Entrevista
a María Xosé Queizán en De Luns a Venres:
“De Luns a Venres (DLV) ¿Un sinónimo de Galicia?
María Xosé Queizán (MXQ): É única.
DLV: ¿Que quería ser de pequena?
MXQ: Non me lembro.
DLV: ¿Un lema a seguir na vida?
MXQ: A honradez.
DLV: ¿Un defecto?
MXQ: Varios. Un deles é ser desobediente e contestataria.
DLV: ¿E unha virtude?
MXQ: Para min, a mesma que o defecto.
DLV: ¿Un lugar especial?
MXQ: A ría de Vigo.
DLV: ¿Unha paixón?
MXQ: O feminismo.
DLV: ¿Un autor/a?
MXQ: Son moit@s @s que me abriron fiestras mentais. Leo moito ensaio.
DLV: ¿E un libro especial?
MXQ: O vindeiro que teño en proxecto.
DLV: ¿Pode adiantarnos que é logo o que ten entre mans?
MXQ: Estou escribindo a miña biografía por imperativo moral. Pero teño varios proxectos pedindo espazo e tempo.
DLV: ¿Como está de saúde a literatura galega?
MXQ: Mellor ca nunca.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: presentación de Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro
O venres
16 de decembro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o poemario Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro, publicado en Edicións Positivas. No contexto deste acto terá lugar unha intervención do Grupo Surrealista Galego.
Ferrol: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución, s/n.) de Ferrol, preséntase o libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Elia Rico, presidenta da Asociación Cultural Medulio, Xaime Bello e Pilar García Negro.
Vigo: recital poético Os libros de Caldeirón, con Eduardo Estévez, Antonio García Teijeiro e María Lado
Padrón: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Sar (Praza de Macías, 5) de Padrón, preséntase o libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. O acto contará coa participación do autor.
O Carballiño: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Cervexaría Eira das Flores, no Carballiño, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e a colaboración da Libraría Escolma, participa, xunto ao autor, Eladio Cabanelas.
Santiago: Palabra e Cor, acto pictórico e literario arredor de Brais, de Guillerme Coen
O
venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, na Galería Citania (Rúa Algalia de Abaixo, 39) de Santiago de Compostela, terá lugar Palabra e Cor, programa pictórico e literario ao redor da novela de Guillerme Coen, Brais, publicada en Toxosoutos. Intervirán, xunto ao autor, Baldo Ramos, Manuel Figueiras e Xulio Maside.
Ferrol: presentación de Teoria de inverno
Allariz: presentación de Causas nobres, de Fran Bueno
O
venres 16 de decembro, ás horas, na librería Aira das Letras de Allariz (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5), terá lugar a presentación da novela gráfica Causas nobres, de Fran Bueno, publicada por El Patito Editorial.
Pontevedra: presentación de Héroes de Galiza e de España e Poemas alumeados, libros de artista sobre poemas de Luís Seoane
O
xoves 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Michelena (Rúa Alameda, 8) de Pontevedra, preséntanse os libros de artista Héroes de Galiza e de España e Poemas alumeados, que recollen poemas de Luís Seoane con debuxos de artistas plásticos contemporáneos, publicado por Figurandorecuerdos Edicións). No acto intervirán Paula Fernández Bañuelos, Domingos Antom Garcia Fernandes e Rosa Espiñeira Pan.

