O 24 de xuño, ás 18:00 horas, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, preséntase Un galego no Camiño Portugués, de Xosé Benito Reza, publicado por Edicións Fervenza. No acto, o autor estará acompañado de Manuel González e Valentín García Gómez.
Arquivo da categoría: Biografías
Vídeo da presentación en Vigo de Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, de Montse Pena Presas
Héctor Cajaraville, editor: “Con estes Cadernos persoais podemos descubrir con que ollos vía Lois Pereiro todo o que se atopaba na vida”
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O libro Cadernos persoais recolle textos de cinco blocs escritos desde 1989 a 1993 e dunha axenda de Lois Pereiro. Entre as notas hai reflexións, relatos, poemas, citas literarias ou anécdotas das viaxes do poeta. Ás anotacións de Lois Pereiro engádense contornas de Fernando Saco e Inés Pereiro, compañeiros de viaxe e tamén os seus últimos versos escritos. A entrevista pode verse aquí.”
Montse Pena Presas, autora de Intempestiva, sobre Xela Arias: “Non só foi a poeta urbana, quixo levar a poesía á xente”
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Intempestiva, Ed. Galaxia, é unha biografía (literaria) de Xela Arias, un relato construído sobre feitos reais. Montse Pena estrutura a biografía en cinco etapas en que Xela Arias se converte en personaxe e a súa vida nun relato. A biografía inclúe tamen a ‘playlist’ coas músicas que influíron na vida e na creación de Xela Arias. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 19 e 20 de xuño
O 20 de xuño finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 19
– 12:00 h. Jamas asina Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
– 18:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Lorena Conde asina As mil vidas de Dorotea, publicado por Cuarto de inverno, e As puntas da louza, publicado por Aira.
– 20:00 h. Carlos Méixome asina Catas na memoria, publicado por Laiovento.
Domingo 20
– 12:00 h. Hortensia Bautista asina Bambán de vento, publicada pola Fundación EDMAIA.
– 13:00 h. Moncho Iglesias Míguez asina Cheira, publicado por Urutau.
– 18:00 h. María Reimóndez asina Cobiza e Bárbaras!, publicadas por Xerais.
– 19:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.
Compostela: presentación de En canto a Fraga, de Alfredo Conde
Yolanda Castaño fala de Xela Arias
Yolanda Castaño: “Non sei como viviría Xela esta homenaxe, a entrada directa no canon”
A Coruña: presentación de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei
Ourense: actividades destacadas do 4 de xuño na Feira do Libro 2021
O 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. David Navarro asina O soño de Liam, publicado por Excellence Editorial.
– 19:00 h. Arancha Nogueira asina A mestra corremundos, publicada por Cuarto de inverno, e #hashtags para un espazo / confinamento agónico, publicada por Positivas.
– 20:00 h. Antonio Tizón asina Os incurábeis, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Jorge Emilio Bóveda asina O libro cero, publicado por Galaxia.