Compostela: Obradoiro de creación literaria Escribirmos na compaña de Luísa Villalta, con Marga do Val

O Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Escribirmos na compaña de Luísa Villalta, impartido por Marga do Val, que contará con sesións especiais a cargo de Cristal Méndez Queizán e Miro Villar, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Obradoiro concibido como un espazo para reflectirmos sobre a creación literaria e para escribirmos na compaña da escritora Luísa Villalta: Nós con ela e ela connosco do outro lado da súa obra. Adentrarémonos nos territorios dos xéneros literarios, no diálogo que establecen entre eles; atravesaremos as súas fronteiras para xogarmos, para vermos como xogou Villalta. Gozaremos coa relación entre a literatura e as outras artes e deixarémonos polinizar por todas elas.
Desde unha reflexión feminista falaremos de e desde a escrita da autora e das súas circunstancias; da responsabilidade como asinante dun texto e da recepción da obra. Non esqueceremos os seus ensaios nin as súas columnas.

Terá lugar no CSC Maruxa e Coralia (Praza de Salvador Parga, 4), en Santiago de Compostela.
Hai 18 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, no correo electrónico oficina@aelg.org.

Calendario e horarios

Sábados 20 de abril; 4, 11 e 25 de maio; e 1, 8, 15 e 22 de xuño de 2024, de 10:30 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Setenta obras son candidatas aos Premios Follas Novas do Libro Galego entre o mellor da literatura do país

Os premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), finalizou a segunda fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados en Galicia entre decembro de 2022 e novembro de 2023. Desta segunda fase de selección, realizada por un xurado, resultando escollidos arredor de setenta títulos, até un total de seis por categoría.

Nas próximas semanas, o xurado escollerá os tres títulos finalistas e, xa en maio, daranse a coñecer as obras gañadoras na Gala dos Premios Follas Novas, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago, o vindeiro 11 de maio, sábado.

Os premios Follas Novas reúnen a todos os sectores do mundo libro e da literatura, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos).

Listaxe de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2024

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN

As bicicletas si son para Galicia. Catro Ventos Editora.

Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Aurora Marco. Alvarellos Editora.

De Galicia a Mauthausen. Alba Garrido. Editorial Galaxia.

Melpómene entre nós. A reelaboración dos clásicos gregolatinos na dramaturxia galega contemporánea. Iria Pedreira Sanjurjo. Edicións Laiovento.

Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura. Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.

Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN

Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición. Ramón Mariño Fernández. Edicións Laiovento.

Gárgolas en Compostela. Benxamín Vázquez. Fotografías de Xaime Cortizo. Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago.

Historia do fútbol femenino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete. Héctor Pena. Editorial Galaxia.

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Manolo González. Alvarellos Editora.

O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións, Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.

Unha historia da arte galega. Carlos López Bernárdez. Edicións Laiovento.

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA

A muller xabaril. Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia.

A parte fácil. Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.

Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.

Coa man esquerda. Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.

Hotel Carioca. Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.

Ninguén contará a verdade. Pedro Feijoo. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA INFANTIL

A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.

Daniel no peirao. Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.

E que vai ser? Adelaida Vidal e María Montes. Baía Edicións.

Federico. Jesús Castro Yáñez e Iván R. Triqueta Editora.

Monstr3s. Laura Parrula e Óscar Villán. Patasdepeixe Editora.

O día que choveron gatos. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO Á OBRA XUVENIL

A tribo do mar. Lois Pérez. Edicións Xerais de Galicia.

Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Furia. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.

Noite no cemiterio. Carlos Vega. Boadicea Editora.

Nom estamos quebrades. Nee Barros. Cuarto de inverno.

Segredos soterrados. Xabier Domínguez e Alba de Evan. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

A parte dos anxos. Carlos Lago e Emma Pedreira. Aira Editorial.

A visita. Anna Font e Nuria Figueras. Kalandraka.

Cando chega o outono. Mariña Rey Noya e Mariña Rey. Aira Editorial.

Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.

Maruja Mallo. Enigmaticamente única. María Canosa e Bea Gregores. Editorial Bululú.

O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

Estou ocupado! R.J. Peralta e Blanca Millán. Cumio Editorial.

Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.

O grande aviario. Eli García. Antela Editorial.

O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy. Primitivo e Xabier Queipo. Editorial Galaxia.

Os suicidantes. Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.

Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA

Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA+. VV.AA Edicións Xerais de Galicia.

Colección Cademaia. Edicións Laiovento.

Colección Clásicos Ilustrados. Aira Editorial.

Colección de poesía Filomena Dato. Apiario.

Colección Tambo de poesía. Coord. Luís Rei Núñez. Kalandraka.

Miudiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane). Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio Editorial.

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA

A campá de vidro. De Sylvia Plath. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

As gratitudes. De Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.

As iluminacións.  De Arthur Rimbaud. Tamara Andrés e Oriana Mández. Kalandraka.

Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.

Morte accidental dun anarquista. De Darío Fo. María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia.

Trompeta. De Jachie Kay. María Reimóndez. Editorial Hugin e Munin.

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA

Diarios 1 / Azul Monforte. Antón Lopo. Edicións Espiral Maior.

Enxertos. Dores Tembras. Apiario.

Imago. Helena de Carlos. Kalandraka.

Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.

Salón de Té. Lupe Gómez. Edicións Xerais de Galicia.

Sonora. Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO

Daniel no peirao. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

Faise o escuro. Carme Varela. Edicións Positivas.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.

Mambrú volveu da guerra. Carlos Labraña. Edicións Xerais de Galicia.

Perder (2016-2021). Roberto Salgueiro. Editorial Galaxia.

Síbaris. Domingo Villar. Editorial Galaxia.

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO

Burbullas de calma. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Ei, Ti! Dinosaurízate! Paula Merlán e Rena Ortega. Triqueta Editora.

Enxertos. Dores Tembrás. Apiario.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.

O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.

Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA

As comadres das letras

Biblioteca de Sober. Concello de Sober

Club de lectura en Instagram @contosnalareira

Espazo Lectura de Gondomar

Libraría Cartabón

Revista O Papagaio (o xornal da xente miúda)

Roteiro A Coruña de Luísa Villalta: límite exterior, guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas, o 16 de maio

O Roteiro A Coruña de Luísa Villalta: límite exterior, guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas, Terá lugar finalmente o xoves, quinta feira, 16 de maio, a partir das 17:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de partida a estatua de Emilia Pardo Bazán, nos Xardíns de Méndez Núñez.
As persoas interesadas poden inscribirse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org.
Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela (IV)

Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela, que tivo lugar o 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.

Campanas de Bastabales. Intervención musical da Asociación Cultural e Musical Solfa:

Ofrenda floral e interpretación do Himno Galego:

Pontevedra: Obradoiro de creación literaria Temáticas transformadoras, impartido por Verónica Pousada Pardo

O Obradoiro Temáticas transformadoras, impartido por Verónica Pousada Pardo, e cunha sesión especial con Fina Casalderrey, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.

Este obradoiro pretende amosar que non hai temáticas prohibidas na Literatura Infantil e Xuvenil, só maneiras máis ou menos axeitadas de achegarse a elas. Tomaremos como base a extensa obra de Fina Casalderrey e a súa perspectiva inocente e realista sobre a morte, a violencia de xénero, o maltrato animal, a diversidade, a tolemia, a migración, o diálogo interxeracional… para a elaboración de textos persoais con vontade transformadora.
Os comportamentos e medos da nenez e mocidade serán os sendeiros que percorreremos para autodescubrir as propias lembranzas, que servirán como alicerce da nosa creatividade.

– Hai 15 prazas dispoñíbeis, para persoas maiores de 18 anos. Agora mesmo están as prazas cubertas, mais está aberta tamén unha listaxe de reserva por se hai algunha baixa entre as persoas xa anotadas
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Calendario
– Días:
Venres 5, 12, 19 e 26 de abril; venres 3 e 10 de maio; e sábados 18 e 25 de maio de 2024.
– Horarios:
Venres 5, 12, 19 e 26 de abril, de 16:30 a 19:30 h.
Venres 3 e 10 de maio, de 16:30 a 19:30 h.
Sábados 18 e 25 de maio, de 10:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela (III)

Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela, que tivo lugar o 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.

Recital poético. María Lago Lestón, Alcaldía de Muros:

Recital poético. Suso de Toro:

Recital poético. Mohamed Safa:

Recital poético. Paula Carballeira:

Nace a Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores

“Os días 15 e 16 de marzo, os representantes de 16 asociacións de escritoras e escritores de todo o Estado que escriben nas súas diferentes linguas (castelán, éuscaro, catalán, galego e asturiano), constituirán no Espazo Santa Clara, na cidade de Soria, a Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores. A escolla da cidade para constituír a Conferencia é unha homenaxe por parte das entidades que conformarán a Conferencia ao poeta Antonio Machado no 85 aniversario do seu exilio e a súa morte, pola significación que tivo a cidade na súa obra e na difusión universal dunha poesía profundamente comprometida coa dignidade persoal e colectiva e cos dereitos humanos.

Desde o ano 2016, estas entidades veñen celebrando, con carácter anual, por iniciativa da Asociación Colegial de Escritores (ACE) e co patrocinio de CEDRO, un Encontro Estatal (en Madrid e Alcalá de Henares) para valorar os grandes asuntos e demandas que afectan, desde o punto de vista profesional e do cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual, a escritoras/es, tradutoras/es e dramaturgas/os de todo o estado. A Conferencia constituirase, así, nunha plataforma estábel de coordinación das citadas entidades ante as distintas Administracións. En Soria estarán representados case 9.000 escritoras/es, tradutoras/es e dramaturgas/os que forman parte delas e as aspiracións de todo o colectivo autoral.

O venres 15, as/os representantes das Asociacións, tras seren recibidas polo Concello, debaterán e, no seu caso, aprobarán a acta fundacional da Conferencia e a Plataforma de demandas ás Administracións Públicas, así como unha Declaración contra a censura e pola liberdade de expresión e de creación literaria e artística ante a reiteración, nos dous últimos anos, de casos vulneradores do artigo 20 da Constitución levados a cabo por distintas administracións locais, provinciais ou autonómicas.

Todas as asociacións fundadoras da Conferencia participaron activamente nas iniciativas que o mundo da cultura, nomeadamente da cultura escrita, puxo sobre a mesa nos últimos anos, comezando pola Plataforma Seguir Creando, nacida en 2015 para defender os intereses das/os creadoras/es ante as sancións que o goberno de entón impuxo a escritoras/es e tradutoras/es xubiladas/os, algúns moi coñecidos, por seguiren creando e recibindo dereitos de autoría despois da xubilación.

Aquela loita, con gran repercusión mediática, desembocou na redacción do Informe sobre o Estatuto da/o Artista, aprobado por unanimidade polo Congreso dos Deputados e cuxa concreción e desenvolvemento se veñen realizando, non sen dificultades, desde abril de 2019.

A Plataforma de demandas que se aprobará o venres na reunión constitutiva farase pública o sábado día 16 no acto de fundación da Conferencia. No seu borrador recóllese, de xeito prioritario, a exixencia de culminación do citado Estatuto, co pleno cumprimento dos compromisos estabelecidos en materia de compatibilidade pensións-dereitos de autoría, dunha cotización especial en autónomos que, ademais, contemple a intermitencia, así como unha fiscalidade que conteña un capítulo de “ingresos derivados da propiedade intelectual”.

Tamén se exixirá a modificación da norma que traspón á lexislación estatal a directiva europea sobre Dereitos de Autoría no Mercado Único Dixital e a “axeitada” retribución a autoras/es e xornalistas polos usos dos seus contidos en Internet, así como a actualización, achegándoa aos estados máis avanzados da Unión Europea, das tarifas por préstamo bibliotecario, de tal xeito que se beneficio diso o colectivo autoral.

Outras demandas presentadas son: o reforzamento dos niveis de transparencia no proceso de venda de libros; a exixencia de compensación económica a escritoras/es e xornalistas pola colaboración nos medios de comunicación, sexan en papel ou dixitais, e pola participación en actos culturais de institucións e entidades privadas; a articulación dun tratamento fiscal que beneficie ás autoras e autores, aos libros de dominio público ou á creación, no ámbito xudicial, dunha xurisdición de Propiedade Intelectual.

A Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores elixirá, na reunión do venres 15 de marzo, unha persoa representante das entidades que a constitúen que exercerá, con carácter provisional, a función de voceira/o no acto público de sinatura do día 16. Posteriormente, unha vez constituída, elixirá o seu órgano reitor e o seu coordinador ou coordinadora, cun mandato de dous anos.

Os actos do sábado serán presentados pola escritora e xornalista Marisol Artica. Tras a sinatura do documento fundacional, terá lugar unha conversa sobre “o oficio de escritor/a” entre Manuel Rico e Luis Landero, Premio das Letras Españolas 2022. O concerto “A voz plural dos poetas, con Antonio Machado”, no que os cantautores Moncho Otero e Rafa Mora porán música a poemas de distintas autoras/es e escritos nas distintas linguas do Estado, porá fin aos actos constitutivos da Conferencia.

Constitúen a Conferencia de Asociacións de Escritoras e Escritores:
Asociación Colegial de Escritores de España (ACE), Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), Euskal Idazleen Elkartea (EIE), Asociación de Escritores de Euskadi – Euskadiko Idazleen Elkartea (AEE-EIE), Asociación Valenciana de Escritores y Críticos Literarios (CLAVE), Asociación de Escritores y Escritoras de Extremadura (AEEX), Asociación Aragonesa de Escritores (AAE), Asociación Colegial de Escritores de Cataluña (ACEC), Asociación de Escritores de Castilla La Mancha (AECLM), Asociación Navarra de Escritores/as – Nafar Idazleen Elkartea (ANE-NIE), Sociedad Cántabra de Escritores (SCE), Nueva  Asociación Canaria de Escritores (NACE), Asociación de Escritores y Escritoras de Asturias (AEA), Asociación Riojana de Escritores (ARE).”

Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela (II)

Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela, que tivo lugar o 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.

Recital poético. Francisco Tobar, da A. C. Solfa:

Recital poético. Celsa Astray, da Asociación do Traxe Galego:

Recital poético. Henrique Alvarellos, Asociación Galega de Editoras:

Recital poético. Patricia Porto Paderne, Federación de Librarías de Galicia:

Recital poético. Luís Pérez, Alcaldía de Ribeira:

Cesáreo Sánchez, presidente da AELG: “O libro en galego precisa mellorar a súa saúde”

Entrevista a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): A AELG vén de celebrar a súa Asemblea Xeral de Socias. Que valoración fai do período que remata?
– CS: Este foi un período no que constatamos algo que, nos últimos anos, está dentro da nosa normalidade: o aumento da base asociativa. Neste ano chegamos aos 530 asociados e asociadas, algo que é importante polo que significa para o proxecto colectivo, para afortalar o sistema literario galego, e para axudar na medida do posíbel a que se desenvolva coa normalidade que necesitaríamos. A AELG ten este ano 25 escritoras e escritores máis entre a súa asociación, un feito que valoramos de maneira positiva: a incorporación de novas asociadas e asociados dálle razón de ser á entidade.
Ademais, analizamos os apoios que ten a AELG nas institucións e que iso implica ter capacidade económica para desenvolver temas. O peso da Administración local é grande, realmente, o cal nos permite facer cousas como mandar escritoras aos centros de ensino. En concreto, por exemplo, da man da Deputación da Coruña irán perto de vinte escritores e escritoras aos centros escolares para falar de Luísa Villalta.
Ao mesmo tempo, analizamos a necesidade de dar máis contido á asesoría xurídica, pois, é importante para que os escritores e as escritoras saiban dos seus dereitos e de como estar asesorados na súa actividade.
Valoramos tamén a necesidade de elaborar informes xurídicos sobre as boas prácticas dos premios literarios. Desde a AELG consideramos que iso axuda non só aos escritores e ás escritoras, senón tamén a editores e á sociedade en xeral.
Destacamos ademais a importancia da nosa páxina web, na actualidade adaptada para consulta desde teléfonos móbiles e dotada de máis de 60 millóns de entradas. A páxina web da AELG recibe diariamente unhas 20.000 visitas, tendo especial relevancia a sección da axenda.
– ND: A Asemblea Xeral de Socias da AELG acordou premiar co galardón ‘Escritor na súa Terra-Letra E’ o dramaturgo Euloxio R. Ruibal, e co ‘Escritor Galego Universal’, Joseba Sarrionandia.
– CS: Creo que non é necesario explicar a importancia de Euloxio R. Ruibal no teatro, na dramaturxia galega. É un recoñecemento á súa traxectoria e tamén unha maneira de agardecer o seu tempo como presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Hoxe é, polo tanto, un día de celebración.
En canto a Joseba Sarrionandia, é un escritor cunha obra amplísima en Euskadi, e que ten obra tamén traducida ao galego. El mesmo foi tradutor de obras do euskera ao galego. A el farémoslle entrega da Rosalía que damos no evento dos premios Follas Novas.
Para nós Sarrionandia é un autor coñecido, é unha figura referencial dentro da literatura de Euskadi. E con este ‘Escritor Galego Universal’ queremos que formase parte tamén do que é ser un escritor galego.
– ND: Que liñas de traballo se marca a AELG para este período que acaba de comezar?
– CS: Do traballo a desenvolver este ano destacamos os premios Follas Novas, para os cales xa se fixo pública a selección previa do xurado.
Ademais, a AELG estará presente no galeuska de escritoras e escritores que este ano decorrerá en Mallorca, organizado pola Asociación de Escritoras en Lingua Catalá. O tema central será a tradución como maneira de internacionalización da nosa literatura e a delegación galega estará integrada pola tradutora María Reimóndez e pola poeta, ensaísta e escritora Marga do Val.
Valoramos tamén a posibilidade de poder organizar na Galiza unhas xornadas galego-brasileiras na cidade de Compostela, algo que consideramos moi necesario.
– ND: Sinala que a AELG experimentou un incremento no número de asociadas e asociados. É este un síntoma de que o libro galego goza de boa saúde?
– CS: A literatura escrita en galego ten boa saúde. Isto está contrastado con todos os premio que damos dentro do país e que nos dan fóra do mesmo. Porén, o que necesita mellorar a súa saúde é o libro.
Pensamos que ten que haber un apoio máis decidido, por parte da Administración que teña esta responsabilidade. Entre outras cuestións, dándolle presencia ao libro galego nas feiras internacionais. É dicir, a industria editorial necesita máis alimento e máis fortaleza para que todo ese caudal que hai de literatura, de escrita, de escrita dramática, de poesía, de narrativa, teña máis capacidade de ser visibilizada. Xa non digo o que significa, por exemplo, como teñen en Euskadi ou en Catalunya, uns apoios especialmente determinantes por parte das súas Administracións. Mais aquí é un tema moi mellorábel.
– ND: A AELG sumouse recentemente ás voces que criticaron a censura aplicada na Deputación de Pontevedra a catro escritoras galegas por motivos políticos. Considera que este foi un caso illado ou teñen detectado outros casos de censura?
– CS: Agardamos que sexa un caso illado. Que escritoras como Mercedes Queixas ou Montse Fajardo, que precisamente vén de gañar o premio Xohana Torres en Compostela, sexan censuradas polas opcións políticas que defenden… Que democracia se basea niso? Esta dinámica non di nada a favor dos responsábeis políticos.
Como dicía Antón Avilés de Taramancos, a quen lembro con especial cariño: “Se non existisen os escritores e as escritoras, non existirían as Consellarías de Cultura, nin as Deputacións, nin os deputados de Cultura, nin os conselleiros de Cultura”. Isto é, os escritores e as escritoras son os que lle dan contido ao pensamento dun país. Ser demócrata é respectar a pluralidade de pensamento e neste caso a xustificación para quitar dunha programación a catro escritoras foi pouco imaxinativa.”