Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vila Nova de Cerveira: recital poético con Marga Tojo e Samuel L. París, o 9 de marzo
Compostela: “Xornada Ficcións da maternidade: entre imaxes e palabras”
Compostela: presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
A Estrada: Parladoiro das Letras, con Paula Carballeira
Berta Dávila: “As feridas duns son o consolo doutros”
Entrevista a Berta Dávila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Expliqueille que era unha especie de herdanza. Que viña dun lugar por onde non pasaban nin a ilusión nin o desconcerto. E que a miña familia non saíra nunca del”. É un anaquiño de A ferida imaxinaria, a última novela de Berta Dávila que nos leva a un universo onde parecen flotar anacos de vidas. Unha especie de ilusión óptica na as personaxes se miran e non se ven. Un mundo de peixes laranxas, casas de cristal, anacos de azulexo, un ganso e ata unha eclipse. A entrevista pode verse aquí.”
A Coruña: presentación de Aquiles e a bágoa, de Ana Ramil
Santa Cruz (Oleiros): presentación de Aprendendo a vivir na túa ausencia, de Carmen Torreiro
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo, membro desta Asociación
Alfonso Álvarez Cáccamo, narrador, poeta e tradutor prezado por todas e todos nós, finou o 4 de marzo de 2024 en Vigo.
A súa creatividade, centrada nomeadamente na narrativa, achegouse tamén á poesía, a tradución, a escrita xornalística, a biografía e a expresión pictórica, tendo recibido diversos premios ao longo da súa traxectoria.
Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra recitada polo autor na súa propia voz, así como consultarse, na súa Fototeca, as diversas mostras da súa participación en actividades colectivas vinculadas á nosa literatura.
A terza feira, martes, 5 de marzo, ás 19:00 horas, tivo lugar un acto civil de despedida no Tanatorio de Pereiró, en Vigo.
Falece aos 71 anos o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo
Desde Nós Diario:
“O escritor e profesor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 23 de outubro de 1952 – 4 de marzo de 2024) faleceu na tarde da segunda feira aos 71 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde, segundo puido saber Nós Diario, levaba semanas ingresado por mor dunha enfermidade. Salientou como autor cultivando diferentes xéneros como a novela, o relato ou o ensaio, destacando especialmente como narrador, e no seu haber contaba con múltiples distincións como o Premio Xerais de Novela, o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa ou o Premio de Novela Café de Catro a Catro.
Álvarez Cáccamo cursou os estudos de Filoloxía e Maxisterio e exerceu como profesor no CPI de Panxón, en Nigrán (comarca de Vigo), até que se xubilou hai xa unha década após 35 anos dedicados á docencia. Era fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, de quen traduciu ao galego dúas obras —Na vila hai caras novas e Enchen as augas— e irmán dos tamén escritores Xosé María e Celso Álvarez Cáccamo, da pintora Berta Cáccamo e mais da asistente de clínica —xa xubilada— Elena. (…)
Nunha entrevista gravada no museo MARCO de Vigo en 2009 e recollida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Álvarez Cáccamo apuntaba ao seu contexto familiar como “decisivo” para decidirse a escribir, mais apuntaba igualmente ao seu gusto polas artes plásticas que tamén cultivou profesionalmente a súa irmá Berta: “Non só comecei a escribir moi noviño, senón tamén a debuxar, dúas afeccións que levo moi intimamente ligadas. Se tivese que escoller, non sei cal me reconfortaría máis”.
“Desde moi pequeno, ademais do pracer de escribir e de contar as cousas que me arrodeaban, tamén era o propio pracer táctil de coller o lapis e facer frases; mesmo facer uns libriños o meu irmán e eu que logo grampabamos”, engadira naquela conversa, incidindo na súa enorme paixón pola escrita.”