Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Manuscritos: Yashmina Shawki
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Desde hoxe imos publicitar diariamente nesta Axenda os centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Prólogo e -Dios bendiga todo, nena: CPI Alcalde Xosé Pichel, Coristanco.
– Has de cantar: CEIP Doutor Suárez, Fornelos de Montes.
– Nasín cando as prantas nasen: CEIP Cespón, Boiro.
– -Dios bendiga todo, nena: CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda – Redondela.
– -Cantan os galos pra o día: IES Nº 1, Ribeira.
Arteixo: presentación-recital de Monicreques, de Xosé Daniel Costas
Ourense: presentación de O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Librería La Región (Rúa do Paseo, 15) de Ourense, preséntase o libro O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Juan José Rodríguez Fernández, Manuel Bragado, o ilustrador do libro, Jaime Asensi e O Capitán Aspanitas.
Convocado o Certame literario de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos 2013
“1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 19 de abril de 2013.
4. Os traballos serán remitidos a:
Concello de Noia · Rosalía de Castro, 2 – 15200 Noia (A Coruña)
5. Estabelécese un único premio de 3000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
O premio está consignado na partida 334.48000, atopándose retido o crédito necesario.
A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/-a que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco ou caixa, correspondente á súa conta. Unha vez presentada esta certificación o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.
6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos. Estará composto polo Alcalde do Concello de Noia, ou persoa na que delegue, que actuará como presidente. Un membro da revista de creación literaria e cultural Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia que actuará como secretario/-a. E tres vogais nomeados/-as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas. O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 24 de maio de 2013.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame.
Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.”
Lugo: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingo, 4), preséntase o libro O mistério da escada interior, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participa Tareixa Campo, e estará acompañado pola música dos Frebudos.
A Coruña: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
O
xoves 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (na Biblioteca da Asociación no Campo de Marte, s/n.) da Coruña, nun acto organizado por esta entidade, a Libraría Sisargas, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico e o Proxecto Cárcere, preséntase Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago. No mesmo, xunto aos autores, participa Xurxo Souto.
Concurso en Twitter: #gustameoprincipiñopor
Desde
Galaxia:
“A Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter que pretende animar aos internautas, a través desa rede social, a elaborar un breve texto que explique por que lles gusta O Principiño. A través do hastag #gustameoprincipiñopor todas e todos os que o desexen poderán participar no certame en rede dende hoxe mesmo ata o vindeiro 7 de febreiro (dúas semanas en total), completando os 140 caracteres que nos permitirán saber que é o que nos gusta desta obra inmorrente. Entre todos os participantes elixiremos o mellor texto que levará como premio unha edición en tapa dura da obra de Saint-Exupèry así como un exemplar de todas e cada unha das obras literarias de Carlos Casares, tradutor do libro e coleccionista de edicións en distintas linguas da obra. Ánimo a todas e a todos. Contádenos por que vos gusta O Principiño.”
Manuel Veiga: “Hoxe en día o mundo divídese en indignados e resignados”
Entrevista
a Manuel Veiga en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): A que se debe esta incursión no humor [Do G ao Z]?
– Manuel Veiga (MV): O libro foi xurdindo, pouco a pouco, de notas que ía tomando. Pasábao moi ben escribindo e decidín publicalas así que leveillo á editorial e gustoulles moito. É un libro moi bo para a época que estamos vivindo. (…)
– LVG: Que máis ten que dicir do seu libro?
– MV: Trata de unir a cultura popular co que se chama alta cultura, dous sectores que non están tan separados. Poño como exemplo unha frase que lle escoite ao avó da miña muller antes de morrer: «o pouco espanta e o moito amansa». É un pensamento profundo dun paisano de aldea pero que puido ser dito por Nietzsche, e que é moi aplicable ao momento actual. Agora estamos na fase de amanse.”


