Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do venres 2

O venres 2 de xuño abre as súas portas a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 16:00 a 22:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

17:30 h. Presentación da nova edición de O enigma de Embívicus, de X. A. Perozo, publicado por Galaxia. No acto haberá un faladoiro coa presenza do autor, Francisco Castro, Montse Pena Presas, Lara Rozados Lorenzo, André Chamadoira e alumnado do clube de lectura do IES Fernando Esquío de Neda.
18:30 h. A Sega presenta o Día das Galegas nas Letras 2017, dedicado a Patricia Janeiro.
19:00 h. María Solar firmará exemplares de Os nenos da varíola.
19:30 h. Presentación de José Ángel Valente: Cántigas de Alén, publicado por Ouvirmos.

Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 3 e domingo 4

O domingo 4 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 3
12:00 h. José Julio Fernández Rodríguez asina exemplares de Clara e o rapto do solpor, na caseta da Libraría A Nova.
12:30 h. Miguel Anxo Fernández asina exemplares de Blues para Moraima, publicado por Galaxia.

Domingo 4
12:00 h. Estefanía Padullés asina exemplares de Max e Lea na caseta da Libraría A Nova.
19:30 h. O mundo de Carliños, espectáculo musical de Luís Vallecillo baseado en Carlos Casares.