Arquivo da categoría: Conferencias
A evolución política do Reino Medieval Galego séc X- XV. Conversa con Francisco Rodríguez
Vigo: “Aproximación literaria á fotografía de grupo”, a cargo de Xavier Queipo
Compostela: Xornada técnica “O patrimonio cultural dixital en Galicia”
Vigo: presentación de Etceteramente, de Xelís de Toro
A Coruña: conferencia “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”, por Olivia Rodríguez González
O 30 de novembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022) exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta, falará sobre “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”.
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
As persoas interesadas deben enviar os seus datos a través deste formulario.
A Coruña: “María Casares, coruñesa galega e universal”, conferencia de Miguel Anxo Fernán-Vello
A Coruña: palestra de Lorena López: “Agora a literatura é delas?”
Sobredo e Tui: actos de conmemoración do centenario dos Sucesos de Sobredo, os 27 e 28 de novembro
“No día 28 de novembro de 1922, hai cen anos, producíronse os Sucesos de Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui. Neles, por disparos da Garda Civil, perderon a vida a labrega Cándida Rodríguez González, natural de Pazos de Reis, municipio de Tui e os labregos Venancio González Romero, natural de Budiño e Joaquín Estévez Besada, natural de Soutelo, ambos os dous do municipio de Salceda de Caselas, e mais dunha ducia de persoas resultaron lesionadas ben por feridas de bala ou contusións diversas, cando participaban nunha concentración solidarizándose cun veciño da localidade que non pagou rendas de foro e opóndose ao embargo xudicial de bens por dito impago.
Para conmemorar a efeméride destes tráxicos acontecementos o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo) vén organizando diversas actividades. Unha delas foi instar do Parlamento de Galicia unha “Declaración de recoñecemento ao agrarismo galego“, que foi dada a coñecer na sesión do Pleno do Parlamento, do 23 de novembro (achegamos enlace).
Pola súa vez, prográmanse actos de conmemoración, nos días 27 e 28 de novembro, que se indican de seguido:
No 27 de novembro (domingo) a partir das 11:00 hs: Acto de conmemoración do centenario dos Sucesos de Sobredo; achegase programa.
No luns, día 28 de novembro, data do Sucesos de Sobredo:
Ás 17:00 H (cinco da tarde), en Tui, na confluencia coa Av. da Concordia, acto de descobrimento da placa que da nome á “Rúa Mártires de Sobredo“.
Ás 19:00 H (sete da tarde), na sala de conferencias do edificio Francisco Sánchez (antiga área panorámica):
– Conferencia polo historiador Bieito Alonso, “Sobredo na memoria“.
– Interpretación musical de Samuel Diz.”









