Arquivos mensuais: Xaneiro 2019
Compostela: presentación de Besta do seu sangue, de Emma Pedreira
Vilagarcía: presentación de The Making of, de Xavier Alcalá
A Coruña: encontro poético-musical no Fiandón
Silleda: presentación de Un mundo quentiño, de Mónica Varela
Braga: presentación de Sobre conflito linguístico e planificação cultural na Galiza contemporânea
Compostela: exposición Nortear, Bibliotecas no Espello
A Coruña: presentación de As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Xerardo Quintiá gaña o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Desde Sermos Galiza:
“O poemario presentado baixo o título Fornelos & Fornelos: terceira fundación, de Xerardo Quintiá, é o gañador da VII edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, promovido polo Concello de Fornelos de Montes, lugar natal do escritor que dá nome ao premio, coa colaboración da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe e Edicións Xerais.
Un total de 41 traballos presentáronse a esta sétima edición. O xurado resaltou o bo nivel dos orixinais recibidos, así como a súa diversidade tanto estilística coma temática.
O xurado estimou que o poemario gañador constrúe un “universo lírico enraizado na mellor tradición literaria occidental sen allearse das vizosas raíces do noso herdo poético”. Destacou tamén “a súa sólida arquitectura, a forza das imaxes e o celmoso do seu léxico”. (…)”