
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Lugo: inaguración da exposición No interior do abandono, de Baldo Ramos e Carlos Lorenzo
Roteiro literario por Carballo, con Rosalía Fernández Rial, o 21 de novembro
Destacado
O Roteiro literario por Carballo, guiado por Rosalía Fernández Rial, é unha iniciativa da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
– O roteiro presencial terá lugar o sábado 21 de novembro de 2026, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de encontro inicial o cruzamento da rúa da Lagoa coa rúa Vila de Negreira en Carballo.
A asistencia como público é libre e gratuíta, non precisando inscrición previa.
Xunto á autora, participarán tamén no roteiro o escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, a investigadora Laura Barral e a regueifeira Lupe Blanco. En palabras de Rosalía Fernández Rial: “Tratarase por tanto dun percorrido coral que intentará transformar a visión que os paseantes teñen sobre o Anllóns, co fin de concibir o río como un suxeito con dereitos coma un igual e superando as visións antropocéntricas do mundo que tanto mal fixeron á natureza.”
A autora elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel na páxina web da AELG nos seguintes meses.
Crónica fotográfica do Roteiro literario Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, celebrado o pasado 8 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Betanzos: presentación de Buscando a Dalia, de Miguel Anxo Fernández
Entrevista extensa a José-Maria Monterroso Devesa
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a José-Maria Monterroso Devesa.
Lalín: “Álvaro Cunqueiro e Lalín”, conferencia de Armando Requeixo
Compostela: presentación de Lázara, de Rexina Vega
Compostela: Seminario internacional A LIX dende unha ollada ecocrítica
Marilar Aleixandre preséntanos o seu poemario ‘Terra baixo as uñas’
Entrevista de Pilar G. Rego a Marilar Aleixandre no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Marilar Aleixandre escribe: “Procurarei a miña voz/escaravellando na terra coas mans/esculcando/por baixo das uñas”. Neste libro, a autora realiza un exercicio de escavación que desenterra historias, exhuma corpos, recupera nomes. O poemario dialoga coa súa obra anterior As bocas cosidas, un proxecto literario chantado na memoria histórica. A entrevista pode verse aquí.”











