A
quinta feira 27 de xuño, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar unha conferencia de Roi Vidal sobre Roberto Vidal Bolaño e a dignidade do teatro galego. No acto, estará acompañado por Francisco Macías.
Arquivo da categoría: Conferencias
Santiago: quinta xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega
a quinta e derradeira xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 27 DE XUÑO
ROSALÍA Á LUZ DOS NOVOS PARADIGMAS CRÍTICOS. Coordinadoras: Helena González e Dolores Vilavedra.
– 10:00 h. A obra de Rosalía: como convencer os galegos de que o somos, por Francisco Rodríguez. Retrucante: Helena González.
– 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía á luz do pensamento feminista. Moderadora: Margarita Ledo. Con Carmen Blanco, María Reimóndez e María Xesús Nogueira.
– 16:00 h. Rosalía e os emigrantes galegos, 1880-1970: da polisemia do mito na diáspora, por Xosé M. Núñez Seixas. Retrucante: Afonso Vázquez-Monxardín.
– 18:00 h. Mesa redonda: Cantares gallegos, novas perspectivas de análise. Moderador: Anxo Angueira. Con María López Sández, Helena González e Álex Alonso.
Ferrol: conferencia de Francisco Rodríguez sobre o 150 aniversario de Cantares gallegos
A
quinta feira 20 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7), en Esteiro, Ferrol, Francisco Rodríguez falará sobre a obra de Rosalía de Castro, coincidindo co 150 aniversario de Cantares gallegos.
Santiago: Conversa con… Roberto Gómez de la Iglesia, o 21 de xuño
O
venres 21 de xuño, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, terá lugar a xornada Conversa con… Roberto Gómez de la Iglesia, para achegarse ás últimas tendencias na xestión cultural, fórmulas de colaboración en boga entre empresas e culturas e dúbidas inquedanzas sobre o futuro da acción cultural. A entrada é gratuíta, previa inscrición, que pode realizarse aquí. O programa é o seguinte:
– 10:00 h. Presentación.
– 10:15 h. Reflexión sobre o momento/contexto da xestión cultural e creativa e novas lóxicas innovadoras.
– 11:00 h. Dinámica de identificación de conceptos chave dos proxectos dos participantes + Xogo de encaixar o improbable + Ruta de innovación e reflexión conxunta.
– 12:30 h. Conexiones Improbables, marco conceptual e análise de casos.
– 13:15 h. Formulamento e debate.
– 14:00 h. Fin da sesión.
Pontevedra: conferencia de Aurora Marco sobre Galegas na resistencia antifranquista
O
sábado 8 de xuño, ás 19:15 horas, no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a conferencia de clausura do Simposio sobre a represión franquista contra as mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia, a cargo de Aurora Marco, quen falará sobre Galegas na resistencia antifranquista. O prazo de inscrición no simposio estará aberto até o 7 de xuño enviando os datos persoais ao correo mulleresememoria@gmail.com.
Noia: curso de formación do profesorado sobre Roberto Vidal Bolaño, do 3 ao 7 de xuño
Do
luns 3 ao venres 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, terá lugar un curso de formación do profesorado sobre Roberto Vidal Bolaño.
Ten solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e outorgará un diploma (de 10 horas). Máis información na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” (teléfonos 981824169 e 699301481). As inscricións poden efectuarse enviando un correo electrónico a concha.allut@gmail.com.
O programa, que se pode descargar aquí: Roberto Vidal Bolaño. Un home de teatro, é o seguinte:
Luns 3
– 20:00 h. Inauguración. Lectura Dramatizada. Roberto Vidal Bolaño: a súa vida, por Xosé Manuel Fernández Castro (biógrafo).
Martes 4
– 20:00 h. Roberto Vidal Bolaño: autor. Mesa redonda: Manuel Lourenzo (autor) e Xulio Lago (director).
Mércores 5
– 20:00 h. Roberto Vidal Bolaño: director e actor. Mesa redonda: Laura Ponte (actriz), María Barcala (actriz) e Rubén Ruibal (actor e autor).
Xoves 6
– 20:00 h. Roberto Vidal Bolaño: no audiovisual. Roi Vidal (autor e biógrafo).
Venres 7
– 20:00 h. Roberto Vidal Bolaño: as postas en escena. Camilo Franco (crítico teatral).
Clausura.
Compostela: 2º Exprés Literario-Libros a toda mecha
Santiago: cuarta xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega
a cuarta xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 30 DE MAIO
ROSALÍA NO CONTEXTO INTERNACIONAL: PARALELISMOS E INFLUENCIAS; DIFUSIÓN E ACTUALIDADE. Coordinadora: Rosario Álvarez.
– 10:00 h. Modelos estéticos da obra rosaliana no contexto europeo, por Javier Gómez-Montero. Retrucante: Arturo Leyte.
– 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía e o canon literario do seu tempo. Moderadora: Olivia Rodríguez González. Con María Xesús Lama López, José Manuel González Herrán e Fernando Cabo Aseguinolaza.
– 16:00 h. Flavio e mailo Cabaleiro vestidos de inglés, por Kathleen N. March. Retrucante: María Teresa Caneda Cabrera.
– 18:00 h. Mesa redonda: A proxección exterior da obra rosaliana. Moderador: Javier Gómez-Montero. Con Olga Castro, Jonathan Dunne e Áurea Fernández Rodríguez.


