Creadores web mostran os traballos no Centro ON d’ A Coruña

«O Centro ON Caixa Galicia (Cantón Pequeno, 9-11. A Coruña) acollerá nos vindeiros meses o ciclo “Pinte un bisonte na caverna, por favor”, un proxecto que reunirá, ata o vindeiro mes de marzo, unha escolma de creadores galegos moi vencellados á web e ás súas ferramentas de comunicación.
Pintores, escritores, fotógrafos ou videocreadores, todos coas novas tecnoloxías coma eixe común, pasarán polo auditorio deste espazo coruñés para compartir co público o seu traballo, exhibido día tras día na rede a través de blogs, fotologs ou flickr, entre outras.
“Este novidoso proxecto intenta”, segundo a coordinadora do ciclo, Estíbaliz Espinosa, “volver aos inicios artísticos do home, cando empregaba as paredes da súa caverna para expresarse artisticamente. O auditorio do Centro ON Caixa Galicia é a caverna e a pantalla xigante, a parede onde o artista plasmará a súa obra”.
Con esta iniciativa, Caixa Galicia quere apoiar a autores noveis e consagrados en distintas disciplinas artísticas para que poidan amosar os seus traballos fóra da rede.
Así, na programación figuran dende críticos literarios coma Alfredo Ferreiro, ata fotógrafos coma Rebeca Saray ou Javier Quintana, creadores audiovisuais como Sara Jess, Iván López Gimeno ou Marina Núñez, ou autores multidisciplinares como María Lado ou Igor Lugrís.» (Estíbaliz Espinosa) Máis información na web do Centro ON Caixa Galicia.

XXI Festival da poesía no Condado

«PROGRAMA DO XXI FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

Do 30 de agosto ao 1 de setembro 2007. Salvaterra de Minho.

30 de Agosto
19:30
Abertura de Exposiçons (Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE)
Pintura: Delia Rodríguez, Erica T. Fresco, Cora Vidal, Clara Salamanca Fernández, Sarai Fernández Márquez
Projecçom: Reportagem do fotógrafo Alberto Prieto.
Video-poemas: Lara Bacelo, Maria Lado, Davide e Estevo Creus, Ledicia Costas, Dani Raatzke e Cuco Pino.
Fotografia: O barco da memoria
Exposiçom: Sobre o periódico “A Voz do Condado” (1977-1979)

20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA) A Casa de Lola de Andrés (Olaia Sendón, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.

22:30
Noite portuguesa (Covas de Dona Urraca): Filipa Pais. Aforo limitado, entrada 10 €. Ao remate tentempé de meia-noite.

31 de Agosto
20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA): Bs.As. (Alberte Pagán, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.

22:30
Festa Jovem (ZONA DAS MURALHAS), apresenta Carlos Santiago: Galegoz (Galiza), Boom Club (ex-Spook & the Guay) (França), Peste & Sida (Portugal), Obrint Pas (Països Cataláns).

1 de Setembro
11:00
Marcha popular: Charanga, Murga Os 6 do Condado, Gaiteiros Bailía.
Concerto da Banda de música de Salvaterra.
Feira Popular
Artesanato: cesteiros, zapateiros, cabaqueiros, instrumentos tradicionais…

16:00
Festa infantil (Praça do castelo): Troula Animación (zancudos, animaçom de rua…)
Obradoiros: maquilhagem, globoflexia, barro…
Comboio de baixa velocidade.
Ultraligeiros: Clube Meteoro.

19:30
Festival Poético-Musical (Zona das muralhas), apresentado por Miguel de Lira e membros de Chévere.
Poetas: Marica Campo, Celso F. Sanmartín, Roi Vidal, Daniel Salgado, Manuel Outeiriño, Raida Rodríguez, Koki, Ana Romaní, Lucía Novas, Celso Álvarez Caccamo, Pedro António Ribeiro (Portugal), Delmar Maia Gonçalves (Moçambique), Xabi Borda (Euskal Herria), Jon Benito (Euskal Herria), Pau Gener Galin (Països Cataláns).
Grupos musicais: Xarin (Galiteiros do Íncio), Marful (jazz-band, Galiza), Mercado Negro (reggae· Portugal), Dany Silva (Cabo Verde).

Serviços: zona de campismo, transportes gratuítos, etc.». Máis información na páxina do Festival.

Xelís de Toro presenta “Terminal” en Inglaterra

«Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores [8 de agosto] na galería Fabrica, da cidade británica de Brighton, a súa instalación-performance Terminal. A montaxe multimedia está baseada no libro do mesmo título publicado en 1994 en Edicións Positivas. A peza estreouse hai doce anos na Universidade de Oxford, nun encontro artístico en Bélxica e na compostelá Sala Nasa.» (Vieiros: Galiza Hoxe)

Igor Lugris participará nun encontro de artistas en Lombillo

“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)

“Cultura e artes do Portugal contemporâneo”: curso en Compostela

Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões – Galiza)