Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Pantallas é un universo futurista, unha distopía ambientada nun futuro moi afastado, pero que ten o seu reflexo na sociedade actual, é un espello”.
“O principal foi reflexionar sobre como a imaxe e o uso que facemos dela, e as redes sociais e o uso que facemos delas, moldean a nosa forma de comunicarnos e de autorrepresentarnos e crear a nosa identidade”.
A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Manuel Esteban: “O que fai calquera novelista é construír cabalos de madeira nos que van agochadas aquelas cousas que nos proen por dentro”
Desde
Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista con Manuel Esteban sobre a novela: O meu nome é Ninguén. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16´.”
A AELG lamenta a perda do seu socio Gustavo Pernas
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lamenta a perda de Gustavo Pernas.
Home dedicado ao teatro en todas as súas facetas e pedra basilar da literatura dramática actual, o seu traballo foi determinante no desenvolvemento do teatro galego, tamén nos inicios do teatro profesional en Galicia.
Membro da Sección de Literatura Dramática da AELG, sempre ofreceu xenerosa colaboración e asesoramento nas súas iniciativas.
Cunha longuisima traxectoria como actor, dramaturgo e director teatral, foi recoñecido cos máis importantes premios do teatro galego.
No ano 2007 gañou o Premio da Asociacion de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa súa obra Medidas preventivas.
En 2008 foi recoñecido co Premio Roberto Vidal Bolaño por toda a súa traxectoria artística xunto a Ánxela G. Abalo e Áncora Produccións.
Hoxe martes 30 de outubro, ás 20:30, haberá un acto de despedida no tanatorio Albia da Coruña (como chegar).
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, con Esther F. Carrodeguas: “Cambiar coas palabras”, o 30 de outubro
O
Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade é unha actividade onde a AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ledicia Costas, Yolanda Castaño, Carlos Negro, María Lado e Esther Carrodeguas ofrecen os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, reflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
A entrada libre, con inscrición gratuíta en imocino@gmail.com se se quere acceder ao recoñecemento de 15 horas para créditos de libre elección.
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Antía Yáñez
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Antía Yáñez do sábado 20 de outubro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.













