Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
“Un ruído provocado(r) arredor de Luísa Villalta”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Doce voces afondan na obra e na figura da escritora no volume Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Unha “non-biografía” coordinada por Mercedes Queixas e Montse Pena Presas. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Homenaxe O Escritor na súa Terra a Euloxio R. Ruibal: Laudatio, por Inma López Silva
Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira (15 de xuño)
Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela con Mario Regueira, celebrado o pasado 15 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Fornelos de Montes: acto de entrega do VII Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey
San Sadurniño: presentación de Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta, de Xurxo Souto
Bases do XXXVIII Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro
Neda: presentación de Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta, de Xurxo Souto
Bases do Premio Exeria de proxectos de creación literaria 2024
Faíscas, a creatividade é terapia
Entrevista de Laura Fernández a Xoán Carlos Domínguez Alberte e Minia Domínguez Diéguez en La Región:
“(…) Faísca é esa partícula incandescente que se produce polo choque entre determinados corpos, como a cinza que salta do lume. É tamén o nome do novo poemario de Xoan Carlos Domínguez Alberte.
O máis persoal e desgarrador traballo do autor de Escudeiros (Ramirás) xurdiu dunha situación familiar difícil, na que se mergullou a súa filla maior, Minia Domínguez, de 18 anos. “Faíscas é un libro de poemas que trata de dar desafogo a unha situación familiar moi difícil, en relación cunha doenza grave e mantida no tempo, case catro anos e moitas hospitalizacións”, lembra o poeta, quen, como nunha catarse ante o que lle estaba a ocorrer á súa filla, envorcou case en tempo real e sobre o papel unha partitura poética popular con moitas doses terapéuticas.
A primeira parte “son reaccións ao día a día da enfermidade. E a segunda tamén, pero xógase coa (im)perceptible complicidade da natureza. Iso é Faíscas”, resume Domínguez Alberte, quen recoñece que o proceso creativo “a min axudóume a facerlle fronte á adversidade durante moito tempo” (…)”