A Coruña: Obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, acto da Escola de Escritoraes da AELG

CartelObradoiro-ACorunhaEOMar2015A Escola de Escritoræs da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza o obradoiro, a cargo de Xurxo Souto, do Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, do 19 de outubro ao 29 de outubro de 2015. A actividade conta coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o patrocinio da Consellaría de Cultura e a Deputación Provincial da Coruña.

Inscrición: até o día 18 de outubro a través dos seguintes medios:
– Teléfono: 981 133 233 (agás festivos, de luns a venres, de 9:00 a 14:30).
– Correo electrónico: oficina@aelg.org
– Whatsapp: 696 581 971

20 prazas, gratuítas e para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude. Sigue lendo

Santiago de Compostela: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, no Ciclo Nexos

cabe_nexos2016_orpheu_0O sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración do Instituto Camões e a Rede Internacional de Universidades Lectoras, co título A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, que propón unha viaxe ao último século da literatura portuguesa, con parada en dous nomes aplaudidos pola crítica e por varias xeracións de lectores. O programa é o seguinte:
12:00 h. | Relatorios: Antonio Cardiello, doutor en filosofía, investigador, editor e consultor da Casa Fernando Pessoa, mostraranos o nacemento e acollida da revista Orpheu; Rosa Maria Martelo, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigadora, ensaísta e poeta, achegaranos ao universo creativo e vital de Herberto Helder; Lídia Jorge, un dos nomes máis relevantes da prosa portuguesa (condecorada en Portugal coa Gran Cruz da Orde do Infante Don Henrique e en Francia como Dama das Artes e das Letras) falará da súa escrita e das súas lecturas; finalmente Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Santiago de Compostela lerá, nos intersticios, textos da revista Orpheu, de Herberto Helder e de Lídia Jorge (nomeada Escritora Galega Universal pola AELG en 2013).
13:30 h. | Proxección da curtametraxe: As deambulações do mensageiro alado (12’). Rareza audiovisual realizada en 1969 por Edgar Gonsalves Preto. Un anxo deambula por Lisboa cando encontra nun café a Herberto Helder con A colher na boca, iniciando así unha parodia do poeta e dos seus títulos de máis sona.
A reserva para poder acudir ao acto pode realizarse aquí.”

Manifesto da NPG, por Armando Requeixo

DesdeArmando Requeixo Criticalia, de Armando Requeixo:
“Existe un lugar no mundo onde todo se derruba en lus, onde o Tempo desorballa os prados, as estrelas arden sobre o medo e o mal e treman as bágoas nos budios escuros. Existe esa xeografía escolleita por un anxo e salvada nalgún intre de amor desesperado. Existe e chámase os Vilares.
Esta terra trapaceira entretece fías de soños e palabras. Aquí o leite, o centeo e a lus da aurora nutren o berce dos poetas para que oian pacer canto hai. Por iso non causa estrañeza que no Vilariño, pé do río do Requeixo, medrase un neno capaz de domear a verba, de infundir co seu alento o drama cheo que as cousas precisan, darlles rostos pra que se conozan e palabras para que se entendan.
Ese reino de Terra Verde e Mar de Orballo é o que herdaron Mar Beres, Luz Campello, Xosé Antonio Cascudo, Fátima Fernández, Judiña de Lea e Jaki Quintela. Algúns por seren estas terras ou as contiguas as que coñeceron as súas andainas infantes e mozas, outros por radicar nestas landas a memoria do seu sangue, tamén a mandorla á que regresan sempre e mais despois.
Este sexteto non é unha xeración literaria, non precisa selo. Nin sequera é un colectivo formalmente constituído. É, iso si, un grupo que sente o vencello da terra, o urro telúrico do sangue dos devanceiros comúns, a lentor da chaira que lles agabea polo peito e os reclama para a tribo guitirica, poetas párracos, xente de ollada longa e largacío sentir, envisos nas lombas de Arxán cando o solpor oculta Lourenzo. (…)”

Compostela: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, no Ciclo Nexos, o sábado 17 de outubro

cabe_nexos2016_orpheu_0O sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración do Instituto Camões e a Rede Internacional de Universidades Lectoras, co título A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, que propón unha viaxe ao último século da literatura portuguesa, con parada en dous nomes aplaudidos pola crítica e por varias xeracións de lectores. O programa é o seguinte:
12:00 h. | Relatorios: Antonio Cardiello, doutor en filosofía, investigador, editor e consultor da Casa Fernando Pessoa, mostraranos o nacemento e acollida da revista Orpheu; Rosa Maria Martelo, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigadora, ensaísta e poeta, achegaranos ao universo creativo e vital de Herberto Helder; Lídia Jorge, un dos nomes máis relevantes da prosa portuguesa (condecorada en Portugal coa Gran Cruz da Orde do Infante Don Henrique e en Francia como Dama das Artes e das Letras) falará da súa escrita e das súas lecturas; finalmente Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Santiago de Compostela lerá, nos intersticios, textos da revista Orpheu, de Herberto Helder e de Lídia Jorge.
13:30 h. | Proxección da curtametraxe: As deambulações do mensageiro alado (12’). Rareza audiovisual realizada en 1969 por Edgar Gonsalves Preto. Un anxo deambula por Lisboa cando encontra nun café a Herberto Helder con A colher na boca, iniciando así unha parodia do poeta e dos seus títulos de máis sona.
A reserva para poder acudir ao acto pode realizarse aquí.”

Mondoñedo: presentación do libro Un paseo polo Barrio dos Muíños

11916105_1685603785007439_3663490744768563254_n11899912_1685603801674104_5238681312550950632_n

O desexo está na pantalla, videopoema sobre un texto de Carlos Callón

O desexo está na pantalla | Videopoema de Alberte Calo en Vimeo.

Un poema extraído do libro Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, coa interpretación de Antón Blanco e Miguel Gendre, dirixido por Alberte Calo e Alba Romero.