Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: contacontos “Na mañá un conto”, con Miguel Ángel Alonso Diz
Cee: presentación de O coitelo da pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Gondomar: María Canosa inaugura a nova tempada do Lendo Contigo
O sábado 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o club de lectura compartida Lendo Contigo comeza unha nova tempada na compañía de María Canosa e a súa obra Rubicundo (Xerais), na que coñeceremos a un interesante personaxe e nos achegaremos ao mundo das hipóteses e da fantasía. Esta actividade está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e ás súas familias.
Lugo: presentación de Apoteose das perchas, de Xesús Constela
O venres 23 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase a novela Apoteose das perchas, de Xesús Constela, publicada por Embora.
Muxía: charla Muller-Educación. Binomio fantástico, por Concha Blanco
Pontevedra: Vermú entre libros con Nélida Piñón
Lugo: VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral, o sábado 24 de outubro
A VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral terá lugar o sábado 24 de outubro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo (Rúa Ramón Ferreiro, s/n). A actividade conta co apoio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Aberto o prazo de matrícula, gratuíta e preferente para socios/as da AS-PG e da AELG. Desde o 29/09/2015 até o 22/10/2015.
O profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario que queiran o certificado homologado pola Consellaría de Educación, terán que facer a matrícula a través da web da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, aquí. E aquí máis información sobre a Xornada.
As persoas que non estean nesas circunstancias ou que non lles interese o certificado homologado, deberán incribirse dirixíndose á secretaría técnica da AELG a través do correo oficina@aelg.org ou o teléfono 981 133 233 (horario de 09:00 a 14:30). Sigue lendo
Programa de Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética
Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética
A AELG colabora, canda o Concello de Pontevedra, no acto do mércores, 21 de outubro, ás 21:20 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra). Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro como do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto.
Gonzalo Hermo: “En Celebración asumo a tradición poética galega, hai moita influencia de Cunqueiro
Entrevista a Gonzalo Hermo na Real Academia Galega:
“(…) – Real Academia Galega (RAG): De que parte da tradición escrita galega considera que bebe máis?
– Gonzalo Hermo (GH): Aínda que non se comentou moito nas críticas que se fixeron do libro, hai moita influencia de Cunqueiro. Escribino despois de ler a Cunqueiro con detemento, moi profundamente. [A crítica] Chus Nogueira si comentou que é un libro bastante cunqueiriano, e tamén eu vexo ese peso forte, esa tradición da poesía que representa Cunqueiro, que é vangardista pero ao mesmo tempo ten tamén unha atención ás formas clásicas. (…)
– RAG: O premio que vén de recibir concédese a autores menores de 31 anos. Cando empezou a escribir Celebración? É froito de distintos momentos vitais ou escribiuno dunha sentada?
– GH: Hai certas obsesións que teñen que ver co cambio, coa mudanza, coa idea de avanzar, coa memoria e o esquecemento que estiveron na miña cabeza durante case un ano. Pero cando sentei a escribir o proceso foi bastante rápido. (…)
– RAG: Alén do que significa para a súa carreira, o premio que vén de recibir é tamén unha boa nova para as letras nunha lingua minorizada. Como o valora neste sentido?
– GH: Encantaríame que fose unha canle para que se descubra o que fai a xente nova, e a xente en xeral, porque moitas veces fóra de Galicia non se coñece a poesía en galego. Autores que ao mellor para nós son canónicos fóra de Galicia non teñen ningún tipo de repercusión, porque non son traducidos, empezando por aí. Gustaríame tamén que dentro do Estado se aprendese a poesía que se fai nas linguas que non son o castelán, en galego, catalán e vasco. Falo por min propio, que tamén teño certo descoñecemento do que se fai nesas realidades; na catalá menos, pero tamén. Sería fantástico que isto servise para abrir ese cancelo que parece pechado. (…)”