a Feira do Libro 2013
O mércores 22 de maio comeza a edición de 2013 da Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Mércores 22
– 18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas na caseta de Libraría Paz.
– 20:00 h. Santiago Lopo asinará exemplares do seu libro Hora zulú, publicado por Editorial Galaxia, na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A galiña roxa, publicado por Kalandraka Editora, na caseta de Libraría Seijas.
– 20:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
A Coruña: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
O aprendiz do home do saco e Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira de Lugo
Desde El Progreso, a
través de Xerais:
“(…) Comezou a dobre sesión continua coa estrea do novo libro infantil de Antonio Reigosa, O aprendiz de home do saco, un álbum ilustrado por Marta Álvarez Miguens para a serie Merliño. Iniciou o seu discurso Reigosa explicando que o título fai referencia ao Home do saco, Sacaúntos, Sacamanteigas, diversos nomes para chamar por un «personaxe que nos mete medo». «Pretendín traer á actualidade un mito tradicional e actualizalo no marco da cultura de hoxe». Despois relatou a cerna da historia: «O home do saco, o que pon medo, enferma gravemente. Ten un fillo, que é nugallán, que por fin accede a facer o traballo. Até aí podo e debo contar». Comentou que utilizara a estrutura do conto da leiteira «coa intención de acometer a actualización». «O do conto da leiteira ten a súa orixe nun conto protagonizado por un bramán indio». Preguntouse Reigosa se os nenos de hoxe teñen medo ao home do saco. «Cales son os personaxes actuais que teñen aparencia monstruosa? Cada momento da historia ten os seus homes do saco». Rematou a súa intervención gabando o traballo de ilustración de Marta Álvarez, «que entrou nos detalles da historia, superando as miñas expectativas» e recomendou a lectura acompañada do libro, «moi necesaria nestes textos que teñen a súa orixe na literatura popular».
Foi a segunda presentación a da multipremiada biografía de Celso Emilio Ferreiro preparada por Ramón Nicolás. Interviu Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, para salientar a importancia desta biografía no marco da exitosa celebración do centenario do poeta. Pola súa banda, Ramón Nicolás, despois de lembrar os seus vencellos coa cidade e provincia de Lugo, onde exerceu a docencia, abordou os eixos fundamentais utilizados na confección da obra: a documentación oral por medio de numerosas entrevistas, a consulta documental e hemerográfica de centos de publicacións, así como a lectura do epistolario conservado no arquivo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, «fontes que me permitiron introducir novidades no periplo vital do poeta de Celanova». Pechou a súa intervención coa lectura dunhas páxinas desta biografía pola que o vindeiro 15 de xuño recibirá o premio Losada Diéguez ao mellor libro de non ficción de 2012.”