“O
nome do poeta Avilés de Taramancos segue sendo toda unha institución na súa vila natal, Noia. O pasado xoves cumpríronse 20 anos da súa morte, e coincidindo co aniversario, saíu á luz unha tese doutoral que será publicada pola editorial Espiral Maior nos próximos meses. O autor do traballo de investigación é o tamén noiés Martín Veiga, que ademais de ser profesor na University College Cork (Irlanda), é poeta, tradutor e crítico literario. «A obra recibiu a máxima cualificación por parte da miña universidade, institución onde desenvolvín vos meus estudos de doutoramento e na que traballo desde hai máis dunha década», explica Veiga. A tese constitúe a primeira monografía dedicada ao estudo íntegro dos aspectos esenciais da obra literaria de Avilés. «Esta tese explora vos aspectos esenciais dá súa obra, establece ou posicionamento de Avilés non seo do sistema literario galego e defende que a súa poesía constitúe un vehículo de valores puramente estéticos e literarios», sinala o autor da investigación. O estudo demostra que a poesía de Avilés inclúe valores tanto literarios como ideolóxicos, e que a súa contribución á literatura galega radica xusto na tensión existente entre os conceptos de lugar e ideoloxía. A súa relación con varios poetas iberoamericanos e outros creadores galegos tamén se retrata a fondo neste concienzudo traballo asinado polo profesor Martín Veiga.” Vía La Voz de Galicia.
Arquivo da categoría: Aniversarios e efemérides
Abre a mostra interactiva sobre Celso Emilio
“A
Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII), en Compostela, acolleu o luns 26 de marzo a inauguración da mostra multimedia promovida pola Consellaría de Cultura que repasa a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro. O proxecto, coordinado pola empresa Ouvirmos, toma a forma dun punto de información sobre o poeta. No mesmo, unha pantalla amosa unha liña do tempo interactiva que achega imaxes, fragmentos de audio e outros contidos encol do autor. Canda a isto, nunha mesa de luz poden verse obxectos persoais do homenaxeado. Logo da estadía en Compostela, a mostra percorrerá as bibliotecas nodais de Pontevedra, A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo para visitar con posterioridade diversos centros de ensino de todo o país.” Vía Cultura Galega.
Noia: recital poético en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos
O
venres 23 de marzo, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar un recital poético en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, ao se cumprir 20 anos do seu pasamento, coa participación de Yolanda Castaño, Ana Romaní, María Xosé Canitrot e Eva Veiga.
Betanzos: acto de homenaxe a Rosalía polo seu 175 aniversario
A
sexta feira, 23 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura do Edificio do Arquivo (Liceo) de Betanzos, terá lugar un novo acto de homenaxe a Rosalía polo 175 aniversario do seu nacemento. O acto, coorganizado pola plataforma Queremos Galego das Mariñas e as asociacións culturais Eira Vella e Roxín Roxal, contará coa colaboración do CEIP Francisco Vales Villamarín da Cidade dos Cabaleiros, e consistirá na lectura de textos e proxección dunha curtametraxe, contando co acompañamento da música do cantor Fucoxabier.
Ferrol: Homenagem a Ricardo Carvalho Calero
Pontedeume: charla-coloquio sobre Celso Emilio Ferreiro, con Ramón Nicolás e Luís Ferreiro
O
xoves 15 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro de Maiores (Rúa Ferreiros, 20) de Pontedeume, terá lugar unha charla-coloquio sobre Celso Emilio Ferreiro, coa presenza de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro, fillo do escritor. O acto está organizado pola Lonxa Literaria do Ateneo Eumés Fernán Martís, e, dentro del, leranse poemas de Viaxe ao país dos ananos.
No tren de Casares
Desde Brétemas, blogue de Manuel Bragado:
“Magnífico traballo de Illa bufarda en homenaxe a Carlos Casares, presentado o 9 de marzo, na Noite da Edición da Asociación Galega de Editores.”
No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo.
O último galeguista histórico
Reportaxe
de Xosé Manuel Pereiro sobre Carlos Casares en El País:
“(…) Casares foi, en certa forma, o último galeguista histórico. Non soamente por compartir esa variedade de campos de actuación da Xeración Nós, da creación literaria á acción política, pasando pola promoción cultural, senón porque asumiu e desempeñou o papel de herdeiro cun nítido perfil político e cultural. O gardián da mesa, titulei hai anos unha entrevista súa, en alusión á mesa camilla de Ramón Piñeiro, e fixéralle máis graza que outra cousa. E porque tiña un gusto pola conversa e unha arte practicándoa inusuais no seu tempo. Tamén, igual que agora Rivas e Freixanes, Casares foi o primeiro escritor digamos profesional. Unha década debería ser tempo bastante para analizar como esas facetas —a política, a pública— influíron ou non, e como, na súa literatura. “A súa obra resiste o paso do tempo. Na división dun crítico norteamericano entre escritores ‘peles vermellas’ e ‘rostros pálidos’, el sería dos segundos, polo seu esmero na técnica e na procura da racionalidade. Pero o que vai emerxendo é a literatura, non nos acordamos de se Valle-Inclán tiña ou non a medalla de Isabel a Católica”, di o autor coruñés. “Tiña opcións persoais, defendeunas con sinceridade, e nalgún caso foi incomprendido. Tiña unha dimensión cívica da vida, e non distinguía entre o papel de escritor e o de cidadán. Hai xente á que lle favorecen os compoñentes extraliterarios, e a el non”, sinala o escritor e editor pontevedrés. “A súa obra ten unha enorme eficacia comunicativa e esixencia estilística, aínda que ás veces parece fácil. Hai quen se dedica a decorar unha ventá e quen fai a ventá para que se vexa a paisaxe”, conclúe Freixanes. (…)”
Carlos Casares, 10 anos de literatura e cultura
Cúmprense
10 anos da sorpresiva morte de Carlos Casares, o escritor e Presidente do Consello da Cultura Galega. Máis alá do simbolismo do número, a década do pasamento obriga a pensar en como Carlos Casares debe ser dado a coñecer ás novas xeracións de escolares ou que xa se cumpren as condicións para que o escritor poida ser designado como homenaxeado no Día das Letras Galegas na Academia. En culturagalega.org queremos homenaxear ao escritor facendo visibles os contidos dixitais que temos xa publicados sobre o escritor.” Vía Cultura Galega.
Kristina Berg: “Carlos atendía máis á cultura galega que ao seu labor literario”
Entrevista
a Kristina Berg, viúva de Carlos Casares, en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Alén a faciana literaria, Casares representou sempre un papel conciliador na Galicia do cambio de século. ¿Está de acordo?
– Kristina Berg (KB): Si, o seu falecemento, que foi unha sorpresa porque se coidaba moito e non tiña ningunha enfermidade, impediu que culminase algúns proxectos. Por iso nós, dende a Fundación, pensamos que tiñamos que seguir o seu traballo. Eu moitas veces pensei que Carlos se dedicaba máis ao traballo pola cultura galega e por tender pontes entre diferentes posturas que ao seu labor literario. (…)
– LVG: ¿Está publicado todo o material literario de Casares?
– KB: A fundación está catalogando todo. Se hai cousas inéditas non o sei, é posible. Carlos era moi autocrítico e traballaba moito os seus textos. Para rematar un folio, escribía dez ou vinte. Se houbese algo inédito é moi posible que el non quixera editalo. (…)”.
