Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Coñécense a obra gañadora e finalista da 9ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz
“Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:
– 1º premio para o micro-relato Filmando o tempo, presentado co pseudónimo Andreia, baixo o que se agochaba o nome Catarina Cortizas Leira.
– Finalista o micro-relato Vida, presentado co pseudónimo Mar Renteiro, baixo o que se agochaba o nome de Lito Vila Baleato.
Parabéns ás gañadoras!!!!!
NOTA: Pódense ler todos micro-relatos participantes aquí: https://ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos-1“
A Coruña: conferencia “Estado da cuestión dos museos de Galicia”, por Felipe Senén
A Coruña: “A lingua, 40 anos despois do estatuto de oficialidade”
Vídeo da mesa redonda A literatura infantil e xuvenil galega é atrevida
Mos: exposición de Territorio acoutado, de Olga Patiño e Carlos Lorenzo
A tribo que conserva o lume (Teresa Moure)
Compostela: palestra “Galiza, arte e compromiso 1919-1939”, por Xosé Carlos López Bernárdez, o 20 de maio
A A.C. O Galo continúa as súas actividades coa palestra e proxección de pintura Galiza: arte e compromiso 1919 / 1939 impartida polo profesor Carlos López Bernárdez.
Data: Xoves, 20 de maio de 2021 ás 19.30 horas
Lugar: Museo das Peregrinacións, Praza das Praterías. Santiago de Compostela.
Interveñen: Carlos López Bernárdez, profesore historiador da arte galega
Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son limitadas polo que se prega que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 12:00 horas do mércores 19 de maio de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
Pontevedra x Xela, Día das Letras Galegas
Queremos tanto a Xela
Xela Arias é a autora homenaxeada en 2021 polo Día das Letras Galegas.
Desde a AELG sumámonos a esta celebración animando a todas as persoas interesadas a colocaren nas redes sociais dúas fotos, unha dun libro de ou sobre Xela que lle tape a cara e outra co rostro ao descuberto e cun cartel/papel/folla de caderno/graffiti/liña de xiz ou outra superficie/material da súa invención coa expresión “Queremos tanto a Xela“.
Podedes etiquetar as vosas achegas co cancelo #QueremostantoaXela
Aproveitamos tamén para lembrar a homenaxe realizada o 29 de maio de 2004 á autora, e que pode verse aquí.