
O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vídeo da presentación en Vigo de A árbore que dá as lágrimas de Shiva, de Cesáreo Sánchez Iglesias
A xanela de Gálix. Fran Alonso
Entrevista a Fran Alonso en Gálix:
“(…) – Gálix (G): Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
– Fran Alonso (FA): A maior fortaleza, sen dúbida, é a forza das súas creadoras e creadores, capaces de construír unha literatura que, no Estado español está a resultar canónica. A maior debilidade está na súa dependencia do sistema educativo e no baixo nivel de vendas por impulso ou espontáneas que existe nas librarías.
– G: Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución.
– FA: Creo que ao longo dos últimos anos a LIX galega evolucionou moi positivamente, superando vellos tabús, abríndose tematicamente, medrando en concepción, en ambición, en calidade e en relación para converterse nunha literatura que merece ser exportada e lida internacionalmente.
– G: Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
– FA: Os límites da LIX galega, en moitos casos, están marcados polo descoñecemento ou o prexuízo de quen non le nunca en galego, que é unha porcentaxe moi ampla da poboación lectora galega. Tamén é certo que a LIX ten unha maior potencialidade para introducirse nas casas a través do sistema escolar que a literatura de adultos. Evidentemente, hai moito camiño por percorrer para que todos os lectores e lectoras galegos se recoñezan na súa LIX; como dixen antes, continúa demasiado apegada ao ámbito escolar e ese feito é especialmente grave na adolescencia e coa literatura xuvenil, porque a LIX galega non está presente por vontade propia entre os adolescentes nos seus foros de debate, nas redes sociais nin nos ámbitos lectura xuvenil non académicos, como si que o está a LIX en castelán. (…)”
Ramil, Agolada: Entroido 2024. VI Lupercais na Eira da Xoana, o 10 de febreiro
Compostela: presentación da novela gráfica Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptada por Iria Aldegunde
Compostela: presentación de Esperta do teu sono, de Lola Rontano
Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (IV)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Poesía. Unha visión de xénero e identidades:
Compostela: Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, con Paula Carballeira
O Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, a cargo de Paula Carballeira e cunha sesión especial de Charo Pita, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
O teatro dialoga coa prosa e, por suposto, coa poesía, porque hai poesía na novela e narración, ás veces, no drama. Neste obradoiro achegarémonos aos diferentes xéneros, creando textos, xogando, e descubrindo as posibilidades da escrita. Probaremos a esvaecer as fronteiras entre eles, a propoñer diferentes formas para as ideas que queiramos transmitir, a recoñecer as nosas habilidades na artesanía da linguaxe. E, sobre todo, divertirémonos en serio.
– Terá 12 sesións de 2 horas cada unha.
– Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase, mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
Actualmente están todas cubertas, polo que as solicitudes de inscrición que vaian chegando incorporaranse a unha listaxe de reserva.
– Desenvolverase no Espazo Apego (Rúa República do Salvador, 12, entresollado), en Santiago de Compostela.
Calendario
– Días: sábados 17 e 24 de febreiro; 9, 16 e 23 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; e 4, 11 e 25 de maio de 2024.
– Horarios: de 11:00 a 13:00 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.





