Arquivos mensuais: Novembro 2023
Perugia (Italia): concerto Afonso X. As cantigas do Rei Sabio
O xoves 16 de novembro, ás 21:00, terá lugar en Perugia (Italia) o concerto “Afonso X. As cantigas do rei Sabio” (“Alfonso X. Le cantigas del re saggio”) a cargo do grupo I Trobadores. A actuación está ligada á exposición “Afonso X e la Galizia” que se poderá visitar no Reitorado da Universidade da cidade umbra ata o 13 de decembro. Os músicos executarán as pezas con instrumentos construídos a partir das miniaturas que aparecen nos códices medievais. Será na Sala dei notari di Palazzo dei Priori. Pódese atopar máis información na revista dixital Insula Europea.
A Coruña: presentación de Enxertos, de Dores Tembrás
A Coruña: presentación de As faces do diamante, de Celia Díaz Núñez
Chantada: presentación de Pronto hei de volver, de Amador Castro Moure
Pontevedra: presentación de A materialidade das fillas de Lupa, de Inma Otero Varela
A Coruña: charla “Carlos Casares e o humor”, por Siro López Lorenzo
Bases do VI Premio Laudamuco para textos teatrais
Vigo: “A Movida literaria”, coloquios sobre novela negra e social e literatura infantil e xuvenil en Galicia
Sábeme a salamántiga o ceo da boca gaña o Premio Torrente Ballester en lingua galega da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O xa coñecido “Cónclave de Mariñán” reuniuse hoxe para elexir as obras gañadoras do Premio Torrente Ballester nas modalidades de lingua galega e lingua castelá. Ambos xurados analizaron as 374 obras presentadas e decidiron conceder o galardón a Sábeme a salamántiga o ceo da boca, de César Cequeliños, na modalidade de lingua galega, e El silencio de las palabras, de Anna M. Blasco Rovira e Viaje alrededor de las aristas de un cuchillo, de Jesús María Antón Ávila, gañadoras ex aequo na modalidade de lingua castelá.
O xurado da modalidade en lingua galega estivo formado por Anna R. Figueiredo, Diego Ameixeiras, Tamara Montero, Ledicia Costas, e o gañador deste premio na edición 2022, Amador Castro. O da modalidade en lingua castelá formárono Inma López Silva, María Piñeiro, Antonio Sandoval, Cristina Sánchez – Andrade, e Mario Beramendi. Presidido pola deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, actuou como secretaria a xefa de Sección de Cultura, Manuela Muñiz.
Sábeme a salamántiga o ceo da boca foi a obra gañadora por maioría do Premio Torrente en galego. O xurado salientou que é un texto ben escrito, áxil, divertido e con diálogos inxeniosos. A novela contén un elemento fantástico que está ben encaixado na trama. Debuxa moi ben a burguesía viguesa de comezos do século XX. (…)”