Desde Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Vampira de biblioteca, ilustrado por Víctor Rivas e publicado por Xerais na colección Merlín.
A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 12.00″.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Lección de poesía obxectual de Xosé María Álvarez Cáccamo
Compostela: presentación de Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa
Compostela: presentación de Os Balbinos
“Versos para gozar do silencio”
Desde La Opinión:
“O verán de 2018, os autores Eva Veiga e Baldo Ramos decidiron confinarse no mosteiro de Oseira para levar a cabo un diálogo poético entre ambos. Dous anos despois, presentan o resultado baixo o título de Quérote canto, un poemario publicado pola Editorial Galaxia que retrata a experiencia vivida polos dous escritores, na que o silencio e a natureza son os elementos protagonistas. “Este é un libro introspectivo que indaga no silencio da escritura poética e que presta moita atención a aquelas cousas simples que nos rodean. Aquí, o elemental cobra toda a importancia que non lle damos no noso día a día”, sinala Veiga.
A orixe desta peculiar colaboración xurdiu hai xa tres anos, cando Baldo Ramos lía a última obra de Veiga, Soño e vértice (2016). Nese intre, o de Celanova decatouse de que a súa forma de facer poesía tiña certas similitudes coa da autora, e propúxolle levar a cabo esta experiencia conxunta: “Sentín moita afinidade ao ler as súas poesías, porque ambos facemos reflexións sobre a linguaxe e o silencio como un refuxio do mundo. Comenteille a idea de colaborar, e pareceulle estupendo”.
Pero, por que escolleron o mosteiro de Oseira? Segundo Ramos, a intención era atopar un lugar “afastado do ruído” e “fora do común” e Veiga, que debido á súa traxectoria na televisión xa coñecía este mosteiro medieval de Ourense, o tivo claro. “Estivera alí nalgunhas gravacións, e recordaba que a xente fora moi agradable e tolerante. Decidimos irnos durante tres días e, sen dúbida, o lugar foi determinante á hora de escribir, tanto pola presenza da natureza como pola tranquilidade”, engade a escritora. Pese a compartir espazo, os autores evitaron o contacto durante a súa estadía: querían escribir simultaneamente, pero sen que ningún dos dous coñecera os pensamentos do outro. “Centrámonos na experiencia da reclusión, trabamos amizade con algúns dos irmáns que estaban interesados no proxecto e participamos nos oficios monacais, pese a que ningún dos dous somos relixiosos. A experiencia foi incrible, e o resultado sorprendente”, conta Ramos. Cando regresaron ás súas casas e se enviaron os textos, atopáronse con coincidencias inesperadas.
Conta Veiga que, pese a non comunicarse, ambos acadaron “unha gran connivencia”. O fenómeno foi tal que decidiron publicar os textos sen autoría, e nin sequera aqueles que coñecen a poética dos dous escritores souberon identificar de quen era cada un dos poemas, pois todos tiñan moito que ver. “Ao final démonos de conta de que na vida sempre prestamos atención ao que está lonxe, descoidando o próximo. Neste libro reivindicamos a importancia de darnos tempo e de deixar de correr”, conclúe a autora.”
Ledicia Costas: “Quixen facer este libro con anacos da parte mais fea da sociedade na que vivimos”
Desde Xerais:
“Televigo emitiu unha entrevista de Jacobo Buceta á escritora Ledicia Costas sobre o libro Infamia, publicado por Xerais.
A entrevista pode verse nesta ligazón.”
A Senra (Bergondo): presentación de Verso plural, de José Luís Graña Muíño
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2020 para os 25 e 26 de xullo
O 26 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (no Campo de Arriba, con horario de 12:00 a 14:30 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 25
– 12:00 h. Abel Tomé asina A noite do lobo, publicado por Galaxia.
– 13:00 h. Andrea Fernández Maneiro asina Migratoria, publicado por Medulia.
– 20:30 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.
– 21:30 h. Maite Mosconi asina Guerreiras de Lenda, publicado por Vanir.
Domingo 26
– 12:00 h. Antonio Piñeiro asina Celada, publicado por Xerais.
– 13:00 h. Eduardo Estévez asina [sen-fin], publicado por Positivas.
– 18:30 h. Charo Lopes asina Álbum, publicado por Aira.
– 19:30 h. César Lorenzo e Jorge Campos asinan Atlas da Galicia pequeniña, publicado por Aira.
– 21:30 h. Esther F. Carrodeguas asina Malcriada, publicado por Positivas.
Manuel López Rodríguez gaña o 23º Premio Concello de Carral de poesía
Desde o Concello de Carral:
“Manuel López Rodríguez (Noia, 1978), coa súa obra Nas pulsacións, resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.
O xurado salienta neste poemario o feito de que amosa un discurso lírico sólido e inspirado, con gran riqueza léxica e con interesantes achados estilísticos.
Manuel López Rodríguez ten publicado un libro titulado Antítese nativa, así como múltiples poemas en revistas e volumes colectivos. Foi ganador dos premios Suso Vaamonde de poesía, Eduardo Pondal e López Ardeiro, entre otros.
O xurado do concurso estivo formado por Miriam Ferradáns, José Mª Paz Gago e Xurxo Alonso, coa presidencia do concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 42 poemarios.
O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
O acto de entrega do premio “Concello de Carral” está previsto para o mes de setembro. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, En luz escrita de Xurxo Alonso.
Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada.”
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade na UDC 2020
“Desde o 19 ao 31 de agosto estará aberto o segundo prazo de preinscrición no Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade da Universidade da Coruña (procedemento e prazos de matrícula en: https://www.udc.es/gl/filo/mestrados/MLCD/2020_2021/MLCD_Calendario_matricula/index.html)
Trátase dun Mestrado oficial, verificado pola ANECA, e que se imparte en modalidade semipresencial (as sesións desenvólvense horario de tarde dous días á semana, xoves e venres).
O MLCD está organizado en dous cuadrimestres: no primeiro, cúrsanse as materias dos módulos comúns e, no segundo, as dos itinerarios de carácter específico (ámbito hispánico ou galego-portugués). A docencia está impartida por profesorado de recoñecido prestixio e, compleméntase con seminarios, vinculado a grupos e proxectos de investigación, onde participa profesorado convidado doutras universidades de diferentes países.
Cursar o MLCD é especialmente útil pois permite adquirir unha formación avanzada e actualizada en temas literarios e culturais desde un enfoque multidisciplinar e actual. Ao tempo, proporciona os fundamentos para iniciar unha actividade investigadora xa que permite acceder a un programa de doutoramento.
Podedes ampliar a información sobre o MLCD no díptico que se achega https://bit.ly/2Z8ncBW e na páxina web https://www.udc.es/gl/filo/mestrados/MLCD.
As consultas poden ser dirixidas á coordinadora do MLCD, Profª Carme Fernández Pérez-Sanjulián (mlcd@udc.gal).”